Calendario
Info da proba

Vigo (Carreira do Pavo)

24/12/2017 10:30 - 12:00
Regulamento Delegación en Vigo
da Federación Galega de Atletismo
Casa do Deporte - oficina 21 ‒ Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17 ‒ 36209 Vigo
986 221 500 · Fax 986 441 216 · vigofga@gmail.com
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo
da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 56º GRAN
PREMIO PEDESTRE DO NADAL, a disputar o 24 de decembro de 2017 en Vigo, baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores
detallado en plano adxunto, co seguinte programa:
Distancia
Hora Categoría Anos Nac. Voltas aproximada Cota
10:30 Sub10 2009 - 2010 1 A 645 m Gratuíta
10:40 Sub12 2007 - 2008 2 A 1.29 km Gratuíta
10:50 Sub14 2005 - 2006 3 A 1.94 km Gratuíta
11:00 Sub16 2003 - 2004 4 A 2.58 km Gratuíta
11:15 Absoluta 1 B + 1 C 5.00 km 5 €
Sub18 2001 - 2002
Sub20 1999 - 2000
Sub23 1996 - 1997 - 1998
Sénior 1995 e anteriores ata máster
Máster A 35 - 39 anos cumpridos
Máster B 40 - 49 anos cumpridos
Máster C 50 - 59 anos cumpridos
Máster D 60 ou máis anos cumpridos
12:00 Entrega de premios
3. Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. Non poderán
participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros que
houbesen realizado (durante a presente tempada ou as dúas anteriores) unha marca igual
ou mellor a 950 puntos de táboa IAAF, segundo recolle o artigo 3.4. do Regulamento para
as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista
cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA(1). Esta prohibición non afecta
aos atletas que teñan licenza federativa pola FGA.
(1) http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2018/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
Delegación en Vigo
da Federación Galega de Atletismo
Casa do Deporte - oficina 21 ‒ Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17 ‒ 36209 Vigo
986 221 500 · Fax 986 441 216 · vigofga@gmail.com
4. Inscrición. O prazo para a inscrición péchase o día 20 de decembro ás 24 horas.
As inscricións farán constar: DNI (xuvenil e maiores), nome e apelidos, data de nacemento,
equipo e nº de licenza no caso de atletas federados.
Formalizaranse en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo). Ou no formulario web
dispoñible en carreirasgalegas.com.
5. Entrega de dorsais. Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se
entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 23 de 9:30 a
13 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na secretaría da competición, situada no
«Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela.
6. Establecese un límite de 40 minutos para completar a proba de 5 km. A partir de ese
momento pecharase o control de chegada e quen permaneza no circuíto o fará baixo a sua
responsabilidade seguindo as normas de circulación.
7. Nas rúas con beirarrúas estas non forman parte do recorrido.
8. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo
o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais
9. Premios. Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e
sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios en
metálico para a carreira absoluta de 5 km:
da carreira masculina:
1º 300 €, 2º 150 €, 3º 100 €
e da carreira feminina:
1ª 300 €, 2ª 150 €, 3ª 100 €
10. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos
participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia. Os servizos
médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
Delegación en Vigo
da Federación Galega de Atletismo
Casa do Deporte - oficina 21 ‒ Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17 ‒ 36209 Vigo
986 221 500 · Fax 986 441 216 · vigofga@gmail.com
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará
as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na
carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor, nese orden.