Calendario
Info da proba

Vigo

08/12/2017 11:00 - 13:00
Regulamento 1. A Fundación Celta de Vigo e Singletrack Outdoor Sports organizan a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo | IV Invasión Celeste. Proba que se disputará o vindeiro 8 de decembro do 2017 nas inmediacións do estadio de Balaidos,.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido de 6700 metros nas categoría absolutas, 1.000 metros en categorías por debaixo de Cadete incluidos e 50 metros os Chiquipeques. balizado con cintas e conos, por as inmediacións de Balaidos e con meta no interior do estadio.
3. A Carreria tendrá tres diferentes saídas en función das categorías.

11:00 Chiquiceltas. Nenos e nenas nados/as en 2011, 2012, 2013 e 2014 .
Percorrido de 50 metros dentro do estadio.

11:30 Homes e mulleres:
Sub10, nados/as en 2009 y 2010
Sub12, nados/as en 2007 y 2008
Sub14, nados/as en 2005 y 2006
Sub16, nados/as en 2003 y 2004
Percorrido de 1K. Unha volta o exterior do estadio e meta no interior.

12:00 Homes e mulleres:
Junior, nados/as en 1999, 2000, 2001 y 2002
Promesas/Senior, nados/as dende 1998 ata veteranos A
Veteranos A, entre 35 y 39 anos
Veteranos B, entre 40 y 49 anos
Veteranos C, entre 50 y 59 anos
Veteranos D, maiores de 60 anos
Percorrido de 6,7K.



4. Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

5. As inscricións realizaranse a través de la páxina web do cronometrador www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 04 de decembro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado. Do 1 de decembro o 4 as inscricións da proba de 6,7K terán un sobre coste de 2 euros.

6. O coste da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto Benxamín, Alevín, infantil e cadete que será de 5 euros e Chiquipeques que será de 2 euros.

7. Os dorsais e Chip serán entregados o xoves 7 de decembro nun lugar por concretar o día da proba ata as 11 horas nas inmediacións da liña de saída.


8. Coa entrega do Dorsal e Chip entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión celeste.

9. A saída das probas serán no interior do estadio Municipal de Balaidos, o que se poderá acceder dende a grada de Río, porta 19, sita na rúa Avd. de Citroen.
11:00 Saída Chiquiceltas
11:30 Saída 1K
12:00 Saída 6,7K (proba absoluta)
Este horario poderá ser modificado por la organización.

10. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.

11. Premios. Todas las categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados. Chiquipeques non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán unha medalla.

12. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.

14. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.

15. A a organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.

16. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Fundación Celta de Vigo con domicilio social en Rúa Conde de Gondomar 1. 36203 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.

17. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado de saúde óptimo para participar na Carreira da Fundación Celta de Vigo. Comprométome durante o desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.

18. A inscrición de a Carreira da Fundación Celta de Vigo implica a total aceptación deste regulamento.