Calendario
Info da proba

A Guarda San Silvestre

24/12/2017 10:00 - 12:00
Regulamento San Silvestre Guardesa
24/12/2017 Porto da Guarda
1º - A Sociedade atlética do Trega, coa colaboración do Concello da Guarda, organiza a San Silvestre Guardesa 2017, o día 24 de Decembro do 2017, a partir das 10:30 da mañan no porto da Guarda.
2º A inscrición será 3 € para os participantes da proba absoluta (Sénior e veteráns), pagarase coa recollida do dorsal, e GRATUITA para o resto das categorías.
3º Os horarios aproximados de saída das carreiras populares será á seguinte:

CATEGORÍAS:

1º Carreira: 10:30 800m

Benxamíns mulleres e homes 2009/2010
Alevíns mulleres e homes 2007/2008

2ªCarreira : 10:40 1500m

Infantiles mulleres e homes 2005/2006
Cadetes mulleres e homes 2001 ata 2004

3ª Carreira: 10:50 10km
Sénior mulleres e homes 2000 ata 34 anos
Veteráns A mulleres e homes Dende o 35 anos ata 49 anos
Veteráns B mulleres e homes Dende o 50 anos en adiante

4ªCarreira: 11:50 200m
Prebenxamís mulleres e homes 2011/2012

5ª Carreira : 12:00 100m
Pulgas mulleres e homes 2013 en adiante

Entrega de premios e sorteo regalos


4º - O prazo de inscricións péchase o venres 22 de Decembro as 23:59 horas. AGRADECEMOS QUE SE INSCRIBAN OS QUE REALMENTE VEÑAN A PARTICIPAR.
5º O percorrido para a carreira de 10 km será: será saída e chegada no Porto de A Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Armona, volta por: Lagoas Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto de A Guarda.
Avituallamento líquido no km 5 e sólido e líquido en meta
Resto de categorías no Porto Guardés. Avituallamento líquido en meta e pequeno agasallo para todos os participantes.
Hamburguesa e bebida para consumir no día para todos os participantes das categrías menores.
Chocolate ao acabar para tod@s
6º Dado o carácter popular non se admiten reclamacións.
7º Servicio de duchas nas instalacións do Club de remo Robaleira.
8º As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse :
No e-mail: trega@trega.es
(Nome, Apelidos, DNI, nº Ficha so federados, Club/Localidade, Data nacemento).
Tódolos atletas traerán 4 imperdibles.
9º Na carreira de 10km haberá unha clasificación por categorías de ámbolos dous sexos. No resto das carreiras haberá unha clasificación dos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.
10º Os premios serán trofeos para os 3 primeiros clasificados de todas as categorías e ambolos dous sexos.
Trofeos aos 3 colexios con máis participación nas carreiras dos menores.
11º Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.
12º Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en meta ou secretaría.
13º Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.
14º Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
15º O feito de inscribirse neste pedestrismo popular e federado leva implícita a aceptación deste regulamento.( Regulamento suxeito a posible melloras).