Calendario
Info da proba

Lousame

30/12/2018 11:00 - 15:00
Regulamento
O Club Lousame Deporte e o Concello de Lousame, organizan o II TRAIL +
ANDAINA “SAN SILVESTRE” DE LOUSAME “MINAS DE SAN FINX” que se celebrará o
domingo, 30 de decembro con saída no poboado das Minas de San Finx e chegada no
Polideportivo Municipal “Pilar Barreiro Senra” situado no lugar de “A Silva”.
Este evento nace co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da
natureza do concello de Lousame, combina a promoción da actividade física e a
diversión nestas datas de nadal. Ó mesmo tempo realízase un evento solidario a favor
de ASGPOH ( Asociación galega de heteroplasia ósea progresiva ) para recaudar fondos
para investigación.
 DATOS TÉCNICOS
A proba de TRAIL consta de dúas distancias, un TRAIL CORTO de 16 kms e un TRAIL
LONGO de 24 kms.
O tipo de terreo polo que discorre e variado, con zonas técnicas, zonas rápidas, …….. e
cunha dificultade baixa para o trail corto, xa que o obxetivo principal da organización e
que sexa asequible para a maioría dos/das participantes e sexa unha boa proba para quen
queira iniciarse nesta disciplina.
Nesta edición engadimos un trail longo de 24 kms, un pouco máis esixente para os/as
participantes, e donde terán algunha zona con un pouco máis de dificultade.
 REQUISITOS
o Ser maior de idade no día da proba
o Coñecer e aceptar o regulamento do evento. O descoñecemento do
mesmo, non exime do seu cumprimento.
o Posuír unha mínima condición física para afrontar a disciplina elexida.
o Dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas
adecuadas, …….. )
o Levar teléfono móbil ó longo da carreira
o Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición
 INSCRICIÓNS
As inscricións realizaránse a través da páxina web www.emesports.es , coas
condicións e prazos que figuran en dita páxina.
O prezo de inscrición e de 13€ para o Trail e 6€ para a Andaina
A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
A inscrición da dereito a participar na proba escollida, avituallamentos, seguros,
bolsa de corredor ( os/as inscritos/as antes do día 9 de decembro terán como
regalo conmemorativo da proba uns calcetíns técnicos da prestixiosa marca
LURBEL. Os/as inscritos/as a partir desta data recibirán outro tipo de obsequio )
A data límite para inscribirse no evento será o martes, 25 de decembro ás
23:59h.
 RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
 Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I.
 A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu
peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a
chegada
- Día previo ( sábado, 29 de decembro ): Casa da cultura de Lousame (Lgar. Portobravo)
18:00 h. ata as 20:00 h. - Recollida de dorsais ( bolsa de corredor )
18:30 h.-Charla técnica
19:00 h.- Charla coloquio “O MUNDO DO TRAIL RUNNING”, dirixida por Terio Carrera e
donde estarán presentes 2 experimentados/as atletas de trail running, así como un
representante técnico da prestixiosa marca LURBEL, unha referencia no sector
- Día de carreira ( domingo, 30 de decembro ): Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra
ANDAINA
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:00 h ata 9:15 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 8:30 h.
TRAIL
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:00 h ata 10:00 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 8:30 h ata as 10:10 h
(saída último autobús )
Os autobuses levarán os/as participantes, tanto da andaina coma do trail, dende o
polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra ( zona de chegada ) ata o poboado das Minas
de San Finx, dende onde se iniciarán as probas.
 AUTORIZACIÓN IMAXE
Os/as participantes aceptan que as imaxes e reproducións que se xeneren deste evento
deportivo poderán ser utilizadas pola organización, para a divulgación, proxeción e
difusión do evento en diferentes medios ( redes sociais, prensa, …… )
 NÚMERO DE PRAZAS
A proba está limitada a 500 participantes para o TRAIL e ilimitado para a ANDAINA.
o SINALIZACIÓN E CONTROIS
Os percorridos estarán sinalizados con cintas de baliza e sinais, e controlados polas
Agrupacións de Protección Civil colaboradoras no evento.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os
cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade
É RESPONSABILIDADE DE CADA CORREDOR/A LOCALIZAR A SINALIZACIÓN E SEGUILA.
Algúns tramos de enlace, discorren por estradas ou poboacións, e non estarán
cortadas ao tráfico rodado, debendo aterse os/as participantes ás normas xerais de
Tráfico ou ás indicacións da organización. Na maioría dos cruces haberá xente da
organización e Protección Civil
Tempos de corte.- Para o Trail longo ( alto de Cruído, km 15 aprox.- 14:00 h ). Para o
trail corto ( O Castro, km 12 .- 13:15 h ).
o AVITUALLAMENTOS
Para o TRAIL: no kilómetro 6,5 aprox., no kilómetro 12 aprox. e no
kilómetro 19 aprox.
Para a ANDAINA: no kilómetro 7 ( punto intermedio )
Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no cal se
desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos ós/as participantes que non tiren nada no mesmo.
En cada lugar dos avituallamentos haberá papeleiras onde depositar os residuos. É obriga de
cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos
avituallamentos.
o TROFEOS
Os trofeos soamente serán para a modalidade de TRAIL. A entrega terá lugar ás
14:15 h. no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra
Haberá trofeos para os/as 3 primeiros/as clasificados/as no trail curto e no trail
longo, e trofeos para o/a atletas máis veteranos/as.
o RETIRADAS E ABANDONOS
Calquera participante poderá retirarse da proba sempre que o desexe e avisando
no control máis próximo e entregando o dorsal á organización. A evacuación
dos/as participantes a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da
organización.
No caso dalgunha urxencia en carreira, débese avisar ó teléfono de urxencias que
sae no dorsal, e a organización poñerá en funcionamento o protocolo para este
tipo de incidencias.
o EXCLUSIÓNS
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes
condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco
tanto ao entorno como aos demais participantes; non respetar a todos/as os/as
participantes; non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio
ambiente e a propiedade tanto pública como privada e non depositar os residuos nos
lugares que se habiliten para tal fin. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e
deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu
deportivo.
o CAMBIOS E SUSPENSIÓN
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.
o OUTROS SERVIZOS
Dende as 8:45 h ata as 10:45 h, os/as participantes ou acompañantes poderán visitar o museo
mineiro das minas de San Finx, e consultar as súas inquedanzas cunha guía.
Os/as participantes, tanto na modalidade de andaina coma de trail, ó remate das mesmas
contarán cun servizo de duchas, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra.
o RESPONSABILIDADE
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade,
sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos
circuitos delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos
personais que poidan extraviarse ou danarse.
A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por
neglixencia do /a participante.