Calendario
Info da proba

Lugo

17/12/2017 11:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO OFICIAL
XV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL 2017
GRAN PREMIO CAIXABANK
A saída terá lugar as 12:00 h na Ronda da Muralla na zona da
Mosquera e fronte o monumento da conmemoración da designación da
Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, e discorrerá polo
seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km:
Saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da
circulación discurrindo pola Ronda ata chegar á altura da Rua do
Teatro xiro a esquerda e subida - Santo Domingo-xiro a esquerda rua da
raiña-paso por LIÑA DE META-xiro a dereita baixando pola rua da Praza
Maior-xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón do Círculo das Artes .
xiro á dereita cara a rua Villalba enfilando recto ata a Avda Ramón
Ferreiro ata a altura da rua Pintor Corredoira . cambio de sentido de
novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo
López Pérez a en dirección á ronda da Muralla discorrendo por ela ata
a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaranse cara á
rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella,
Praza de Avilés, xiro a dereita Dtor Portela ida e volta seguindo
recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda.
Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira,
para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da
Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde
os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á
Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da
Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á
praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional,
rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (praza Maior), e chegada á
Meta situada ao carón da Casa do Concello.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante
o uso de vehículos de axuda nin o acompañamento durante a proba de
carros de bebe ou cans de compañía polo risco que supón de cara a
outros/as atletas, máis tendo en conta a estreiteza do percorrido polo
adarve da Muralla como derradeira parte do percorrido. A non
observancia desta norma implicará a inmediata descualificación dos
atletas acompañados.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o
percorrido co fin de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a
totalidade do circuíto. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de
paso parciais e totais. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR ENRIBA DAS
ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO. Os atletas
que non reúnan todos os rexistros serán descalificad@s.
O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro
clasificado.
Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o
CHIP de cronometraxe ( os que non o teñan en propiedade e o alugaran
)poderán acceder á zona reservada para eles onde recollerán o seu
avituallamento.
CATEGORIAS ABSOLUTAS
Masculinas e Femininas:
Juv/Junior/Promesa 1996-2002
Senior 1995 hasta 34 años
Veteran 1 de 35 hasta 44 años
Veterán 2 de 45 hasta 54 años
Veterán 3 de 55 hasta 64
Veterán 4 de 65 hasta 74
Veterán 5 de 75 en adelante
INSCRICIÓNS LIMITADAS A 1500 ATLETAS
En www.championchipnorte.com
Dende a apertura das inscricións haberá distintos tramos de prezos en
función da data de inscrición:
 Do 23 de Novembro ó 03 de Decembro
o Pago de 5 € +2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
 Do 04 ó 09 de Decembro
o Pago de 8 € +2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
 O 10 e 12 de Decembro
o Pago de 10 € +2 € Aluguer Chip Non Propietarios Chip
Amarelo
HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR E O NOME DO DORSAL
ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.
 Dorsal AZUL “CAIXABANNK”
o Homes: Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10
km
o Mulleres: Marca acreditada igual ou inferior a 00:40:00 en
10 km
 Dorsal NEGRO “EL PROGRESO”
o Homes: Marca acreditada entre 00:36:01 e 00:40:00 en 10 km
o Mulleres: Marca acreditada entre a 00:41:00 e 00:45:00 en
10 km
 DORSAL BERMELLO “COCA COLA”
o Homes: Marca superior a 00:41:00 en 10 km
o Mulleres: Marca superior a 00:46:00 en 10 km
A ORGANIZACIÓN RESERVARASE O DEREITO DE REVISAR OS TEMPOS
MARCADOS E DE RECOLOCAR A AQUELES/AS ATLETAS QUE NON SE
CONSIDERE QUE REALMENTE MERECEN O DORSAL QUE SOLICITAN,
UBICÁNDOOS NO CAIXÓN QUE LLES PERTENCE.
O dorsal deberá de ser colocado visiblemente na parte dianteira
do/a corredor/a, sen poder facer modificación algunha nel de
ningún xeito.
- DADO O ESPÍRITO ESTRITAMENTE DEPORTIVO E POPULAR DESTA PROBA
NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS. A PARTICIPACIÓN LEVA IMPLÍCITA A
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DA PROBA
- A comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan
responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a
outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir
sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada no
presente regulamento.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE PARA A PROBA
- Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse:
 Xoves 14 (Desde 16:00 h) e Venres 15 (Todo o día):
o DECATHLON Lugo en horario comercial.
