Calendario
Info da proba

Vigo

11/02/2018 10:00 - 12:30
Regulamento “IV CARREIRA DO ENTROIDO CONCELLO DE VIGO”
Vigo, 11 de febreiro de 2018
REGULAMENTO
PRIMEIRO.- O Concello de Vigo organiza o domingo, 11 de febreiro de 2018, a “IV
CARREIRA DO ENTROIDO 2018” con saída e chegada na Porta do Sol. Dado o seu
carácter festivo animase a todas as persoas interesadas a vir disfrazadas.
SEGUNDO.- Poderán participar na mesma, atletas federados e non federados;
dándose unha clasificación conxunta dos mesmos.
TERCEIRO.- DISTANCIAS e HORARIOS:
CUARTO.- PREMIOS:
■ Na carreira absoluta de 10 km:
- Haberá un agasallo ao chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.
- Daranse premios en metálico ós 3 primeiros clasificados absolutos en ambos sexos: 1º
Clasificado/a 300 €, 2º Clasificado/a 200 €, 3º Clasificado/a 100 €.
- Ademais entregaranse agasallos aos 3 primeiros de cada un dos sexos das distintas
categorías establecidas no cadro seguinte:
- Así mesmo tódolos participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo
da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
SAÍDA CARREIRA ANOS/ IDADES DISTANCIA
10:00 Cadete 2002 , 2003 2400 m aprox.
10:15 Infantil 2004 , 2005 1600 m aprox.
10:30 Alevín 2006 , 2007 600 m aprox.
10:40 Benxamín 2008, 2009 250 m aprox.
10:50 Pequerrechos 2010, 2011, 2012 , 2013 60 m aprox.
11:00 Absoluta 2001 e anteriores 5 km e 10 kms
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Xuvenil 2001, 2000
Júnior 1999, 1998
Promesa 1997, 1996, 1995
Sénior 1994 ata 39 anos
Veteranos A entre 40 e 49 anos
Veteranos B entre 50 e 59 anos
Veteranos C con 60 e máis anos
■ Na carreira absoluta 5 km:
- Haberá un agasallo ao chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.
- Darase un premio económico de 150 € ó mellor grupo/conxunto de máis de 5
persoas (que inscribíndose como tal) corran disfrazados. Para determinar cal de tódolos
grupos é o mellor a organización disporá dun xurado a pé de rúa, que valorará a
orixinalidade, sintonía do grupo e graza.
- Así mesmo tódolos participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo
da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
■ No resto de carreiras infantís:
- Haberá premio para os 3 primeiros de cada un dos sexos nas categorías que
seguen:
- Na carreira de “Pequerrechos” (2010, 2011, 2012, 2013), que terá carácter
unicamente participativo, daranse medallas a tódolos participantes.
QUINTO.- PERCORRIDO
As carreiras de rapaces, nenos, pequenos e pequerrechos desenvolveranse na peonil
Rúa do Príncipe. Con saída e punto de encontro no final desta rúa con Praza Porta do
Sol.
A carreira absoluta con saída na Porta do Sol, fará un percorrido polas rúas:
Modalidade Absoluta:
Inicio ás 11:00 horas – Itinerario: Porta do Sol (saída), rúa Elduayen, Paseo de
Alfonso XII, rúa Pi y Margall, rúa López Mora, avenida das Camelias, rúa Romil,
rúa Cachamuiña, Ronda de D. Bosco, rúa Progreso, rúa Doutor Cadaval e
Porta do Sol (remate).
Modalidades infantís:
A partir das 10:00horas – rúa do Príncipe
SEXTO: INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición remata o xoves 8 de febreiro ás 24:00 horas. Tódalas inscricións
realizaranse a través da web championchipnorte.com
A inscrición en calquera das carreiras é gratuita
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Cadete 2002 , 2003
Infantil 2004 , 2005
Alevín 2006 , 2007
Benxamín 2008 , 2009
SÉTIMO: : RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
INICIO PECHE LUGAR
venres 9 de
febreiro
17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos
e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70
Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo,
Pontevedra
Sábado 10
de febreiro
17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos
e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70
Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo,
Pontevedra
OITAVO: SERVIZOS
A organización porá un servizo de asistencia, que velará pola saúde dos atletas.
Contará tamén cos correspondentes seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes,
válidos durante o transcurso do evento.
NOVENO: Todo corredor que non entre en meta co seu dorsal e chip correspondentes
ou que incumpra as normas do presente regulamento poderá ser desclasificado.
DÉCIMO: Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de lenda con publicidade
que conteña mensaxes que atenten contra os principios constitucionais, os dereitos
humanos ou a lexislación vixente.
DÉCIMO PRIMEIRO.- Non está permitido o acompañamento na proba de ningún
vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou patinetes, nin persoas non
inscritas na proba.
DÉCIMO SEGUNDO: As reclamacións ós resultados oficiais deberán realizarse
verbalmente, despois de terse feito públicos e como mínimo 20 minutos antes da
entrega do premio, ante calquera membro do Comité Organizador.
DÉCIMO TERCEIRO: Todo o non previsto neste regulamento resolverase mediante o
consenso dos membros do Comité Organizador da carreira.
DÉCIMO CUARTO: O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do
presente regulamento. Dando vostede autorización ós organizadores a rexistrar total
ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera
outro medio de difusión.
LG
Vigo, na data da sinatura dixital
A xefa do Servizo de Festas
Luz María González Domínguez
Conforme,
A Concelleira de Festas e Turismo
Ana Laura Iglesias González