Calendario
Info da proba

Santiago

17/05/2018 10:00 - 12:00
Regulamento V CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística,
organizará, o xoves 17 de maio de 2018 a V CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS,
cunha proba absoluta desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da
Cultura e cun circuíto para as categorías de menores nos exteriores da Cidade da
Cultura. Esta proba que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día
das Letras Galegas e co simbolismo dos Camiños de Santiago, réxese polo seguinte
REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A V Carreira Camiño das Letras terá lugar o xoves 17 de maio de 2018 e constará
dunha proba absoluta e doutras para as categorías de menores.
A proba absoluta (das categorías (Sub 23/20), sénior e veteranos) sairá ás 10.00
horas desde as inmediacións do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 km ao longo
da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
Na proba de maiores, poderán participar atletas federados e non federados, pero
haberá unha soa clasificación conxunta. Os participantes deberán situarse na liña de
saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. O
peche de control da proba realizarase ás 11.40 horas e, unha vez pasada esta hora, o
participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición. Os
únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
As probas das categorías de menores (pitufo, pequerrechos, alevín, infantil, cadete
e xuvenil) realizaranse a partir das 10:45 horas por un circuíto na Cidade da Cultura,
coas seguintes distancias e intervalos de tempo:
10:45 h – CADETE-XUVENIL (Sub 16 e Sub 18) NENAS-NENOS 3.000 m aprox.
11:00 h – ALEVÍN-INFANTIL (Sub 12 e Sub 14) NENAS-NENOS 1.500 m aprox.
11:45 h – PEQUERRECHOS (NENOS E NENAS) 700 m aprox.
12:00 h – PITUFOS (NENOS E NENAS) 200 m aprox.
Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización, en función do
número de participantes de cada categoría. As categorías de pitufo e prebenxamínbenxamín
non son categorías federadas.
2. Control técnico da proba
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
3. Categorías
Proba absoluta:
(SUB 23 - 20): atletas nados entre 1996 e 2000
SENIOR: atletas nados entre 1995 e ata 1984
MASTER MASC A: atletas nados entre 1973 e 1983
MASTER MASC B: atletas nados entre 1963 e 1972
MASTER MASC C: atletas nados no 1962 e anteriores
MASTER FEM A: atletas nadas entre 1968 e 1983
MASTER FEM B: atletas nadas no 1967 e anteriores
Proba de menores:
PITUFO M/F: atletas nados no ano 2014 e posteriores
PEQUERRECHOS M/F: atletas nados entre 2009 e 2013
ALEVÍN (sub 12) M/F: atletas nados nos anos 2007 e 2008
INFANTIL (sub 14) M/F: atletas nados nos anos 2005 e 2006
CADETE (sub 16) M/F: atletas nados nos anos 2003 - 2004
XUVENIL (sub 18) M/F: atletas nados nos anos 2001 - 2002
4. Inscricións
a) Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com : A
inscrición estará aberta ata o luns 14 de maio ás 23.59 horas. Non se
aceptarán inscricións fóra do prazo establecido.
Ojo morado O prezo de inscrición será o seguinte:
- Categorías de menores (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
- Categoría de adultos (de Sub 23/20 a veterano):
* Do 8 de abril ao 8 de maio: 8 €
* Do 9 ao 14 de maio: 10 €
5. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase nas instalacións de Área Central Esquina Vermella (
entrada dos taxis, a 100 m pola man esquerda) , nos seguintes días e horarios:
• Martes, 15 de maio, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
• Mércores, 16 de maio, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición
situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas, para a carreira de
adultos e ata as 10.30 horas para as carreiras de menores.
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do
corpo, de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a
proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.
6. Premios e agasallos
Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como
agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a
conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago.
Todos os rapaces recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.
A entrega de premios aos gañadores realizarase progresivamente segundo vaian
rematando as probas, na zona de meta da Cidade da Cultura. Os premios non serán
acumulativos.
Recibirán premio:
- Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán
un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados das categorías de pitufo a máster recibirán un
lote de libros.
- O centro escolar e o club que máis corredores aporten ás carreiras, recibirán
un trofeo e un lote de libros.
7. Avituallamentos
Estableceranse dous puntos de avituallamento nos quilómetros 5 e 10 da carreira
aproximadamente, onde se abastecerá de bebida os atletas. Na liña de meta,
facilitarase a hidratación dos participantes, coa entrega de auga, froita e barriñas de
cereais.
8. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia,
ademais dun fisioterapeuta para urxencias musculares.
9. Outros servizos
A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona
de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo
de duchas no Pavillón do CEIP das Fontiñas e autobuses para facilitar o traslado dos
atletas desde o punto de meta á zona de saída.
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA
FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á
ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS
10. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen
os resultados oficiais.
11. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a
proba e exime a organización desta responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
12. LOPD
Todos os corredores, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan a
publicación do seu nome e da súa imaxe nas clasificacións, nos medios de
comunicación e en internet.
CONSIDERACIÓN DERRADEIRA
Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA,
RFEA e IAAF, por esta orde.