Calendario
Info da proba

Villalba San Silvestre

31/12/2017 12:00 - 14:00
Regulamento III CARREIRA-ANDAINA“SAN SILVESTRE
VILALBESA” 31 DE DECEMBRO 2017
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas e media, dende as 11:00h da mañá,
ata as 14:00 h do mediodía, do 31 de Decembro do 2017 e comezará coas carreiras dos
máis pequenos sobre as 12:00 h da mañá aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo úrbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, dende a praza da constitución de Vilalba, para todas as categorías. As
categorías divídense en dous bloques:
A) CATEGORÍA ABSOLUTA:
* INSCRICIÓN NA CARREIRA (ata 29/12 as 12 am):
2 € (dende o 13 de decembro ata o 26 ambos inclusive).
5 € (dende o 27 ata o 29 de decembro ambos inclusive).
* INSCRICIÓN NA ANDAINA (ata 29/12 as 12 am):
1€ (dende o 13 de decembro ata o 26 ambos inclusive).
2€ (dende o 27 ata o 29 de decembro ambos inclusive).
Poderán formalizar a inscrición das seguintes formas:
• Online: www.championchipnorte.com dende o 13 ata o 29 de decembro .
• Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 13:30
horas, dende o 13 ata o 29 de decembro as 12 am.
Ojo morado CATEGORÍA MENORES:
GRATUITA
Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedilo ano,
premiaranse aqueles disfraces, traxes, complementos máis orixinais e divertidos para
correr/camiñar.
Categoría A: 2012-2011-2010-----------------------400 m aproximadamente
Categoría B: 2009-2008-2007-----------------------1000 m aproximadamente
Categoría C: 2006-2005-2004-----------------------1600 m aproximadamente
Categoría A:
* Hora de saída aproximada: 12:00 h
Categoría B:
* Hora de saída aproximada: 12:10 h
Categoría C:
* Hora de saída aproximada: 12:20 h
C) CATEGORÍA ABSOLUTA:
C.1.- Carreira aproximadamente de 5000 metros, poden participar nesta carreira
todolos/as participantes nados no ano 2003 e anteriores. Coa finalidade de facer que o
evento sexa o máis festivo posible para despedilo ano, premiaranse aqueles disfraces,
traxes, complementos máis orixinais e divertidos para correr/camiñar.
• Hora prevista de saída: 12:45 h
C.2.- Andaina (aproximadamente 2500 metros): nesta andaina/camiñata, non existe
límite de idade, podendo participar dende nenos/as recen nados no seu carro e a súa
familia, ata os máis maiores. Tamén poden participar donos coa súa mascota sempre e
cando, a mascota, leve o material idóneo para a seguridade dos participantes e do evento
en sí. Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedilo
ano, premiaranse aqueles disfraces, traxes, complementos máis orixinais e divertidos
para correr/camiñar.
Na andaina, poden participar todolos/as nenos/as das categorías previas para
menores, sempre e cando teñan o dorsal.
• Hora prevista de saída: 12:45 h
D) RECOLLIDA DE DORSAIS
O própio día do evento, 31 de decembro na praza da Constitución, a partir das 10:30
horas.
E) PREMIOS
O remate da última carreira, realizarase a entrega de premios e trofeos, que se repartirán
da seguinte maneira:
- PREMIOS CATEGORÍA MENORES. (categoría A, B e C).

Medallas para todolos participantes.
Detalle/regalo 1º Mellor disfraz infantil.
- PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA.
Detalle/ regalo 1º Mellor disfraz adulto
- PREMIOS PARTICIPACIÓN.
Todolos/as participantes con DORSAL, poderán degustar un CHOCOLATE CON
CHURROS na Praza da Constitución (obrigatorio ter dorsal para beneficiarse da
promoción).
F) INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no
Campo da Feira, na Rúa de Abadín e na Rúa de Guitiriz
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de
gardarroupa habilitado pola organización
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as
duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no
Campo da Feira.
- Avituallamiento: o rematar as probas todolos/las participantes, teñen habilitada
unha zona de avituallamiento, para rebatila fatiga ou cansancio