Calendario
Info da proba

Carballo

04/02/2018 9:30 - 14:30
Regulamento .Regulamento TRAIL RAZO-CARBALLO 2018
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo
organiza o “CARBALLO TRAIL RACE 2018”, proba oficial da Federación Galega de
Atletismo (FGA en adiante) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande
parte e sobre distanzas de aproximandamente 30 Km, e 10 Km na opción curta, e
baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
Artigo 2: Entidades Colaboradoras. Colaboran na organización da proba a FGA,
a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Agrupación
Deportiva Media Ducia.
Artigo 3: Participantes . No “CARBALLO TRAIL RACE 2018”, pode participar toda
persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate
un máximo de 300, con excepción das limitacións impostas pola regulamentación
propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados
de outras Federacións Autonómicas.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu
adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos
oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera
incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou
neglixente durante a participación.
Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son personais e non transferibles, supoñendo a aceptación de todo o
desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os
preceptos legais.
Prazo de Inscricións. Admítense ate o día 29 de xaneiro de 2018 ou ata
acadar as 300 prazas.
As formas e lugares de inscrición son:
a) Na web http://www.carreirasgalegas.com
Ojo morado Na web www.carballo.gal, no enlace creado ó respecto.
c) Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do
Concello de Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº
teléfono 981702109.
Cuota de Inscrición e forma de pago: Establécense cuotas de inscrición de 5
€ para o trail curto, 5 € para o trail longo e 5€ para cada un dos integrantes da
modalidade parellas.
Aboarase no momento da inscrición na plataforma
http://www.carreirasgalegas.com
Artigo 5: Data, probas, categorías e horarios.
A data de celebración é o domingo día 4 de febreiro de 2018.
A creación de cada categoría condiciónase á necesidade de que se presente
na liña de saída un mínimo de 10 atletas do mesmo sexo por categoría e de 5 no
caso dos veteráns para a constitución das mesmas. Os atletas das categorías non
constituidas serán asignados á categoría inmediantamente anterior á que lle
corresponda.
A creación de cada categoría parellas (masculina, feminina e mixta) queda
condicionada á presentación en liña de meta de 5 parellas por cada unha delas. En
caso de non conquerirse 5 parellas por categoría, computarán como única categoría
parellas a estos efectos.
Celébranse as seguintes probas, horarios e categorías:
Trail Curta
Categoría Datas de
Nacemento
Distanza Hora de
Saída
Hora
final
Tempo
Máx.
Xuvenil Sub 18
Feminina
2002,2001
10.000 m 9:30h. 11:30h. 2 h Xuvenil Sub 18
Masculino
Senior Feminina Nados dende o
5/02/1978 ate o
2000.
10.000m. 9:30h. 11:30 h. 2 h
Senior Masculino
Máster Feminina Nados do
4/02/1978 e
anteriores.
Máster Masculina
Trail Longa
Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora
de
Saída
Hora
final
Tempo
Máx.
Senior Feminina Nados dende o
5/02/1978 ate o 2000
30.000m. 9:30h. 14:30 h 5 horas
Senior Masculino
Máster Feminina Nados do 4/02 de 1978
Máster Masculino e anteriores.
Parellas Masc, Fem,
Mixto
Nados no 2000 e
anteriores.
Artigo 6: Recollida de dorsais.
Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Piscina Vila de
Noia, sita na rúa vila de Noia o sábado día 2 de febreiro de 10:00 h. a 13:00 h. e
de 16:00 h. a 20:00 h. e o día de celebración da proba dende as 7:30 horas.
É necesaria a presentación do dni,licencia federativa, resgardo de inscrición
ou documento similar acreditativo.
Artigo 7: Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas
▪ A organización disporá autobuses para desprazar únicamente ós deportistas
segundo o seguinte detalle:
▪ Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia ate o punto de saída e/ou
relevo no caso de parellas..
▪ Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos
seus medios á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola
organización ó remate da proba.
▪ Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia
▪ Utilizaranse os vestiarios da Piscina Vila de Noia, próxima á meta.
Artigo 8: Percorrido.
8.1.- O percorrido transcurre por camiños públicos e forestais sen asfaltar, vías
asfaltadas, rúas do núcleo urbán e campo a través.
8.2.- O percorrido, incluída a parte que discurre por carreteras e rúas de
poboacións non estarán pechados ó resto de usuarios das vías, debendo cumprir os
participantes as normas xerais de tráfico para peóns e/ou as indicacións da
organización.
8.3.- Saída e Metas
Tódalas probas sairán da Praia de Razo, na zona habilitada ó efecto, ás 9:30 horas.
A meta estará disposta nos seguintes lugares:
▪ Trail Longa: Paseo do Anllóns.
▪ Trail Curta: Vinculeiro, en Cances.
▪ Trail Parellas(Só Longa): Paseo do Anllóns.
8.4.- Percorrido Trail Longa. Distanza próxima ós 30 KM e 900 m de desnivel,
dende a saída na Praia de Razo ate a meta no Bosque do Añón, transcorrindo por:
Vía acceso ó porto de Razo, "Senda Pinos do Mar", Lugar de Santa Mariña, Cruce da
estrada Razo-Aviño, Subida a Monteneme, Cumio Monteneme, Campo do Vinculeiro
en Cances, Cruce ca antiga carretera Carballo Malpica en Cances, lugar Cobas
