Calendario
Info da proba

Barreiros

07/01/2018 11:00 - 13:30
Regulamento BASES “CARREIRA POPULAR DE REIS”
ORGANIZA: Café Bar Moderno
CONTACTO E INFO: Xesus Seivane: 982 124 085 - 615 09 21 15
COLABORA: Concello de Barreiros, Protección Civil, Barreiros Mar e Monte
DATA: 7 de xaneiro de 2017
HORA: 11.00 H. Probas infantiles – 12.00 H. Proba absoluta
LUGAR: CAMPO FUTBOL DO CASCABEIRO – BARREIROS – (LUGO)
SAIDAS E CHEGADAS: Campo de fútbol.
INSCRICIÓNS: www.prueba-t.es
CATEGORÍAS MENORES ATA CADETE: Será gratuíta
RESTO DE CATEGORÍAS: 5 euros
O prazo de inscrición remata o día 5 de xaneiro de 2018.
Recollida de dorsais: Día da proba dende as 09:30 horas ata as 11:30 horas, na mesa destinada a tales
efectos.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2012 - 2017 / 100 m. – Carreira non competitiva
- PREBENXAMIN: 2011- 2013/ 200 m. – Carreira non competitiva
- BENXAMIN: 2009 – 2010 / 400 m. (1 volta campo de fútbol)
- ALEVIN: 2007 – 2008 / 800 m. (2 voltas campo de fútbol)
- INFANTIL: 2005 - 2006 / 1.200 m. (3 voltas campo de fútbol)
- CADETE: 2002- 2004 / 1.600 m. (4 voltas campo de fútbol)
- PROMESA: 1998 – 2001 / 12 km.
- SENIOR: 1982 – 1997 / 12 km.
- VETERANO A: 1972 – 1981 / 12 km.
- VETERANO B: 1962 – 1971 / 12 km.
- VETERANO C: NACIDOS ANTES DE 1962 / 12 km.
PREMIOS:
As categorías pitufos e prebenxamín, serán non competitivas e haberá medallas para tódo-los
participantes, no resto de categorías haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría,
tanto masculino como feminino.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
A entrega de trofeos será ás 13.45 h. aprox., na liña de meta.
PERCORRIDO:
O percorrido para as categorías infantiles será dentro do propio recinto do campo de fútbol.
O percorrido para as categorías absolutas será por pistas asfaltadas e camiños de terra compacta, nun
circuíto de 6.000 m. ó que teremos que dar dúas voltas. Distancia aproximada 12 km.
VARIOS:
A inscrición na presente proba da dereito a seguro de accidentes, avituallamento líquido a metade da
carreira, avituallamento líquido e sólido ó remate da mesma, calquer agasallo que a organización poida
conseguir para o evento.
Ó remate da carreira e da entrega de trofeos e de forma opcional, celebrarase unha comida no Café Bar
Moderno de Barreiros. Os prezos para adultos (participantes e acompañantes) será de 10 € por persoa. O
menú infantil será de 5 €. Para apuntarse deberán chamar ó tfno. 982 124 085.
Os participantes estarán cubertos cun seguro individual de accidentes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización.
En caso contrario poderán ser descalificados e perderán os dereitos da participación.
Os participantes deberán pasar por tódolos puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará
lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que
a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de
fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
Tódalas persoas que se inscriban na proba declaran estar aptos fisicamente para participar nela.
Haberá aseos e duchas nos vestiarios do campo de fútbol de Barreiros.