Calendario
Info da proba

Padrón San Silvestre

31/12/2017 17:30 - 18:30
Regulamento REGLAMENTO 2ª CARREIRA SOLIDARIA ATLETISMO SAR VERMÚ PETRONI 2017
O Departamento de deportes do Concello de Padron, xunto con Vermu Petroni e Atletismo Sar
organizan a 2ª Carreira Solidaria “Atletismo Sar- Vermú Petroni” o dia 31/12/2017, proba
solidaria para recaudar alimentos que serán doados a Caritas de Padron, xunto con seis
premios de Cheques Solidarios para facer tamén entrega a Caritas Padrón:
- 1º Premio categoría masculina……..Cheque Solidario de 100 €
- 2º Premio categoría masculina……..Cheque Solidario de 75 €
- 3º Premio categoría masculina……..Cheque Solidario de 50 €
- 1º Premio categoría feminina……....Cheque Solidario de 100 €
- 2º Premio categoría feminina……....Cheque Solidario de 75 €
- 3º Premio categoría feminina…..…..Cheque Solidario de 50 €
O Concello de Padron, e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos
morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os
participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan
corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e regulamento
que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador. O descoñecemento destas bases e do
regulamento non exime do seu cumprimento.
O prezo das inscripcions sera a donacion dun kilo dalgún alimento non perecedeiro que se fara
entrega no mismo lugar da saida.
As inscripcion poderan facerse previamente a traves do formulario da Web do club atletismo
Sar-Vermu Petroni ata o sabado 30/12/2017 as 23:59h, asi como unha hora antes do comenzo
da proba no mismo lugar da saida, rogase por favor que as inscripcions se fagan previamente
por motivos dos seguros.
Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando
prohibido cortalo ou dobralo, debendo quedar ben visible o número e a publicidade.
A saida e chegada sera as 17:30h no paseo do Espolon, sera saida unica para todos e os
participantes terán que situarse 5 minutos antes do comenzo da proba.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que
regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
O control de chegada pecharase 45 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor
clasificado.
As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais.
A organización premiará ademáis cun trofeo solidario aos tres primeiros clasificados/as
absolutos que fagan o percorrido correndo, e aos participantes de mais edad e mais novo que
terminen o percorrido correndo ou andando, indistintamente sexa home ou muller.
A entrega de trofeos será ás 18:35h. no mismo paseo do Espolon si o tempo non o impide.
Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización
tomará as decisións oportunas.