Calendario
Info da proba

Lugo

26/11/2017 11:30 - 13:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA da USC
REGULAMENTO
Artigo 1: O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela organiza a I
Carreira Popular Campus Terra da USC. A proba organizarase o próximo domingo día 26
de Novembro ás 11:30 horas, con saída e chegada no Estadio de atletismo Gregorio Pérez
Rivera.
Artigo 2: A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo
ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancia e horarios: O circuíto será sobre asfalto e
terra e estará pechado a todos os vehículos, agás os autorizados pola organización, o recorrido
estará controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
SUB 20 Nados no 1999 e 2000 7400 aprox. 11.30h
SUB 23 Nados no 1996, 97 e 98 7400 aprox. 11.30h
SENIOR Nados no 1995 ata 34 anos 7400 aprox. 11.30h
MÁSTER A De 35 anos a 47 anos 7400 aprox. 11.30h
MÁSTER B De 48 anos en adiante 7400 aprox. 11.30h
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da federación galega de
atletismo: www.carreirasgalegas.com
• As inscricións pecharanse o xoves día 23 ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba
• Os participantes comprométense a aceptar o presente regulamento da proba,
así como as posibles modificacións que poidan xurdir o día da proba
• A inscrición da proba é persoal e intransferible
• A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o regulamento
da proba, incluíndo o punto referente á condición física do participante, que
sexa suficiente para a realización da proba.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento,
a decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Motivo de descualificación son, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar dorsal ou manipular este.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo e
terá un custe de 5 € por persoa. As inscricións pecharanse o xoves día 23 ás 23:59 horas.
Enlace directo: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/carreira-campus-terra-da-usc/89865e2dbae3-ed19-ec92-39e261c61e8f
Da cantidade solicitada en de cada inscrición, será doado 1 € á Fundación galega contra o
narcotráfico
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar
se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
O sábado día 25 dende as 16:00 ate as 20:00h no Edificio Biblioteca Intercentros do Campus
Terra de Lugo.
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, dende as 9:30 ata
media hora antes da saída da proba.
Artigo 7: Premios:
• Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica (Tallas segundo a
dispoñibilidade), que dene a organizacion pregamos sexa utilizada o día da carreira.
• Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira
absoluta.
• Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
• A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e comezará,
aproximadamente ás 12:30h.
• Haberá unha clasificación universitaria Galaica-Duriense; para puntuar serán precisos
un mínimo de 2 mulleres e 2 homes que cumpran a condición de universitarios e que
finalicen a proba (terán consideración universitaria o alumnado, o PAS e o PDI)
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Servizos na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no propio Estadio.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Avituallamento líquido no km 4 da proba.
7. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela
Colaboran: O Concello de Lugo e a Federación Galega de Atletismo.