Calendario
Info da proba

Monterroso

11/02/2018 11:00 - 12:30
Regulamento I EDICIÓN 10K MONTERROSO

REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello Monterroso organiza a I Carreira Popular MONTERROSO 10K. A proba organizarase o próximo 11 de
febrero de 2018, con saída e meta na Rúa do Consellerio Fernando Salgado (no exterior da cúpula). Así como unha
Andaina de 7.5km de distancia.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehiculos agás os autorizados pola organización. o percorrido
estará controlado por vehiculos da organización. O percorrido estará sinalizado en cada punto kilométrico. O percorrido
da andaina e das probas de categorías inferiores publicaránse no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/concello.monterroso/
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 12.15 h 150m
PROMOCIÓN (2009-2011) 12.20 h 500m
SUB 12 (2007-2008) 12.30 h 2500m
SUB 14 (2005-2006) 12.30 h 2500m
SUB 16/18 (2001-2004) 12.30 h 2500m
SUB 20/23 (1996-2000) 11.00 h 10000m
SENIOR (1983-1995) 11.00 h 10000m
MÁSTER A (1978-1982) 11.00 h 10000m
MÁSTER B (1973-1977) 11.00 h 10000m
MÁSTER C (1968-1972) 11.00 h 10000m
MÁSTER D (1963-1967) 11.00 h 10000m
MÁSTER E (1958-1962) 11.00 h 10000m
MÁSTER F (1957 e anteriores) 11.00 h 10000m
ANDAINA todas 11.10 h 7500m
Artigo 4: Peche de control:
• O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de Participación:
• As inscripcións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
https://www.carreirasgalegas.com/
• A inscripción pecharase o XOVES día 8 de febreiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscripcións o día da proba.
• A inscripción na proba é persoal e intransferible
• A inscripción implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en man
da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descalificar a
calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para
a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscripción:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo.
Os dereitos de inscripción na carreira de menores e da Andaina serán GRATUÍTOS. A proba 10k terá un custo
de 5€ por participante ata o día 04 de febreiro; dende o 05 de febreiro ata o 8 de febreiro 7€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada no interior da cúpula ata 40’ antes da saída de cada proba,
xunto co dorsal se entregará a bolsa do corredor (camiseta técnica, calcetins, bebida, froita, barrita enerxética)
Artigo 8: Premios:
• Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros
clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será no interior da cúpula aproximadamente, ás 13.00h.
• A andaina non será competitiva.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Bolsa do corredor (camiseta técnica, calcetins, bebida, froita, barrita enerxética), excepto os particpantes na
andaina.
2. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
3. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
4. Roupeiro, os participantes poderán deixar na cúpula a roupa nunha bolsa cunha identificación, que será
custodiada por voluntarios da organización.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas na cúpula, a escasos 50m da liña de saída e meta.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5.
9. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10 Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: CONCELLO DE MONTERROSO
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).