Calendario
Info da proba

X Travesia das fragas do Alto Eume

08/07/2018 9:00 - 23:00
Regulamento X TRAVISÍA DAS FRAGAS DO ALTO EUME
 PRESENTACIÓN
Un ano mais o club de Montaña O Caxado organiza unha travesía por terras do
Concello de As Pontes. Este ano realizase unha ruta de 19 km a cal está homologada na
Federación Galega de montaña como PR‐G 147, tendo una variante cun percorrido total de 28
km. As dúas rutas rematan no punto de partida, transcurren por un marco incomparable, no
comenzo do parque naciónal das Fragas do Eume.
Tanto a proba camiñando como correndo son de carácter popular polo que non se
cronometrará o tempo de cada asistente.
Dous percorridos 19km e 28km a realizar como mais lle guste a cada ún, camiñando
ou correndo.
 CARÁCTERISTICAS
 A ruta de 19km denominada Pr‐g 147 é de dificultade media, transcurre por pistas de
terra e por sendas de monte, acondicionados para a realización da actividade.
 Pola contra a ruta de 28 km e dunha esixencia forte, sendo de dificultade Media‐alta
debido a orografía do terreo polo que transcorre, e polo desnivel acadado; enlazando a
medio percorrido coa ruta Pr.g 147.
 A ruta está marcada e homologada, o tramo que non cumpre este requisito será marcado
con cintas, as cales se ensinarán na saída.
 Existirán puntos de avituallamento, tanto sólido como líquido.
 A organización poñera un vehículo a disposición dos asistentes que desexen abandoar
voluntariamente a proba, debido a calquer problema, os cales deberán facelo nos puntos
de avituallamiento ou avisando no teléfono que se facilitará.
 Número máximo de participantes nesta proba será de 300 persoas por orden de
inscrición.
 Os menores de idade deben ir sempre acompañados do pai/nai/tutor e facer a inscrición
como calqueira adulto.
 Tempo máximo para facer o percorrido polos participantes será de 7 horas.
 Avituallamientos en ruta
1 avit. 8km Sólido y líquido
2 avit. 13km Control de paso, Sólido y líquido
3 avit. 19.5km Sólido y líquido
 Programa día 8 de xullo
8:00h – Entrega de dorsais pavillón municipal parte traseira.
9:00h – Saída corredores.
9:00h – Saída andarines.
12:30h – Cierre control alto lostegal.
14:00h – Comenzo da entrega da comida
 INSCRICIÓNS
Onde:
Presenciais – na oficina do club os martes de 19:30h a 21:00h.
Cubrindo os campos da ficha na web.
www.championchipnorte.com
Información:
 Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outra patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualiadade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta
polo seguro contratado.
 Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscriciíon, dan o seu consentimento
para que a organización, trate informáticamente e coa finalidade exclusivamente
deportiva ou pormocional ose seus datos de carácter persoal, así como as imaxes dentro
da proba, mediante fotografías, videos, redes sociais.
 Maís información no propio club no horario de oficia, ou por vía email.
clubmontanacaxado@gmail.com
INSCRICCIÓNS ATA O 26 (inclusive) DE XUÑO, (CAMIÑANDO OU CORRENDO).
 Travesía socios 7€
 Travesía non socios 13€
INSCRICCIÓNS DENDE O 27 DE XUÑO ATA O 5 DE XUllO, (CAMIÑANDO OU CORRENDO).
 Travesía socios 11€
 Travesía non socios 17€
 SEGURO
 É necesario apuntarse antes das 20:00 horas do 5 de xullo para poder tramitar o seguro
personalizado de cada participante. Todos aqueles que se apunten despois desta hora
non poderán participar nesta proba.
 Prezo da ruta inclúe, seguro personalizado para a proba, avituallamientos e comida o
remate da proba.
 Todos os /as participantes estarán amaparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o NOME e APELIDOS xunto con DNI de cada participante. Estarán
excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia
das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos polos desprazamentos particulares
dende o lugar de residencia o lugar de onde se desenvolverá a proba.
 INFORMACIÓN
 Ó remate da ruta todos os/as asistentes que o desexen poderán usar as instalacións do
pavillón municipal para ducharse e cambiarse cómodamente e os/as que estean
interesados en vir o día anterior, dipoñerán das instalacións do pavillón municipal para
poder pernortar, ou no parque de D. Rita para dormir en tenda de campaña.
 Cando remate a proba, todo participante terá dereito á comida que ofrece a organización,
entregando o “vale comida” que se lles dará ao comezo da ruta; aqueles que non o teñan
non terán dereito á comida.
 A organización non se fará cargo dos danos que poidan sufrir os/as participantes durante
a duración da proba, a si mesmo resérvase o dereito a modificar as regras anteriores en
función da seguridade dos participantes no transcurso da mesma.
 Cada participante ten que revisar no listado si figura o seu nome, para comprobar que
está inscrito na proba.
 Os/as deportistas asumen que para a realización da proba e necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva.
 As estradas polas que discurre a proba non se pecharán o tráfico en ningún momento
polo que cada participante e responsable da súa seguridade, debendo extremar as
precaucións. Todo participante está obrigado a cumplir as normas de circulación vial,
sendo responsable das infrancions que puidese cometer.
 O importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos, e non se permitirá a
asistencia a xente que non teña o pago feito en orde.
 A ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO SUPÓN, TAMÉN, O COMPROMISO E O RESPETO O
MEDIO AMBIENTE, A FAUNA E A FLORA, ANTES, DURANTE E DESPOIS DA PROBA.