Calendario
Info da proba

Cambados San Silvestre

31/12/2017 16:00
Regulamento

IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2017
Data: domingo, 31 de decembro de 2017.
Hora: a partires das 16:30 h.
Lugar: Cambados
Distancia: de 100 a 4.000 m.
Organiza: Clube Atletismo Cambados e Concello de Cambados
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento. Ata o xoves 28 de decembro as 23:59 h.
En www.galitiming.com
Facebook: www.facebook.com/clubeatletismocambados.cac

REGULAMENTO DA PROBA “IV SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2017”
PREVIO Á CARREIRA


Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento.

Art. 2º.- O Clube Atletismo Cambados, con NIF: G94050432 e o Excelentísimo Concello de Cambados ORGANIZAN, o domingo 31 de decembro de 2017, a partir das 16:30 horas a “IV San Silvestre Solidaria de Cambados” sobre un trazado urbano de 4 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba (nados no 2003 e anteriores). Hora inicio: 17:30

Para este ano 2017 haberá San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:
● Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017 (nados nos anos 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), cun percorrido de 100 m. pola Avenida de Galicia. Hora inicio: 16:40
● Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017 (nados nos anos 2007, 2008 e 2009), cun percorrido de 400 m. polo centro urbano. Hora inicio: 16:50
● San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2017 (nados nos anos 2004, 2005 e 2006) , cun percorrido de 800 m. polo centro urbano. Hora inicio: 17:00

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:

• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde. - A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante. - O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...) - Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Clube Atletismo Cambados (rúa Montiño de Arriba, 12. Santome – 36630 Cambados) A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS Faranse na páxina web www.galitiming.com ata o xoves 28 de decembro de 2017 as 23:59 h. Non se admitirán inscricións fora de prazo nin o mesmo dia da proba.

A inscrición será GRATUITA para as categorías infantiles e terá un custe de 1 € para a categoria absoluta. Ademais e debido o carácter solidario da proba, no momento de retiralo dorsal aportarase 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO, que serán doados ao Banco de Alimentos dos Servizos Sociais do Concello de Cambados.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 700 participantes. Para os rapaces limitarase a 350 participantes sumando as tres categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL:
todos/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega de produtos alimenticios non perecedoiros ou produtos de limpeza e de hixiene persoal, que serán doados ao Banco de Alimentos dos Servizos Sociais do Concello de Cambados. Este ano tamén aceptaremos xoguetes para repartir entre os nenos máis desfavorecidos do Concello.



O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS Farase na zona de saída, na Praza do Concello, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:00 h. e as 16:30 h. do día da proba. Na mesma zona farase a entrega do avituallamento final ao rematar a proba.

Art. 7º.- PERCORRIDO As categorías infantís completarán os seguintes percorridos:
● Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos:100 m. pola Avenida de Galicia. Hora inicio: 16:40
● Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos: 400 m. con saida na Praza do Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a izquierda pola Rúa Rollo, xiro a dereita pola Rúa Caracol, xiro a izquierda pola Praza Ramón Cabanillas e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 16:50
● San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos: 800 m. farán dúas voltas ao seguinte circuito: saida na Praza do Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a izquierda pola Rúa Rollo, xiro a dereita pola Rúa Caracol, xiro a izquierda pola Praza Ramón Cabanillas e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 17:00
● Categoría absoluta, 14 ou máis anos: 4 km. Os corredores completarán 2 voltas de 2,5 km. cada unha ao seguinte circuíto urbano: saida na Praza do Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda na Rúa Nova, xiro a dereita na Rúa Lugo, xiro de 180 graos pola Rúa Rego, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Rollo, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a dereita pola Rúa Curros Enríquez, xiro a dereita pola Praza do Concello, xiro a dereita pola Praza Ramón Cabanillas, Rúa Infantas, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Hospital, xiro a izquierda pola Rúa Santa Margarita, xiro a izquierda pola Rúa Albariño, xiro a dereita pola Rúa Nova, xiro a izquierda pola Rúa A Mariña, Rúa Eduardo Pondal, xiro a izquierda pola Rúa San Francisco, xiro a izquierda pola Rúa San Francisco, xiro a dereita pola Avda. Pastora, xiro a dereita pola Rúa Isabel II, xiro a dereita pola Rúa Pontevedra, xiro a izquierda pola Rua San Francisco, xiro a izquierda pola Rua Ourense e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida.
No Voltas ao circuíto: 2. Distancia: 4 km aprox. Horario da saída: 17:30h Avituallamento na zona de chegada ao rematar a proba.

Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES Existe un Centro de Saude a 50 m. da Saida que dispon dos servizos médicos necesarios en caso de accidente ou lesión. O Concello de Cambados dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente que ampara a celebración desta carreira.


Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS Calquer membro da organización, están facultados para retirar da carreira calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS:
● Chupete San Silvestre: Medallas conmemorativas para todolos participantes.
● Mini San Silvestre: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e medallas conmemorativas para todolos participantes.
● San Silvestre Promesas: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e medallas conmemorativas para todolos participantes.
● Categoria Absoluta:
1o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Cesta de Nadal
2o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Lote de Nadal
3o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Lote de Nadal
● Mellores disfraces individuales:
1o Clasificado: 100 € 2o Clasificado: 75 € 3o Clasificado: 50 €
● Mellor disfraz de grupo (minimo 3 para ser grupo):
1o Clasificado: 150 €
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premios que o poder correr polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.
Despois da entrega de premios haberá sorteo de lotes de nadal, estuches de viño e regalos das empresas colaboradoras entre todolos participantes na proba absoluta. Tamén haberá sorteo de regalos para os máis pequenos.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA As persoas participantes disporán de servizo de ducha nun pavillón cercano a chegada e que informaremos antes do dia da proba. Para máis información: atletismocambados@gmail.com