Calendario
Info da proba

Camariñas - APLAZADA

11/03/2018 10:15 - 13:15
Regulamento 1. IDEOLOXÍA
O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras
populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio
para alcanzar unha vida máis saudable.
Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte:
Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como
adultos (dende os 2 anos, nados no 2015).
As posibilidades de participación son fundamentalmente, tanto en sénior como en categorías base
(agás Pitufo) dúas:
1.1. Corredores de Carreira: son aqueles atletas que se inscriben nunha ou en varias das probas
das que se compón o circuíto pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer
unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos
os corredores terán a posibilidade de inscribirse na proba 3K Contra o Cancro ou 10K.
Na proba 3K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta independentemente da súa
idade. A distancia desta proba poderá variar entre os 2000 e os 4000 metros en función do
concello organizador.
Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar entre os 8000 e 10000
metros en función do concello organizador.
Nas probas de categoría base os atletas correrán as distancias establecidas segundo a súa
categoría.
Corredores de Circuíto: son atletas que se inscriben co obxectivo de completar un mínimo de sete
probas do circuíto na modalidade de 3K Contra o Cancro, 10K, ou o Circuíto de Categorías Base
(agás categoría Pitufo). Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que
participan e tamén na clasificación xeral do Circuíto. Deberán facer unha única inscrición e correr
obrigatoriamente con chip amarelo (adultos), con chip branco (categorías base agás Pitufo).
Os corredores de Circuíto das modalidades 3K Contra o Cancro (categoría absoluta) e 10K,
poderán participar de xeito simultáneo na competición por equipos, sempre que estean inscritos
dentro dun equipo.
* Os/as atletas de categoría xuvenil poderán optar a correr na categoría superior (absoluta en 3K e
sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición. O feito de correr en categoría
sénior (10K) ou absoluta (3K Contra o Cancro) implicaría que non poderían optar á clasificación e
premios da categoría xuvenil.
Así mesmo
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 3
2. PROBAS
O circuíto estará composto por un total de 10 probas. Comezará o día 11 de marzo de 2018 coa VII
Carreira Popular Concello de Camariñas, e rematará o 14 de outubro de 2018 coa V Carreira Popular
Concello de Fisterra.
CONCELLO DATA PROBA
1ª proba Camariñas 11-03-2018 VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas
2ª proba Vimianzo 22-04-2018 VIII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
3ª proba Mazaricos 13-05-2018 III Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
4ª proba Dumbría 26-05-2018 IV Carreira Pedestre Concello de Dumbría
5ª proba Zas 02-06-2018 V Carreira Pedestre Concello de Zas
6ª proba Cee 23-06-2018 V Carreira Pedestre Concello de Cee
7ª proba Muxía 15-07-2018 V Carreira Pedestre Concello de Muxía
8ª proba Carnota 26-08-2018 XXVII Carreira das Areas Concello de Carnota
9ª proba Corcubión 15-09-2018 XVII Carreira Pedestre Vila de Corcubión
10ª proba Fisterra 14-10-2018 V Carreira Pedestre Concello de Fisterra
Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello organizador e
poderán ser consultados en www.championchipnorte.com así coma nas diferentes páxinas web dos
concellos.
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 4
3. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS.
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2011 – 2015 (ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 11´30h
Benxamín Masculino 2009-2010 1000 m. (aprox.) 10´30h Feminino
Alevín Masculino 2007-2008 1000 m. (aprox.) 10´15h Feminino
Infantil Masculino 2005-2006 2000-4000 m. (aprox.) 10´45h Feminino
Cadete Masculino 2003-2004 2000-4000 m. (aprox.) 10´45h Feminino
Xuvenil* Masculino 2001-2002 2000-4000 m. (aprox.) 10´45h Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2000 (incluído) e anteriores 2000-4000 m. (aprox.) 10´45h Feminino
Sénior 10
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 5
4. PERCORRIDOS VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
Alevín: Hora de comezo 10´15h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, ambrosio Feijoó, Alcalde
Noguera Patiño, baixada pola dársena vella, rotonda e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel
Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 1300 m aprox.