DP1910, monte de Liñeiro, Cruce DP1910 en Liñeiro, Monte deVilanova, Muíño rego
de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muiño da Torre, Ponte das Gargas, A Devesa, A
Cepeira, Muiño do Quinto, Cruce da Rúa Fomento, Rúa Río Anllóns, Rúa Río Miño,
San Martiño, Cruce da rúa Milagrosa, Paseo do Anllóns, Rúa Vila de Negreira e Rúa
Vila de Corcubión.
8.5.- Percorrido Trail Curta e Xuvenil. Distanza próxima ós 10 KM e 500 m. de
desnivel, idem á longa pero con remate en Cances.
8.6.- Percorrido Trail Parellas. Idem ó Circuito Trail Longa, con zona de relevo
en Cances, Primeiro relevevo de 10KM e 500 m de desnivel e Segundo relevo de 20
KM E 400 m de desnivel.
8.7.- O percorrido estará marcado e balizado pola organización con elementos de
cor viva a intervalos regulares, sinalándose específicamente as direccións a seguir
nos cruces, e as entradas a vías asfaltadas e cruces de carreteras.
Artigo9.- Avituallamentos.
A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do
percorrido:
Km 4,6. Sólo Líquido.
Km 10. O Vinculeiro, Cances
KM 15. Liñeiro, cruce con DP1910 Sólo Líquido
KM 20. Muiño da Torre
Artigo 10.- Normas para participantes en percorrido.
10.1.- Deberán ir provistos de teléfono móvil con batería suficiente para a
duración da proba e elementos de hidratación (Botella, mochila, etc.).
10.2.- O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento, na parte dianteira e
claramente visible na súa totalidade, indicando no reverso do mesmo calquera
circunstancia a ter en conta en caso de atención médica urxente durante a
proba.(alerxia a medicamentos, etc.).
10.3.- Deberán observar as normas para peóns, especialmente nos tramos
asfaltados, rúas urbanas e cruces de carreteras, dado que o percorrido estará
aberto ó resto de usuarios da vía.
10.4.- Responsabilizarse de localizar a sinalización e seguila, así como de cruzar as
carreteras no lugar sinalado pola organización ó efecto.
10.5.- Pasar obrigatoriamente polos postos de controlque disporá a organización
durante o percorrido.
10.6.- Comunicar á organización o abandono da proba, ou ben nos puntos de
control e avituallamento ou agardando ó peche da carreira.
Artigo 11: Control Técnico das Carreiras, peche de control e
descalificacións.
11.1.-O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da
FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará
o desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así as reclamacións
deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da
comunicación oficial dos resultados.
11.2.- Cando un participante sobrepase os tempos de corte establecidos, ou non
se atope en condicións de cumplir estos, será superado polo peche da proba, que
indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a mesma subindo ó
vehículo escoba. Se declina este servizo queda automáticamente excluído da proba
pasando a ser un usuario normal das vías.
11.3.- A organización poderá descalificar a aquel participante que ó seu xuizo
manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.
11.4.- Tempos de corte e peche:
Lugar Punto KM
aproximado
Tempo de
corte
Horario previsto
Cruce carretera Razo Aviño. 4.6 1 hora 10:30 h
Vinculeiro (Cances) 10 2 horas 11:30 h.
Liñeiro (Cruce DP1910) 15 3 horas 12:30 h
Muiño da Torre 20 4 horas 13:30
Liña de Meta 30 5 horas 14:30
Artigo 12: Clasificacións.
Establécense as seguintes clasificacións, condicionadas á creación de cada categoría
segundo o explicitado no artigo 5:
Trail Curta Trail Longa
Xeral Feminina Xeral Feminina
Xeral Masculina Xeral Masculina
Xuvenil Sub 18
Feminina
Xuvenil Sub 18
Masculino
Senior Feminina Senior Feminina
Senior Masculino Senior Masculino
Veteráns Feminina Veteráns Feminina
Veteráns Masculino Veteráns Masculino
Parellas Feminino
Parellas Masculino
Parellas Mixto
Artigo 13: Premios e Trofeos.
Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das
categoría, e mixto no caso de parellas.
Tamén se premiará ós seguintes participantes:
1ºcarballés; 1ª carballesa.
Artigo 14: Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións
da Policía Local, Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da
organización debidamente identificados, así como os que non realicen todo o
circuito da carreira, non leven o dorsal ou o manipulen, ou falsifiquen datos
personales.
Artigo 19: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu
nome e imaxen na clasificación, medios de comunicación e Internet para promoción
da proba, e consenten expresamente a cesión dos seus datos para todo o
relacionado ca participación na proba ás entidades que a organización encomende
os procedementos de inscrición, clasificación, reclamacións, aseguramento dos
atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.
Artigo 20: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da
proba con carácter previo por motivos organizativos, ou durante a celebración da
mesma por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma
(alertas por temporal, etc.), non xenerándose dereito algún hacia os inscritos,
excepto o de devolución das taxas de inscrición.
Artigo 21: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.

Carballo, a 14 de decembro de 2017
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o
mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de
inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso
de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de
acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF
en vigor.