Calendario
Info da proba

Castro de Rei

07/01/2018 10:30 - 12:30
Regulamento I CARREIRA POPULAR CONCELLO CASTRO DE REI

REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Castro de Rei organiza a I Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba organizarase o
próximo 7 de xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vias da Deputación de Lugo, a meta será no
núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: (adxúntase plano do percorrido)
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehiculos agás os autorizados pola organización. o recorrido
estará controlado por vehiculos da organización. O percorrido estará sinalizado en cada punto kilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta no núcleo de Castro
Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para
trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída.
O servicio de autobuses comezará ás 9.30, sendo o último servizo ás 10.10
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 12.20 h 150m
PEQUERRECHOS (2009-2011) 12.25 h 400m
ALEVIN (Sub 12) (2007-2008) 12.30 h 2000m
INFANTIL (Sub 14) (2005-2006) 12.30 h 2000m
CADETE Sub 16) (2003-2004) 12.40 h 4000m
XUV -XUNIOR (Sub 18/20) (1999-2002) 12.40 h 4000m
SUB-23 (1996-1998) 10.30 h 14000m
SENIOR (1983-1995) 10.30 h 14000m
MÁSTER A (1978-1982) 10.30 h 14000m
MÁSTER B (1973-1977) 10.30 h 14000m
MÁSTER C (1968-1972) 10.30 h 14000m
MÁSTER D (1963-1967) 10.30 h 14000m
MÁSTER E (1958-1962) 10.30 h 14000m
MÁSTER F (1957 e anteriores) 10.30 h 14000m
Artigo 4: Peche de control:
• O control de chegada na proba absoluta pecharase 110’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscripcións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo. (poremos o
enlace da páxina web de inscripción).
• A inscripción pecharase o MÉRCORES día 3 de xaneiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscripcións o dia da proba.
• A inscripción na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a decisión quedará
en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para
descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Inscripción:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo. (poremos o enlace da
páxina web de inscripción)
Os dereitos de inscripción na carreira de menores serán GRATUÍTOS. Na carreira absoluta terá un custo de 2€
por participante ata o día 31 de decembro; dende o 01 de xaneiro ata o 3 de xaneiro 4€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 6: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (indicar zona), ata 30’ antes da saída de
cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PEQUERRECHOS daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres
primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón municipal
e comezará, aproximadamente, ás 13.00h.
• A organización da proba
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a
transportará ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de
autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás
9.30, sendo o último servizo ás 10.05. Rógase a todos os participantes que non esperen o último servizo
posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos.
9. Zona de lecer para nenos, delimitada e con monitores, para que os país podan desfrutar da súa carreira.
10. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Castro de Rei
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).