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zOgT-isOMw1E.kXHl8GqbFaik
Benxamíns: Hora de comezo 10´30h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, Ambrosio Feijoó, rotonda
e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 800m
aprox.
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=zOgT-isOMw1E.kHnh_58hcB-E&usp=sharing
Pituf@s: Hora de comezo 11´30h.
Percorrido: Dende o San Remo ata meta. 150m aprox
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=zOgT-isOMw1E.kVzHE_wpF8Hk&usp=sharing
Infantil, Cadete, Xuvenil e Absolutos 3K Contra o Cancro ás 10´45h. Tempo máximo de remate
da proba 35´.
Percorrido: Avenida da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da
Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avenida Juan Carlos I-CancelaMourín-Eugenio
López-Areal-San Miguel- Cantón Miguel Feijoo.
https://drive.google.com/open?id=1bEzP1sFGMF1yd3tEC1-xBG1KU0M&usp=sharing
Absoluta e adaptada. 10 KM APROX. ÁS 12H. Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´.
A saída dos atletas en cadeira de rodas e handbike realizarase con antelación á saída do resto
de atletas.
Percorrido: https://mapsengine.google.com/map/viewer?mid=zohVhHIDs3fk.km65QsPEEA3I
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 6
5. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE do IV Circuíto de Carreiras Populares
Correndo pola Costa da Morte
5.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola
Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Víal do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de
probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE
nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se realice,
ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
5.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
5.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se
devolverán os cartos da inscrición.
5.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía.
5.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
5.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
5.9. O Concello de Camariñas porá a disposición dos participantes na carreira, o Pavillón
Municipal de Camariñas, para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a
disposición dos corredores un servizo de garda roupa no mesmo pavillón e no andar baixo da Casa
de Pedra.
5.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
5.11. O Concello de Camariñas porá a disposición dos corredores e corredoras da carreira 3K
Contra o Cancro e 10K un servizo de fisioterapia.
5.12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da recollida
dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se teña dereito a ningún tipo de
agasallo.
5.13. Os e as corredores de circuíto que non confirmen a asistencia dentro dos prazos
establecidos implica que ese corredor ou corredora non terá dereito á camiseta conmemorativa
da proba, aínda que si poderá correr. Agás na primeira proba do circuíto, é dicir, VII Carreira
Pedestre Concello de Camariñas.
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 7
5.14. Descualificacións
5.14.1. O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
5.14.2. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
5.14.3. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a organización.
6. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación.
Os menores inscribiranse na web www.championchipnorte.com, aportando (requisito), os datos dun
titor legal ou presentando un xustificante paterno-titorial. Adxúntase ao final deste regulamento.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
6.1. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
7. TIPOS DE COMPETICIÓNS
7.1. Competición Individual (ver punto 8).
7.2. Competición adaptada (ver punto 8).
7.3. Competición por equipos (ver punto 9).
8. INSCRICIÓNS DAS COMPETICIÓNS INDIVIDUAIS E ADAPTADA
8.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com
8.2. As inscrición para CORREDORES DE CARREIRA realizaranse dentro dos seguintes prazos e
custos:
8.2.1. Ata o luns anterior á proba ás 23’59 horas: 8€ + 1€ de aluguer de chip. É dicir luns 5 de
marzo ás 23´59h
8.2.2. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas: 15€ + 1€ de aluguer de chip. É dicir
martes 6 e mércores 7 ata as 23´59h.
8.3. As inscricións para CORREDORES DE CIRCUÍTO realizaranse dentro dos seguintes prazos e
custos:
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 8
8.3.1. As inscricións para os corredores de circuíto poderán formalizarse nos prazos
establecidos exclusivamente para as carreiras de Camariñas e Vimianzo.
8.3.2. Ata o luns anterior á primeira proba (Camariñas) ás 23’59 horas: 30€ + 10€ de
adquisición de chip amarelo. É dicir luns 5 de marzo ás 23´59h.
8.3.3. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas (Camariñas): 40€ + 10€ de adquisición
de chip amarelo. É dicir martes 6 e mércores 7 de marzo ata as 23´59h.
