Calendario
Info da proba

Orro

17/12/2017 10:00 - 14:00
Regulamento 5º Trail Running e Andaina de Orientación de Orro

Día: 17/10/2017 .
Hora: 10:00 .
Localidade: Orro - Culleredo .
Distancia: 18 kms - Andaina 10 kms .
Organizadores: Adtl A Pedrosa e Club Gallaecia Raidb] .
[b]Inscrición:
en [url=ENLACE Á WEB] https://tracktherace.com/es/5-trail-running-e-andaina-de-orientacion-orro-2017[/url].

[url=ENLACE AO FORO]/ Máis información da Carreira de 5º Trail Running e Andaina de Orientación de Orro neste tema do foro[/url]

O vindeiro día 17 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o V Trail Running e a V Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. VER normativa da proba e protección de datos.


AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:

Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores


DISTANCIAS E DESNIVEL:

Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo

Andaina: 10 km con 350 metros de desnivel positivo


PREZOS:

A inscripción dara dereito a:

Realizar a andaina ou o trail

Regalo a todos os participantes

Servizo de ambulancia e médico

Seguro RC e médico de proba

1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica

Cónsome de caldo á chegada

Sorteo de regalos dos patrocinadores

Dispositivo gps de seguimento online (tracktherace.com)

Duchas


Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:

12€ con licenza fedo o trail running

7€ con licenza fedo a andaina

Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto)


Realizando a inscrición entre o 1 de decembro e o 12 de decembro ás 24 horas:

13€ con licenza fedo o trail running

8€ euros con licenza fedo a andaina

Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).


COMIDA POST-EVENTO:

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional. PRAZAS LIMITADAS.

Cómida adultos: 6 €

Callos

Paella

Bebida

Postre

Café

Cómida nenos: 3€ co mesmo menú que os adultos


HORARIOS DAS PROBAS:

Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)

Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)


MATERIAL OBRIGATORIO TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido (na andaina non é obrigatorio pero é recomendable levar algo de auga ou sales, terá tamén avituallamento líquido na metada da proba).

Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización o non ser material obligatorio)

O compás aínda que non é obrigatorio si é moi recomendable

Teléfono móbil acendido os da andaina o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición
No trail non é necesario levar o móbil xa que a organización facilitará un dispositivo gps (tracktherace.com) para poder seguir a carreira online.