Calendario
Info da proba

Chapela

02/09/2018 9:00 - 14:00
Regulamento II TRAIL DO BERETE 2 DE SETEMBRO 2018
1- ORGANIZACIÓN E PROBAS
1.1 O Clube Atletismo de Redondela coa colaboración do Concello de Redondela organiza, o II
trail do Berete, que se celebrará o 2 de Setembro de 2018, con saída e chegada no Pavillón de
Deportes de Chapela.
1.2 Tipo de probas:
1.2.1 Trail: con unha distancia de 24km aprox e un desnivel positivo de 1300m aprox.
Dificultade física: Media-Alta
Dificultade técnica: Media
Avituallamientos: Líquido (km5), Líquido-Sólido (km13), Líquido (km20) e na chegada
Prezo: 8 Euros
1.2.2 Andaina: distancia de 10km aprox e desnivel positivo de 500m aprox.
Dificultade física: Baixa-Media
Dificultade técnica: Baixa
Avituallamiento: Líquido (km5), e na chegada
Prezo: 5 Euros
1.2.3 Mini Trail: distancia de 10km aprox e desnivel positivo de 500m aprox.
Dificultade física: Baixa-Media
Dificultade técnica: Baixa
Avituallamiento: Líquido (km5), e na chegada
Prezo: 6 Euros
A saída será as 09:00h para o Trail, e as 09:15h para a Andaina e Mini trail, con saída e chegada no
Pavillón de Deportes de Chapela as duas probas.
1.2.4 O trail terá un tempo límite de 4h no km19 ,todo corredor que supere esta barreira horaria abandonara a proba, a organización encargarase de achegar a meta os corredores descalificados
pero tanto os escobas como os voluntarios dos postos de control terán a facultade de retirar os
corredores que leven un horario excesivo ou as suas facultades se encontren seriamente
mermadas. Ninguen poderá chegar por detrás dos escobas. En ese caso deberá abandonar a proba
de maneira obrigatoria e quedará excluído da proba, pasando baixo a súa responsabilidade a ser
un usuario normal das vías públicas se decidise continuar o percorrido.
2- PERCORRIDO
2.1 O Trail recorre as parroquias de Chapela, San Vicente de Trasmañó, Cedeira e San Esteban De
Negros, subirase a ruta dos Muiños do Rego Fondón, Banco de Redondela, percorrendo varios
camiños ata chegar o Castro de San Esteban de Negros onde agarda unha subida curta pero dura.
Dende ahí encaramos hacia o xeodésico de Monte Penide, tomando dirección cara o Campo de
Fútbol de Chapela e dende ahí xa so nos queda baixar de novo polos Muiños do Rego Fondón
prestando atención na baixada pra non ter ningún incidente no final de carreira, no remate da
baixada chegaremos a zona do pavillón onde o Concello de Redondela pon a disposición dos
participantes as intalacións deportivas do Pavillón de Deportes.
2.2 A Andaina e o Mini Trail recorren as parroquias de Chapela, San Vicente de Trasmañó e
Cedeira subirase a ruta dos Muiños do Rego Fondón, a andaina e o mini trail comparte o mesmo
recorrido do trail ata o campo da rata e continuará hacia o monasterio de San Vicente de
Trasmañó, e baixara polo Rego Fondón ata chegar o Pavillón de Deportes.
3 PARTICIPACIÓN
3.1 Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, entre outras das
derivadas da climatoloxia propia do mes de Setembro, polo cal debe prever que a súa
indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade,
afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
Material Obrigatorio: Teléfono Móbil con carga suficiente - Reserva de auga
de ½ litro - Vaso ou recipiente similar (non teremos vasos nos avituallamentos) Si non
se leva vaso o avituallamiento deberá de consumirse no punto de control sin poder sair do
mesmo para que non acaben espallados polo recorrido.
3.2 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de color vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.
3.3 Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado,
debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da
Organización.
3.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios
establecidos.
3.5 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
3.6 O percorrido da proba discorre por paraxes naturais, polo que non debemos ensucialos nin
deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control. Será motivo de descalificación o
incumprimento desta norma.
4 INSCRIPCIÓN
4.1 A proba está aberta a todos os deportistas
4.1.1 O Trail terá un límite de 200 inscritos (idade mínima 18 anos)
A Andaina terá un límite de 150 inscritos
O Mini Trail terá un límite de 150 inscritos (idade mínima 18 anos)
4.2 A inscripción e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento
e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción
legal que puidera derivarse da súa participación na proba unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
4.3 PREZOS
Trail 8€, Andaina 5€, Mini Trail 6€
O prezo da inscripción inclúe:
-Seguro de accidentes Avituallamientos líquidos e sólidos
-Protección Civil
-Voluntarios
-Acondicionamiento e sinalización do recorrido
-Ambulancia
-Duchas e vestiarios
-Trofeos
-Dorsal
5 CATEGORÍAS
5.1 Categoría absoluta masculina e femenina, categoría por equipos con trofeos os tres primeiros
de cada unha das categorías (non acumulables) tanto para Trail como Mini Trail
6 MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
6.1 Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido
Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das
Zonas de avituallamiento e control.
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
7 RETIRADA E ABANDONOS
7.1 Calquera corredor podrá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o
control máis próximo ou o persoal da Organización . Si por caso
de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un
punto de control, terá que avisar a organización vía whatsapp ou chamada dicindo en que KM se atopa. 7.1.1 Teléfonos da organización (697-905-198) (655-365-401)
7.2 A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
8 ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase no Pavillón de Deportes as 13:00Hrs
9 OUTRA INFORMACIÓN
9.1 A organizacion pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do
Pavillónde Deportes (zona chegada).
9.2 Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de
seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado
deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar
en que se desenrola a carreira.
9.3 A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
9.3.1 A non lectura deste Reglamento non exime do seu cumprimento.