Calendario
Info da proba

Rábade

27/01/2018 16:30 - 18:00
Regulamento RÁBADE - 27 DE XANEIRO DE 2018 - 16:30 HORAS
XV MEMORIAL
EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN
Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da
Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola” na vila de
Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas pistas da
cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un
crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca
nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de
setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos
10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.
REGULAMENTO
Art. 1.- A saída será na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e as 17:00 h para a
categoría absoluta e a chegada situarase na mesma praza.
Arecollida de dorsais será na mesma praza de 15:30 h a 16:50 h
Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes
rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias, Santa María, Gabriela
Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia,
Fernando Arias e Praza de España.
Art. 3.-Aclasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta
sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.- As inscricións para todas as categorías serán ata o xoves 25 de Xaneiro, na páxina
web: www.championchipnorte.com
Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado
pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2013 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2010-2013 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2006-2009 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 2002-2005 ( Terceira carreira).1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1983/ 2001 D) Nadas entre 1983/ 2001
E) Nados entre 1973/ 1982 E) Nadas entre 1973/ 1982
F) Nados no 1972 e anteriores F) Nadas no 1972 e anteriores
Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTAMASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTAFEMININA
1. 350 € 1. 350€
2. 250 € 2. 250 €
3. 150 € 3. 150 €

Trofeos para os 3 primeir@s de cada categoría
Trofeo “Eduardo Fernández Villamarín” ao equipo con máis participantes finalizados de
todas as categorías masculinas e femininas agás a mini
CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art. 10.-Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.-Aentrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.
Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así
mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir
eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder
ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No
caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.