Calendario
Info da proba

Castrelo de Miño San Silvestre

31/12/2017 16:00 - 17:30
Regulamento XIX “SAN SILVESTRE” CASTRELO DE MIÑO
REGULAMENTO
• Data da proba:
Domingo 31 de decembro de 2017.
• Lugar e hora de saída:
Club Náutico Castrelo de Miño.
Categorías menores: 16:00h
Proba absoluta: 16:30h
• Organiza:
BeOne Ourense
Club Atletismo Corredores do Miño.
• Patrocinan:
Concello de Castrelo de Miño
NORMATIVA:
1. Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
2. O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
3. Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
4. A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
5. Prohibido correr sen dorsal.
6. Calquera acción considerada antirregulamentaria pola dirección da carreira
ocasionará descualificación.
7. A organización no se fai responsable de posibles accidentes por uso de equipos
musicais.
8. A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto
ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
• Categorías:
Proba bebes: 2009 en adiante.
1. CHUPETES: Nados/as no 2010 en adiante.
2. BENXAMÍN: Nados/as no 2009 e 2010
Percorrido proba bebes:
Distancia total de 50/ 100m
Probas de menores: nados entre o ano 2003-2008
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
1. ALEVÍN Nados/as no 2007 e 2008
2. INFANTIL/SUB14 Nados/as no 2005 e 2006
3. CADETE/SUB16 Nados/as no 2003 e 2004
Percorrido proba menores:
Distancia total aproximada de 3km
Proba absoluta: nados 2002 e anteriores.
1. JUVENIL/SUB18-JUNIOR/SUB20: Nados/as no 1999, 2000, 2001 e 2002
2. PROMESA/SUB23-SENIOR: Nados/as no 1998 e anteriores, ata veterano
3. VETERANO 1 DE 35-49 ANOS
4. VETERANO 2 DE 50 EN ADIANTE
Percorrido proba absoluta:
Distancia total aproximada de 6 km
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba no lugar establecido para o mesmo dende as
15:00- 15:50.
PEMIOS
1º/1ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 100€
2º/2ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 60€
3º/3ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 30€
1º/1ª Clasificado/a na proba de menores Trofeo (AGASALLO)
Medallas conmemorativas para todos os nenos participantes.
Sorteo de premios económicos (5 premios de 25€)
Sorteo de 10 regalos sorpresa a todos os participantes. O premiado será o encargado
de recoller o premio.
Os sorteos serán realizados durante a realización da proba por parte da organización e
o finalizar a mesma serán anunciados por megafonía. Estes premios serán recollidos
despois da entrega de premios da proba absoluta.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para todos/as atletas que
rematen a proba co dorsal correctamente colocado, entregando o mesmo na zona
habilitada.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó
finalizar a proba. A parte da chocolatada habitual.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na
piscina municipal de Castrelo de Miño.