Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

02/12/2017 10:30 - 13:30
Regulamento "XXII CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 2 de decembro de 2017 celebrarase o "XXII Cross Guillelme Brown",
proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, atendendo ás
seguintes normas:
1.- HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:
Hora Categoría Ano de nacemento Distancia
10:30 Cadete/Sub16 Feminino
Xuvenil/Sub18 Feminino
2003-2004
2001-2002 3 voltas (2.520m)
10:45 Cadete/Sub16 Masculino
Xuvenil/Sub18 Masculino
2003-2004
2001-2002 4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil/Sub14 Feminino 2005-2006 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil/Sub14 Masculino 2005-2006 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín/Sub12 Feminino 2007-2008 1 volta (840 m)
11:45 Alevín/Sub12 Masculino 2007-2008 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín/Sub10 Feminino 2009-2010 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín/Sub10 Masculino 2009-2010 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín 2011 e posteriores 400 m
12:30 Pais, nais e profesores do
colexio Dende os 24 anos 2 voltas (1.680 m)
12:45 Absoluta 2000 e anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no interior do recinto
escolar.
2.- PARTICIPACIÓN:
Poderán participar atletas federados con licencia en vigor para a tempada 2017/2018
e todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só equipo por
categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel
individual.
3.- INSCRICIÓNS:
As inscricións, dos deportistas federados, realizaranse polos clubes na intranet da RFEA
(https://isis.rfea.es/sirfea2/), antes das 23’59 horas do martes día 29 de novembro.
As inscricións, dos deportistas non federados menores e adultos realizaranse por medio
da pasarela habilitada en www.carreirasgalegass.com antes das 23'59 horas do martes
29 de novembro.
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
4.- DORSAIS:
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes do
inicio do cross.
5.- CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número
de puntos.
6.- PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín,
alevín, infantil, cadete e xuvenil tanto masculino como feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín/sub10,
alevín/sub12, infantil/sub14, cadete/sub16, xuvenil/sub18 e absoluta, tanto masculino
como feminino).
7.- OUTROS APARTADOS:
1.- Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio contará con
350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes, que serán preferentemente
para as categorías escolares e para os adultos en función da súa orde de chegada e
ata acabar as existencias.
2.- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio,
unha vez avisados polos xuíces.
3.- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de
inscrición o seu número.
4.- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
5.- O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos
da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
6.- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en
conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e
ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa
Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante
a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña
"A Merteira", 9 de novembro de 2017.

A DIRECTORA
Asdo.- Mª Isabel Seara Mosquera