Calendario
Info da proba

Vigo

01/12/2017 12:30 - 14:00
Regulamento Carreira Santa Bárbara Vigo Cuvi

O vindeiro 1 de decembro celebrase nos arredores das instalacións deportivas do campus Lagoas Marcosende de Vigo a VIII Carreira popular de Santa Bárbara.

Coa organización da delegación de alumnado da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e coa colaboración da Área de Benestar, Saúde e Deporte.

Inscrición gratuíta ata o 29 de novembro a través de https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1545

Cada participante deberá aportar, polo menos, un kilográmo de alimentos non perecedoiros que se doarán para unha causa benéfica.

Unha forma saudable de celebrar a patroa da minería colaborar nunha acción benéfica e gozar dunha divertida experiencia.

1.- Que é?
Con motivo da festividadede Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o vindeiro día 1 de decembro de 2017 ás12:30 h celebrarase a VIII Carreira Popular Santa Bárbara organizada pola Delegacion de Alumnos/as da ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Antes do evento celebraranse tamén dous encontros de fútbol sala entre preofesorado e alumnado da Escola de Minas.

2.- Quen pode participar?
A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria e tamén ás persoas externas. As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 2000 ou anterior. Para participar nos encontros de fútbol sala é necesario pertencer á Escola de Minas.

3.- Distancia e circuíto
O percorrido ten unha lonxitude total aproximada de 5000 m pola pista de atletismo e o circuito de terra do campus Lagoas - Marcosende. A saída realízase dende a pista de atletismo (liña negra). Dará volta e media ao circuíto interior (liña azul), e catro voltas ao circuíto exterior (liña vermella) para finalizar de novo na pista de atletismo (liña amarela).

4.- Cómo inscribirse?:
As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 29 de novembro.

- Se eres unha persoa externa e aínda non tes conta, crea unha no siguiente enlace CREAR CONTA.
- Autentícate co login e contrasinal recibidos no teu correo electrónico se eres unha persoa externa ou co teu correo da Uvigo ou co teu NIU se eres da comunidade universitaria.
- Fai click no boton azul de INSCRICIÓN desta web.
- Marca o check de aceptar as condicions de participación e confirma a túa a inscrición.

5.- Achega solidaria:
Para participar cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba.

7.- Acreditación e recollida de dorsais:
A recollida de dorsais e de camisetas realizarase o propio día da carreira na liña de meta ata 20 minutos antes do comezo. Propóñemosvos participar na carreira coa camiseta de agasallo.

8.- Premios e agasallos:
Entregarase un trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: absoluta, universitaria e persoas externas (masculinas e femininas).

9.- Outra información de interese:
As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.