 Sábado 16 (16:30 h a 20:30 h)
o Carpa Organización situada na parte traseira da
Casa do Concello na Praza Maior en horario das
16:30 h ás 20:30 h.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en
autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na
explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
-GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servizo
de gardarroupa nunha carpa habilitada para elo na zona de META
-DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa
disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural
(Parque Rosalía de Castro) e os vestiarios do Pavillón Municipal
dos Deportes (Rúa Santiago)
INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Publicación no diario ELPROGRESO e na sua paxina web
www.elprogreso.es
Na paxina web oficial da carreira
www.championchipnorte.com
PREMIOS DA CARREIRA ABSOLUTA 10.000 MT
 1º/1ª Clasificad@
o Trofeo
o Torre de Nuñez + Mada de Grelos
o FIN DE SEMANA SEAT PARA DÚAS PERSOAS
 2º/2ª Clasificad@
o Trofeo 2º
o Torre de Nuñez + Mada de Grelos
 3º/3ª Clasificad@
o Trofeo 3º
o Torre de Nuñez + Mada de Grelos
PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULT@S
- Primeir@ clasificad@ de cada
categoría:.......................Trofeo
- Segund@ clasificad@ de cada categoría:
.....................Medalla
- Terceir@ clasificad@ de cada categoría:
.......................Medalla
- Primeir@ - no paso pola Meta Voante GRAN PREMIO DIARIO EL
PROGRESO fronte á sede do diario na Rúa Ribadeo !!!
(Según Bases do diario El Progreso)
- Mellora da marca volta á muralla categoría
masculina....……….….........TROFEO
(Gustavo Platas, 11 de decembro de 2005………06:34 )
- Mellora da marca volta á muralla categoría
feminina……………..…........TROFEO
(Nancy Kiprop, 11 de decembro de 2005 …..…07:44)
TROFEO CAIXABANK
ó atleta máis veterán masculino e a máis veterana feminina da
carreira Absoluta chegad@s a META.
AGASALLO ESPECIAL E OFICIAL DA CARREIRA , AVITUALLAMENTO PARA
TODOS/AS ÓS/ÁS ATLETAS CHEGAD@S Á META, NO LUGAR HABILITADO
POLA ORGANIZACIÓN.
XV LUGO MONUMENTAL
17 DECEMBRO 2017
 11:00 h Categoría MINI: 370 mt (PROBA NON COMPETITIVA)
o Saída rúa Vilalba – Ronda da Muralla – Bispo Aguirre –
Praza Maior – Meta Casa do Concello.
 11:10 h Categoría BENXAMIN/ALEVIN : 700 mt
o Saída Ronda da Muralla – Angel López Pérez – Rúa VilalbaRonda
da Muralla – Bispo Aguirre – Praza Maior – Meta Casa
do Concello.
 11:20 h Categoría INFANTIL/CADETE : 1.500 mt
o Saida Ronda da Muralla – Angel López Pérez – Avda Rodriguez
Mourelo - Avda Dtor Portela ida e volta – Avda Rodriguez
Mourelo - Rúa Villalba - Ronda da Muralla – Bispo Aguirre
– Praza Maior – Meta Casa do Concello.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes por
adultos nin mediante o uso de vehículos de axuda.
A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación
dos atletas acompañados.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip para as
categorías A – B – C na meta. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR
ENRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS. Os atletas que non
reúnan todos os rexistros serán descualificad@s.
CATEGORÍAS
 CATG MINI 2011 – 2013 (non competitiva)
 CATG BENXAMIN 2009 – 2010
 CATG ALEVIN 2007 - 2008
 CATG INFANTIL 2005 - 2006
 CATG CADETE 2003 - 2004
TROFEOS DA CARREIRA categorias BENXAMIN/ALEVIN/INFANTIL/CADETE
 1º/ 1ª Clasificad@
o Trofeo
 2º/ 2ª Clasificad@
o Medalla
 3º/ 3ª Clasificad@
o Medalla
 A categoría MINI non é competitiva.
AVITUALLAMENTO E MEDALLA CONMEMORATIVA PARA TODOS/AS ÓS/ÁS
ATLETAS CHEGAD@S Á META, NO LUGAR HABILITADO POLA ORGANIZACIÓN