Calendario
Info da proba

Campañó

26/05/2018 17:00 - 20:00
Regulamento REGULAMENTO
XI CARREIRA PEDESTRE DE
CAMPAÑÓ 2018
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA. A Asociación Cultural, organiza o sábado 26 de maio de 2018, a partir das 18.45 horas, a “XI Carreira
Pedestre de Campañó”, na categoría individual e por equipos.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean
inscritas e acepten e cumpran as condicións de participación. Haberá as seguintes categorías:
CATEGORÍA INDIVIDUAL: Tres voltas ao circuíto.
CATEGORÍA POR EQUIPOS: Os equipos estarán integrados por tres participantes, cada un deles completará unha
volta do circuito. Os equipos poden ser masculinos, femininos ou mixtos, entrando todos nunha mesma clasificación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da
organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida
de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Esta proba pertence au Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición a
persoa participante consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidente e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas en ruta. En todo caso e tal como establece a lei
de Protección de Datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13-
15008 A Coruña.
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito
á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro,
do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a
xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á
dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden
expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo,
estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de
forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse dende o 16 de abril, ata o día 23 de maio de 2018 as 23:59 horas e será en
www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
- Para as categorías sub 20, seniors e master na que o/a deportista pagará a cota de 6 €.
- Para a carreira por equipos a cota de inscrición será de 12€ / equipo.
a) No caso de que o/a deportista das categorías sub 20, seniors e master que se inscriba estivera en
situación de desemprego o día da carreira, marcando a casilla axeitada na inscrición en web, poderá
participar de balde. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento
Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego
en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non
presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de inscrición. A inscrición da
carreira é persoal e intransferible.
Ojo morado Se o/a participante é veciño/a de Campañó deberá inscribirse nas delagadas da Asociación Cultural
Deportiva Campañó, e a inscrición será de balde.
- Para as categorías dende Chupete ata sub 16, a inscrición é de balde e se inscriben en
www.carreirasgalegas.com ou o mesmo día da carreira dende as 12.00 ata as 17.00 horas na Casa da Cultura
de Campañó (Campo da Festa de Cabaleiro).
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no
caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
- CADRO CATEGORÍAS
MASCULINA
FEMININA Idade
Datas
Tope
Inscrición
Recollida
Dorsais Inscric. Cota Chip
Chupete 2018 - 2014
O día 26/05 entre as
12.00 e as 17.00 h na
Casa da Cultura de
Campañó (Campo da
Festa de Cabaleiro)
www.carreirasgale
gas.com
Ou persoalmente
o titor/a, co
nome e teléfono
de contacto
De balde
Non
Pitufo/a 2013 - 2011
Sub 10 2010 - 2009
Sub 12 2008 - 2007
Sub 14 2006 - 2005
Sub 16 2004 - 2003
Sub 18 2002 - 2001 A través da web
www.carreirasgalegas.com
6€ agás desempregados/as

Sub 20 2000 - 1999
Sub 23 1998 a 1996 Ata as
23:59
hora do
23/05
Entre as
12:00 e as
18:00 h, na
Casa da
Cultura de
Campañó
(Campo da
Festa de
Cabaleiro)
Senior Dende 1995 ata 34 anos cumpridos
Máster 1 De 35 a 44 anos
Máster 2 De 45 a 54 anos
Máster 3 De 55 anos en adiante
Equipos 3
participantes
Dende o ano 2002 en adiante.
(categoría única)
Ata as
23:59
hora do
23/05
Entre as
12:00 e as
18:00 h,
na Casa
da
Cultura
de
Campañó
(Campo
da Festa
de
Cabaleiro)
A través da web
www.carreirasgalegas.com
12 €

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531)
e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta
estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información.
Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17,45.
6. AGASALLO. Os/as participantes poderán recoller o seu agasallo, na Casa da Cultura de Campañó, o propio día
da carreira dende ás 12:00 ata ás 18:00 horas.
7. DISTANCIAS
Categoría
Sub 10
Sub 12
Sub 14
Sub 16
Pitufos/as
Chupetes
Sub 18, sub 20,
sub 23, sénior,
máster 1, 2 e 3.
Equipos
Hora saída 17.40 17.50 18.00 18.10 18.15 18.45
Metros 500 800 1.600 100 50
8700 m
3 voltas de 2900
m cada unha.
1 volta de 2900
m cada
participante.
8. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición na Casa
da Cultura de Campañó (xunto á saída).
9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos
cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un
médico para a atención.
10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e
haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro
(Campañó).
11. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o
avituallamento sólido e líquido axeitado.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou os xuíces, están facultados para retirar da
carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que
non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se
reitere en protestas ante a Organización. A proba estará controlada por xuices da Federación Galega de Atletismo.
As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
13. DORSAL CHIP. Establecerase controis de cronometraxe, có propósito de verificar que todos os atletas cubren
a totalidade do mesmo. É obligatorio que os participantes leven o dorsal no peito. Estes controis rexistrarán tamén
os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por os dispositivos de cronometraxe dispostos na saída e
chegada. Os/as corredores/as que non teñan todos os rexistros serán descalificados, sen prexuízo doutros tipos de
controis que poidan montarse.
14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o
circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
15. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...
16. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores
absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina 250 € e Trofeo 150 € e Trofeo 100 € e Trofeo
Feminina 250 € e Trofeo 150 € e Trofeo 100 € e Trofeo
Recibirán material deportivo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Sub 10, sub 12,
sub 14, sub 16,
sub 18 sub 20
sub 23, Senior
e Máster
Masculina Material deportivo
New Balance
Material deportivo
New Balance
Material deportivo
New Balance
Feminina
Material deportivo
New Balance
Material deportivo
New Balance
Material deportivo
New Balance
Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 recibirán unha medalla todos os que rematen
a súa carreira.
Tamén recibirán material deportivo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non
estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao premio de primeiro/a residente en Campañó é
obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

Campañó Masculina Material deportivo
New Balance
Feminina Material deportivo
New Balance
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros equipos.
1º 2º 3º
Equipos Unha cea para 6
persoas.
“Asador
Campaniola”
Unha cea para 3
persoas.
“Restaurante la
Viuda”
Unha cea para 3
persoas.
“Restaurante la
Viuda”
17. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios das categorías: Sub 10, sub 12, sub, 14
e sub 16 efectuarase o remate de cada proba, na misma liña de meta. Para o resto das categorías a cerimonia
comenzará as 20.00 horas no campo da festa de Cabaleiro. Os atletas con dereito aos premios deberán estar
presentes na mesma. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
18. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
19. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información en https://www.facebook.com/carreiradecampano.