Calendario
Info da proba

Sada

15/12/2017 21:10 - 22:10
Regulamento III Carreira Nocturna de Sada
(Benéfica Cruz Roja/Caritas Sada)


15 de decembro do 2017
Organización: Club Atletismo Sada e Concello de Sada

Categorías:
Medalla conmemorativa:
• chupete… 2017/2016/2015/2014/2013
• Prebenxamines… 2012/2011
• Carreira Adaptada 2 categorías: dende 2016 a SUB 16 cadetes
(2004/2003) e dende 2001 a Master. (Participaran conxuntamente, pero o
coste da inscripción será de 2€ ata cadetes e de 3€ o resto de
participantes)
A efectos de premios haberá 8 categorías:
• SUB 10/Benxamins……. 2010/2009
• SUB 12/Alevins………… 2008/2007
• SUB 14/Infantis……….. 2006/2005
• SUB 16/Cadetes………….. 2004/2003
• SUB 18/xuvenil/xunior……….. 2002/2001
• Senior 2000 ata 34 años
• Master A 35 – 45 años
• Master B 46 en adiante
• Handbike 2001 a Master

Lugar e data : Parque das Brañas, o 15 de decembro do 2017 as 19:00

Recorrido:

https://www.google.com/maps/d/embed?mid=15vGm7HKz7VRusOvc9JbE-DCq530&ll=43.354833596083196%2C-8.252567100000078&z=15

Inscripcions:
A inscripción farase exclusivamente a través da web de
www.championchipnorte.com pecharanse o martes 12 de decembro
Tamén habrá posibilidades de realizar Donacions independentes das
inscripcións.

Cronometraje manual

A inscripción ten un coste de 5€ os adultos que corran na carreira de 5km
(incluindo as HANDBIKE), 3€ Carreira adaptada (poden participar cadeiras de
rodas con axuda doutro participantes) y 2€ os nenos.
No caso que algún adulto y/o neno queira participar na carreira adaptada,
poderá inscribirse nas duas.

A donación es integra para as organizacións
CRUZ ROJA e CARITAS SADA.

O pago realizarase a través da plataforma de www.championchipnorte.com
Para as categorías de prebiberons, biberons y prebenxamins, aceptaranse
inscripcions o mesmo día da carreira ata 30 minutos antes da salida, realizando
o pago en metálico o facer a inscripción.

Premios:
Habera medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.
Tras a conclusión das carreiras dos nenos farase entrega das medallas de ditas
categorías.
E terminada a de adultos, farese entrega das medallas destes e das de
Handbike.

Vestiarios:
Estarán a disposición de tod@s os participantes debidamente señalizados, os
vestiarios das instalaciones do Pabellón Polideportivo de Sada.

Secretaría:

A secretaría para a recollida dos dorsais estará situada xunto a salida.

Distancia aproximada por categorías:
• Prebiberons, biberons y prebenxamins: 100 m (recta salida)
• Sub10/Benxamins: 1 volta (300 m)
• Sub12/Alevins: 2 voltas (600 m)
• Sub14/Infantis: 3 voltas (900 m)
• Sub16/Cadetes: 3 voltas (900 m)
• Carreira Adaptada: 2 voeltas (600 m)
• Sub18/Xuvenil-xunior, senior, Master/veteranos A y B, Handbike: 5 km.

A salida de HANDBIKE será 2 minutos antes da saida do resto de corredores.

18:45 Quentamento de todas as categorías
19:00 Prebiberons Con cadencia de 5 minutos as duas siguientes categorías.
19:15 Sub10 Con cadencia de 10 minutos ata Sun12 e 15 minutos dende Sub14
ata Sub16. 20:30 Carreira Adaptada
21:10 Sub18, Senior, Master e Handbike.

A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmo ou a
outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

A ORGANIZACIÓN CONTA CUN SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E
ACCIDENTES CONFORME Á NORMATIVA EN VIGOR.

A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as
circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible
A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
Soamente permítese aos membros da organización a utilización de vehículos
para o seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o
acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda,
sendo motivo de descualificación.

A proba contará co apoio de Policía Local de Sada, así como de voluntarios do
Club Atletismo Sada.

Os resultados publicaranse nas webs do Club Atletismo Sada,
www.clubatletismosada.com, na web de Championchipnorte.com , en Carreiras
Galegas e na da FGA.

Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está a autorizar a publicación
dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa
nas listaxes oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu
uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores
edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo)
se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción
publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. Cada participante é
responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e
consente que devanditos datos incorpórense a un ficheiro automatizado, do que
é responsable o Club Atletismo Sada. O titular dos datos terá dereito de acceso,
rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica
15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.