Calendario
Info da proba

Arzúa-Ó Pino

08/07/2018 10:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
8 de xullo de 2018
ARTIGO 1: Data e horario
Os Concellos de Arzúa e O Pino organizarán o domingo 8 de xullo de 2018 a II edición
do Medio Maratón “O Gran Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de
21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 10:00 horas da
mañá e transcorrirá polo “Camiño de Santiago” íntegramente.
ARTÍGO 2: Circuito
A saída estará ubicada na localidade de Arzúa, antepenúltimo punto do Camiño Francés
a Santiago de Compostela. A meta estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo
(lugar de Lameiro a carón da Piscina Municipal). O circuito transcurrirá pola penúltima
etapa do Camiño de Santiago.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.
ARTIGO 3: Control técnico da proba
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
ARTIGO 4: Peche de control da carreira
O peche de control da proba realizarase ás 12:45 horas (2 horas e 45 minutos despois
da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira
deberá retirarse do circuito oficial de competición.
ARTIGO 5: Inscricións
a) Realizaranse ONLINE a través da páxina web www.emesports.es onde se
poderá acceder a pasarela de pago da proba. Tamén poderán consultar
información na web da Federación Gallega de Atletismo (Departamento de
Carreiras Populares) www.carreirasgalegas.com. A inscrición estará
aberta ate o 5 de xullo ás 14:00 horas non admitíndose inscricións fora do
prazo establecido nin o día da proba.
Ojo morado Inscrición PRESENCIAL: PROXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN.
c) Os prezos de inscrición serán os seguinte:
Cotas de inscrición:
ARTIGO 6: Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor
PROXIMAMENTE MAIS INFORMACIÓN
Permitirasea recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:15
e as 09:00 horas no lugar de meta (Área RECREATIVA de Lameiro) en Arca-Pedrouzo a
carón da piscina municipal (lugar de chegada da proba).
ARTÍGO 7: Categorías de competición
CATEGORIA AÑOS DE NACEMENTO
Sub 20 masc/fmno 1999-2000
Sub 23 masc/fmno 1996 -1997 - 1998
Senior masc/fmno Desde 1995 e anteriores ata máster
Máster 1 masc/fmno De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 masc/fmno De 40 a 49 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 masc/fmno De 50 a 59 anos cumpridos o día da proba
Máster 4 masc/fmno De 60 anos cumpridos o día da proba en adiante
ARTIGO 8: Utilización dos dorsais
Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados na parte anterior do
corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberá levarse durante toda a
proba. O incumprimento deste artigo será motivo de descualificación.
Non serán admitidos pola organización corredores que non estean inscritos ou corran
sen dorsal ou chip de zapatilla facilitados pola organización correspondentes a outra
carreira.
ARTÍGO 9: Sistema de cronometraxe
O cronometraxe realizarase mediante sistema de chip de zapatilla. Haberá punto de
control ao longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso polos puntos
de control, serán descualificados.
ARTÍGO 10: Colocación previa
Os participantes deberán situarse na liña de Saída, na localidade de Arzúa, 10 minutos
antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. A hora da saida da
proba se producirá ás 10:00 horas da mañá.
CARREIRA ATLETAS POPULARES E
FEDERADOS
Ate o 10 de
xuño
12
euros
Do 11 ao 30
de xuño
15 euros
Do 02 ao 05
de xullo
18 euros
ARTIGO 11: Utilización de medios físicos naturais
Os participantes deberán competir cos seus propios medios físicos, sen ningún material
de apoio. Calquera dúbida sobre iso poderán consultala á organización no momento de
formalizar a inscrición. Non se admitirá o acompañamento por calquera vehículo alleo á
organización. As bicicletas, patíns ou persoas non autorizadas pola organización non
poderán seguir a carreira, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Así mesmo non se
permitirá a participación con coches, sillas de bebés, animais nin correr acompañados de
éstos en ningún momento.
ARTIGO 12: Avituallamentos
Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido aproximadamente nos
puntos kilométricos 5, 10, 15 e Meta para favorecer a hidratación dos participantes.
Estos puntos poderán moverse levemente dos puntos kilométricos indicados en
función da orografía do percorrido.
ARTIGO 13: Servizos médicos
A proba dispondrá dos servizos médicos regulamentarios así como de ambulancias e
coches de apoio.
ARTIGO 14: Outros servicios
A organización porá a disposición dos participantes avituallamentos intermedios e na
meta, servizo de guardarroupa na zona de saída e meta que trasladará á zona de meta
todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas
desde o punto de meta á zona de SAIDA.
OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O LUGAR DE META (AREA RECREATIVA DE LAMEIRO A
CARÓN DA PISCINA MUNICIPAL DE ARCA-PEDROUZO) CUNHA FRECUENCIA DE 15
MINUTOS A PARTIR DAS 08.15 HORAS DA MAÑÁ E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA
UBICADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO EN ARZÚA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 09.30
HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE.
Haberá servizo de duchas e vestiarios no polideportivo m
Premios a clubes federados
Establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do clube. Deberán
rellenar a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición
individual de cada un dos compoñentes do clube. Nesta clasificación só poderán tomar
parte os clubes federados no deporte do atletismo con atletas con licencia federativa en
vigor, feito que se comprobará unha vez remate o prazo de inscrición da proba. Os
clubes poderán ser mixtos.
CLUBES
Categoría Posto Trofeo Premio
Clubes Absoluta 1º Si 300 €
Clubes Absoluta 2º Si 200 €
Clubes Absoluta 3º Si 100 €
Clubes Absoluta 4º Non 75 €
Os premios en metálico estarán suxetos ás retenciónes legais vixentes.
Así mesmo entregaránse trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as da xeral individual,
aos tres primeiros clubes e os tres primeiros/as de cada unha das categorías
establecidas no artigo 7 deste regulamento.
ARTIGO 17: Entrega de premios
A entrega de premios realizarase na zona de meta a partir das 13:00 horas, sendo
obrigatoria a presenza do corredor/a para recibir o premio.
ARTIGO 18: Agasallos “finisher”
Todos os participantes polo feito de inscribirse recibirán unha camiseta e unha bolsa
de corredor. A maiores todos aqueles que logren rematar a proba recibirán un agasallo
de organización “FINISHER”. Este obsequio será personalizado De “O Gran Camiño”
2017.
ARTIGO 19: Reclamacións
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da competición,
ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos
resultados oficiais que serán colocados nun taboleiro oficial da organización.
ARTIGO 20: Descualificacións
Os xuices da proba e membros da organización reservaranse a facultade de
descalificar ao infractor que, comprobada calquer irregularidade: non leve visible o seu
dorsal, o manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou o xuiz
árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha federativa, non completar o
percorrido completo, manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a
documentación que se lle requira, ou incumpra calquer outra norma contemplada nas
normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os corredores/as que non respeten as indicacións da Policía
Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros da
Organización debidamente identificados.
Os corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico
ou trofeo.
ARTÍGO 21: Responsabilidade
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse
os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante
declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o
oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para
realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos
que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
ARTÍGO 22: PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para las
competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2016-2017. Máis
información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
ARTÍGO 23: LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.