Calendario
Info da proba

Boborás

21/01/2018 10:00 - 12:00
Regulamento XVIII CROSS POPULAR DO
CONCELLO DE BOBORÁS
(OURENSE)
ANO 2018
Data de celebración: Domingo 21 de xaneiro de 2018
Hora: 10.00 horas
Organiza: Concello de Boborás
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de
Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:
- Categoría SUB 10, SUB 12,: 10.10 h
- Categoría SUB 14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20: 10.25 h
- Categoría: SUB 23, Seniors I e II, Veteráns I e II: 11.10 h
A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e
estará situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de
Xuvencos.
2. Os participantes deberán de situase no punto de saída
10 minutos antes do comezo da súa correspondente
proba, sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes de todas as categorías poderán inscribirse
a partir do 22 de decembro de 2017 exclusivamente a
través da páxina web www.championchipnorte.com, e
antes do día 17 de xaneiro ás 15.00 horas. Personalizaranse
co nome do participante tódolos dorsais das inscricións
feitas con anterioridade ao martes día 16 de xaneiro de
2018.
Non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por
outros medios diferentes á páxina web.
4. Os atletas inscritos poderán comprobar o listado de
inscrición na web www.championchipnorte.com,
inmediatamente ó finalizar correctamente o proceso de
inscrición e a lista definitiva a partir do día 17 ás 15.00
horas.
5. Non se admitirá ningunha inscrición na que falten datos.
6. Cada atleta participante deberá de aboar a cantidade
de 5 euros para as categorías SUB 23, Seniors I e II,
Veteráns I e II, máis un euro polo chip, agás nas
inscricións feitas o 15, 16 e 17 de xaneiro nas que o prezo
ascenderá a 7 euros máis o euro do chip. Nas categorías
SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20 a inscrición
será gratuíta.
7. Cada participante deberá de achegarse ao punto de
entrega de dorsais e chips, situado no interior do pavillón
municipal, para recoller o seu con antelación suficiente
cun mínimo de 30 minutos de antelación á disputa da
proba. O chip deberá entregarse ao remate da proba,
ao atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro
ou extravío. O chip deberá atarse na zapatilla.
8. O percorrido total será de 7400 metros, os cales estarán
sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo
esta distancia segundo as categorías establecidas SUB
14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20 ( 4500) e SUB 10, SUB 12
(1500).
9. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para
os primeiros clasificados de cada unha delas, e medallas
para o segundo e o terceiro sendo un para home e
outro para muller. Tamén haberá dous trofeos de honra
para o atleta de máis idade que remate a proba, así
como para o máis novo.
10. Tódolos participantes independentemente da
categoría á que pertenzan, recibirán un agasallo
conmemorativo no momento da recollida da dorsal.
11. A organización contará coa colaboración dos
organismos oficiais correspondentes.
12. Está prohibido o acompañamento dos
participantes por persoas ou vehículos de axuda. O
incumprimento desta norma implicará a
descualificación inmediata do atleta.
13. O control de chegada pechará unha hora despois
de que entre o primeiro participante.
14. CATEGORÍAS E TROFEOS
CATEGORIAS ANO DE
NACEMENTO
PERCORRIDO TROFEOS
* SUB 10
* SUB 12
2009 e 2010
2007 e 2008
1500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 14
* SUB 16
2005 e 2006
2003 e 2004
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 18
* SUB 20
2001 e 2002
1999 e 2000
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 23
* Seniors I
* Seniors II
1996,1997 e
1998
1995 ata 1983
1982 a 1971
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* Veteráns I
* Veteráns II
1970 ata 1961
Anteriores 1960
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo:1º
clasificado muller por
categoría
Medallas : 2º e 3º
15. Os circuítos estarán sinalizados segundo cores.
Deste xeito o corredor deberá seguir as marcas segundo
a súa categoría:
Categoría SUB 10 e SUB 12: indicativo verde
Categorías SUB 14, SUB 16, SUB 18 e SUB 20: indicativo azul
Categoría SUB 23, Senior I e II, Veteráns I e II: indicativo amarelo
16. Cada atleta ten o deber de realizar o percorrido
correspondente, co fin de coñecelo, antes da data de
proba. A organización facilitará as indicacións
pertinentes a quen as solicite, e non se responsabilizará
das perdas ou confusións nas rutas e outros problemas
derivados.
17. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no
pavillón municipal (situado ao lado do CEIP Nosa Señora
de Xuvencos) ás 13.30 h aproximadamente.
18. Ao remate da proba, tamén no pavillón municipal,
haberá doces, froita, chocolate e bebidas para tódolos
participantes. Os participantes que o desexen tamén
poderán ducharse e asearse, aínda que non se garante
a auga quente para todos ao ser un sistema por
acumulación.
INFORMACIÓN DA PROBA:
Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón, s/n -32514
Boborás- Ourense)
Tlf: 988402008 E-mail: cultura@boboras.gal