Calendario
Info da proba

Bueu

14/01/2018 10:00 - 14:30
Regulamento V TRAIL/ANDAINA DE CELA BUEU 2018

1) PRESENTACIÓN.
O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes
organiza o domingo 14 de xaneiro o V Trail de Cela .
Ademais do trail tamén se realizará unha andaina competitiva. As probas, tomarán a saída na
zona do Igresario da parroquia de Cela (bueu)con os seguintes horarios: as 10:05 para a
andaina e ás 10:00 para o trail.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza
federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN TRAIL E ANDAINA.
• É unha carreira de montaña, cunha distancia de 25 qm, con saída e chegada na parroquia
de Cela(Bueu).
• Haberá unha andaina cun percorrido de 18 qm,. con saída e chegada na parroquia de
Cela(Bueu).
• O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con cinta
e / ou pintura ecolóxica.
• Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
• A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
• O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 25 qms
será de 4h 30 minutos.
• Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 8 líquido
2) Km 13 líquido-sólido
3) Km 20 líquido-sólido
4) Km 25 meta líquido-sólido
• A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (só no
caso do trail).
• Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de
Saída/Meta
• Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que
estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da da proba é necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva.
• Existen duchas a 300 metros da chegada e haberá pinchos o rematar a proba para todos
os participantes.
Categorías Trail. (andaina sen categorías)
CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante

3) NORMATIVA PARA O TRAIL/ANDAINA.
• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
• Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible (só no caso do trail) ou desatenda as indicacións da organización.
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxetos de cada
participante.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
• A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.

4) INSCRICIÓNS.
• Trail: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es ata o día 11/01/2018 cun costo de
15€ (+1€ aluguer chip) por participante para a categoría absoluta de 25 quilómetros que
inclúe o dorsal, regalo conmemorativo (para as 250 primeiras inscricións), seguro
deportivo, froita e bebidas.
• Andaina: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun costo de 6€ por participante
que inclúe o dorsal, regalo conmemorativo, froita e bebidas.
• Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 11 de xaneiro.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
• A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non
puidera participar

5) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
• Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba nas carpas situadas
xunto a saída, dende as 8:45 ata as 9:45h.
• Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
• A clasificación xeral oficial publicarase nas web do clube e na web da empresa de
cronometraxe.

6) PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16477210

7) ENTREGA DE PREMIOS.
• Trail nas categorías Absoluta e Veterans: Trofeos para os tres primeiros clasificados tanto
en categoría masculina como feminina.
• Andaina: Trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción do sexo
• Primeiro Local: Trofeo para o primer home e a primeira muller que cheguen a meta e
sexan da localidade de Bueu
• AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante tanto do trail que conterá:
▪ Regalo conmemorativo
▪ Froita
▪ Auga
▪ Barra enerxética
▪ Outros pequenos detalles que puideran aportar as casas colaboradoras

Molón SEGUROS:
• Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis,
etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/
dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na V TRAIL DE CELA
leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.