Calendario
Info da proba

2º CAMOVI TRAINING

18/02/2018 9:00 - 11:00
Regulamento 2º TRAINING: PRAZA MAIOR - FEIRA DE GALDO

Actividade deportiva de caracter non competitivo e onde existirá reagrupamento dos participantes o longo do recorrido.

Domingo 18 de Febreiro as 9:00 dende a Praza Maior de Viveiro.

Inscripción entre os días 5 e 16 de Febreiro.

Percorrido: Praza Maior-Ponte da Misericordia-Paraíso-O Cristo-Pico de Vieiro-Alto da Silvarosa-Feira de Galdo. Aquí rematará o adestramento, e teremos un refrigerio….haberá xente que veña correndo para Viveiro (6 kms aprox) e xente que veña en coche.
A organización NON proveera de servicio de transporte de volta dende Galdo.

Distancia: Sobre 11 km aprox.

Haberá 2 ou 3 grupos de nivel , cos seus respectivos guias.
O rematar o adestramento haberá froita e auga para tódolos participantes.

Nesta edición da CAMOVI os trainings seguirán sendo GRATUÍTOS, pero pola nosa parte teredes seguro obrigatorio, guías e avituallamentos. Durante o proceso de inscrición animámosvos a deixar unha contribución voluntaria que irá destinada integramente á Asociación Española Contra o Cancro AECC.

Inscripciones en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1375