Calendario
Info da proba

Allariz-A Derradeira Solidaria

31/12/2017 10:00 - 11:00
Regulamento Allariz celebra, o vindeiro 31 de decembro, a Derradeira Solidaria, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e que despide ó presente ano dun xeito solidario.

A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis, un carácter solidario. Baixo o lema “un dorsal por un kilo de comida”, a organización entregará un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada ós máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz.

A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 10:00h para os nen@s de ata 12 anos, e as 10:30h para os sénior.

A inscrición débese formalizar na piscina municipal (teléfono 988 442 083 – email piscina@allariz.com)

Fonte: http://www.allariz.gal/xornal/derradeira-solidaria-cambia-horario-este-ano/