8.3.4. Ata o luns anterior á segunda proba (Vimianzo) ás 23’59 horas: 40€ + 10€ de adquisición
de chip amarelo. É dicir luns 16 de abril ás 23´59h
8.3.5. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas (Vimianzo): 50€ + 10€ de adquisición de
chip amarelo. É dicir martes 17 e mércores 18 de abril ata as 23´59h.
8.3.6. Independentemente de realizar a inscrición nos prazos anteriormente indicados,
todos/as atletas de circuíto DEBERÁN CONFIRMAR DE MANEIRA OBRIGATORIA A SÚA
ASISTENCIA A CADA CARREIRA (AGÁS Á DE CAMARIÑAS). A data límite para a confirmación
será o luns previo á celebración da mesma, ás 23’59 horas.
O feito de non confirmar a asistencia dentro dos prazos establecidos implica que ese
corredor non terá dereito á camiseta conmemorativa da proba, aínda que si poderá correr.
8.4. As inscricións para os atletas de CATEGORÍAS BASE serán gratuítas e deberán realizarse a
través da plataforma www.championchipnorte.com
8.4.1. As inscricións para CORREDORES DE CARREIRA poderán realizaranse ata o mércores
anterior a cada proba ás 23’59 horas. Camariñas ata o mércores día 7 de marzo ás 23´59h.
8.4.2. As inscricións para os CORREDORES DE CIRCUÍTO BASE (benxamín, alevín, infantil,
cadete e xuvenil) poderán realizarse ata o mércores 7 de marzo ás 23`59 da primeira proba do
circuíto (Camariñas), ou ata o mércores 18 de abril da segunda proba (Vimianzo).
9. COMPETICIÓN POR EQUIPOS
9.1. Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean
inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K.
9.2. Formación de equipos: Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e un
máximo de 10 corredores. Os equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos, seguindo a seguinte
correlación:
Número de atletas por equipo Composición do equipo
5 ou 6 2 mulleres ou homes como mínimo
7 ou 8 3 mulleres ou homes como mínimo
9 ou 10 4 mulleres ou homes como mínimo
9.3. Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que aparecen
no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda/formar-equipos
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 9
9.4. O prazo de inscrición rematará o mércores día 7 de marzo de 2018 ás 23:59 horas. A partir
de dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se poderán facer
modificacións nos integrantes dos equipos.
9.5. Sistema de puntuación:
9.5.1. Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3 carreiras do
circuíto como mínimo.
9.5.2. Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo de 3 atletas
do equipo, independentemente do xénero.
9.5.3. O sistema de puntuación rexerase por unha táboa de clasificación compensada, na que
entrarán tanto os resultados dos atletas adaptados coma os dos non adaptados.
O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
9.5.4. A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma dos puntos
por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO

VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 10
10.6. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será dende as 8´30h na planta
superior da Casa de Pedra. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio
de cada proba.
10.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro deberán usar obrigatoriamente o
“chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.
10.7.1. Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto.
10.7.2. No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
10.7.3. No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non
haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
10.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e carreira)
usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma. Estes
corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal
efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
10.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando
todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
11. COMPETICIÓN ADAPTADA
11.1. Competición adaptada en cadeira de rodas masculina e feminina.
11.2. Competición adaptada en handbike masculina e feminina.
11.3. Poderán participar en handbike ou cadeira de rodas todas aquelas persoas que cumpran os
requisitos esixidos neste regulamento, estean federados ou non, con discapacidade física que
xustifique a súa participación en dita modalidade.
11.4. Só poderán participar nestas categorías atletas que cumpra 18 ou máis anos no ano 2018
e menores de idade nados en 2001 e 2002, sempre e cando os responsables de ENKI o
consideren adecuado despois de estudar o grao de discapacidade. No suposto que non sexa
así, incluirase ao atleta na proba que mellor se adapte ás súas condicións independentemente
da idade. Os/as menores nados/as en anos anteriores aos antes mencionados, só poderán
correr na carreira 3k Contra O Cancro ou na categoría que lle corresponda por idade.
11.5. Nas probas onde exista competición adaptada a saída dos atletas en cadeira de rodas e
handbike realizarase con antelación á saída do resto de atletas.
