Calendario
Info da proba

A Escusa

21/01/2018 10:30 - 13:30
Regulamento 1ª Proba Liga AROMON ChemaSport - A ESCUSA

A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Contaremos con dúas modalidades, que se realizarán na contorna do monte da Escusa:
O-Pé: Contará con tres percorridos iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación)
MTBO: Modalidade de orientación en bicicleta de montaña, que contará con dous percorridos: Iniciación curta (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal xente con pouca experiencia na bicicleta) e iniciación longa (nivel de esixencia físico e técnico medio, orientado a adultos e nenos con elevada experiencia).

Custo.-
Federado club ou ≤16 0,00 €
Federado FEDO ou socio club 5,00 €
Non socio 8,00 €

Inscricións.- Até o mércores 17 de xaneiro ás 22:00h na oficina do club, ou a través do formulario: https://goo.gl/C9g8z4. Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma na oficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709 e enviar de pago a lachs@aromon.es.