Calendario
Info da proba

Padrón - Pascua

31/03/2018 10:45 - 13:15
Regulamento XXXIX CARREIRA POPULAR DE PASCUA
DATA: 31 DE MARZO DE 2018
HORA: A PARTIR DAS 10:45 h
LUGAR: PADRÓN (PRAZA DE MACÍAS)
DISTANCIA: DE 100 M A 10,5 KM
ORGANIZA: CONCELLO DE PADRÓN
REGULAMENTO
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
2.-CATEGORIAS DE PARTICIPACION
PITUFOS M/F: atletas nados/as no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN M/F: atletas nados/as nos anos 2011, 2012 e 2013
BENXAMÍN – Sub 10 M/F: atletas nados/as nos anos 2009 e 2010
ALEVÍN – Sub 12 M/F: atletas nados/as nos anos 2007 e 2008
INFANTIL – Sub 14 M/F: atletas nados/as nos anos 2005 e 2006
CADETE – Sub 16 M/F: atletas nados/as nos anos 2003 e 2004
XUVENIL – Sub 18 M/F: atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
JUNIOR/PROMESA – Sub 20-23 M/F: atletas nados/as entre 1996 e 2000
SENIOR M/F: atletas nados/as entre 1983 e 1995
MÁSTER A M/F: atletas nados/as entre 1972 e 1982
MÁSTER B M/F: atletas nados/as entre 1962 e 1971
MÁSTER C M/F: atletas nados/as en 1961 e anteriores
3.-DISTANCIAS E
2
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
10:45H PITUFOS 100 mts
10:55H PREBENXAMÍN 450 mts
11:05H BENXAMÍN 700 mts
11:15H ALEVÍN-INFANTIL 2 kms
11:30H CADETE-XUVENIL 3,5 kms
12:00H JUNIOR/PROMESA-SENIORMÁSTER-SUPERVETERÁN
10,5 kms
4.-INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición dos participantes abrirase o venres 9 de marzo ás 12:00h e
pecharase o mércores 28 de marzo de 2018 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra
do prazo indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es )
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata xuvenil): Gratuita
- Adultos (proba absoluta): 6 €
5.-DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada no Paseo do
Espolón a partir das 09:45 h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para
facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal
deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e o
chip suxeito nas zapatillas (todos/as os/as corredores/as teñen a obriga de devolver o chip
ao finalizar a súa proba). Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal ou non leve ou
devolva o chip será descalificado.
É obrigatorio devolver o chip ao finalizar a proba.
6.-DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a
criterio do xuiz arbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
3
7.-PREMIOS EN METÁLICO
Equipos federados
1º - 300 €
2º - 200 €
3º - 100 €
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en
cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos
puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º
compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que
terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de
Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo
santiago@atletismo.gal no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do
clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
8.-TROFEOS,MEDALLAS E AGASALLOS
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
Trofeo especial de Pascua para os/as 3 primeiros/as clasificados/as da proba
absoluta.
Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados.
Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local.
Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a
proba.
Trofeo Superveterán, ao participante de máis idade que finalice a proba,
indistintamente sexa home ou muller.
Trofeo Benxamín, ao participante de menos idade que finalice a proba,
indistintamente sexa neno ou nena.
Medallas para os/as participantes nas categorias escolares
Os premios non serán acumulativos (agás os dos/as corredores/as locais)
Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
9.ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Categorías escolares (ata xuvenil)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de
chegada.
Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría escolar recibirán os seus trofeos
inmediatamente despois da saída da proba absoluta, ás 12:00h na Praza de Macías.
4
Adultos
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será na Praza de
Macías, en torno ás 13:15h.
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é
obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os clubes premiados se acheguen á
zona de retirada de dorsais e cubran un documento cos datos requeridos (presentación do
CIF, DNI ou documento acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio
e tlf de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
10.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación
co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa
sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis,
medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador
(Concello de Padrón).
11.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
- Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar e Pavillón do
Souto (ver mapa cas ubicacións). Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de
meta. Horario: 10:30h a 13:30h.
- Obsequio a todos/as participantes
- Avituallamento intermedio (km 5,5 aprox.) e en liña de meta.
- Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
- Sinalización kilométrica.
- Servizo de gardaroupa.
- Fotografía profesional.
- Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
- Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
- Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).
5
13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas
puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A
organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou
danarse.
-Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e
o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.