11.6. Os/as ateltas en cadeira de atletismo ou handbike poderán participar igualmente naquelas
carreiras que non formen parte do seu circuíto, sempre que o percorrido o permita. Nestes
casos ditos atletas non poderán optar a premios.
11.7. Os atletas deberán presentarse na zona de control (Carpa ENKI) 30 minutos antes do inicio
da proba para pasar o control de material, realizado pola organización.
11.8. No control de material revisarase os seguintes elementos, que deberán estar homologados
e funcionar correctamente.
• Casco
• Chasis
• Banderín de visibilidad
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 11
• Ruedas
• Sistema de frenado
• Sistema de dirección
11.9. Para poder optar á clasificación de circuíto os/as atletas de categoría adaptada deberán
participar (chegar á meta) nun mínimo de 4 carreiras das seis que compoñen o circuíto:
Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Zas, Cee e Muxía.
12. CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 5ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito a recadación
obtida para tal fin será entregada a dita asociación cando
remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa
Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en
ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web
www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.
13. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DE CARREIRA
13.1. Clasificacións da proba 10K:
13.1.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.1.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías (sénior, M40, M50, adaptado en cadeira de rodas, e adaptado en
handbike), independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores
de circuíto.
13.1.3. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio como gañadores absolutos ou
gañador e gañadora da carreira 10K, independentemente da súa categoría, agás cadeira de
atletismo e handbike.
13.1.4. Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
concello organizador.
13.1.5. Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
13.2. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
13.2.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.2.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Absoluta (nados en 2000 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
13.3. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
13.3.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.3.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
13.4. Medallas conmemorativas:
13.4.1. Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa
todos os participantes en ditas probas.
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 12
14. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DO V CIRCUÍTO CORRENDO
POLA COSTA DA MORTE
14.1. Clasificacións do circuíto 10K:
14.1.1. Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os
atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta
clasificación.
14.1.2. Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para
poder optar aos premios, agás os corredores adaptados que deberán correr 4 probas que
formen parte do circuíto adaptado.
14.1.3. No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
14.1.4. A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
14.1.5. No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
•Número de probas rematadas.
•Maior número de mellores postos.
•Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
14.1.6. Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías sénior, M40, M50.
14.1.7. Recibirán trofeo e/ou medalla de campións absolutos do circuíto o primeiro e primeira
clasificado/a absoluto do circuíto.
14.1.8. Recibirán o trofeo Especial Conservas Boya o primeiro e primeira clasificados da
categoría adaptada en handbike e tamén o primeiro e primeira clasificados da categoría en
cadeira de rodas.
14.1.9. Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados
nos concellos organizadores do circuíto).
14.1.10. Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non
empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
14.2. Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
14.2.1. Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 3K Contra o
Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non
optan a esta clasificación.
14.2.2. Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para
poder optar aos premios.
14.2.3. No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
14.2.4. A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
14.2.5. No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” Regulamento| 13
•Número de probas rematadas.
•Maior número de mellores postos.
•Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
14.2.6. Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as da categoría absoluta.
14.3. Clasificacións por equipos:
14.3.1. Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport de
Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 10K.
14.3.2. Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport de
Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 3K Contra o Cancro.
14.4. Clasificacións do circuíto de base:
14.4.1. Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto de cada
categoría de base. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no
circuíto non optan a esta clasificación.
14.4.2. Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
14.4.3. Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7 probas para
poder optar aos premios.
14.4.4. No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
14.4.5. A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas na súa
categoría (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta
con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
14.4.6. No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
•Número de probas rematadas.
•Maior número de mellores postos.
•Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
14.5. Premios especiais:
14.5.1. Recibirán medalla finisher todos/as os/as corredores/as de circuíto que rematen
todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
14.5.2. Recibirán medalla finisher todos/as os/as corredores/as de circuíto de base que
rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
14.5.3. Todos os atletas inscritos en circuíto que rematen un mínimo de 7 carreiras terán
dereito a un diploma conmemorativo que poderán descargar dende a plataforma
www.championchipnorte.com
V Circuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”
14.6. Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do
organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro
cada unha das categorías, así como un ac
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente antelación.