Calendario
Info da proba

As Pontes San Silvestre

31/12/2017 11:00 - 13:00
Regulamento VII SAN SILVESTRE PONTESA 2017
Data: DOMINGO 31/12/2017
Hora: 11:00
Lugar de Saída: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María)
Distancia: Dende 75 a 5000 metros aproximadamente
Inscripcions: www.carreirasgalegas.com ata o 28 de Decembro as 23:59
Custo: Inscrición gratuíta, para as categorías inferiores mentres que a carreira
absoluta terá un custo de 3 euros
Organiza: Club Atletismo Olympo
Artigo 1. O Club Atletismo Olympo, organiza o vindeiro 31 de decembro de 2017 a VII
San Silvestre de As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5
km en ruta. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da
Federación Galega de Atletismo.
Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para
despedilo ano e dar a benvida ao 2018, polo que a organización agradece e premia
que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.
Artigo 2. Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A Saída e
Chegada farase na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Público Santa María),
comezando polas categorías menores.
Artigo 3. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes
da saída da Carreira, no interior do Mercado Municipal.
Artigo 4. Haberá as seguintes categorías: Biberón, Prebenxamín, Benxamín (Sub 10),
Alevín (Sub 12), Infantil (Sub 14), Cadete (Sub 16), Xuvenil (Sub 18) e Categoría
Absoluta.
Artigo 5. Inscrición gratuíta,para as categorías inferiores, en
www.carreirasgalegas.com ata o Xoves 28 de decembro. (Nome e apelidos, data de
nacemento, club e DNI)
Artigo 6. Haberá premio para os 3 primeiros/as de cada categoría excepto para os
biberóns, que haberá medalla para todos os chegados a meta.
Artigo 7. A saída realizarase na Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María),
os atletas deberán estar na zona de saída 5 minutos antes da súa carreira.
Artigo 8. Non se permitirá o acompañamento de ningún atleta por vehículos alleos á
organización, excepto na categoría de Biberóns, sendo este, motivo de descalificación.
Cortaráse o trafico na totalidade do percorrido da carreira.
Artigo 9. As inscripcións rematarán o día 28 de Decembro ás 23:59. Non se
aceptarán inscripcións o mesmo día da carreira.
Artigo 10. A Organización establecerá os seguintes premios e obsequios:
• Premio ao mellor disfraz das categorías infantís individual
• Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta
• Avituallamento final para todos os participantes.
• Non entrarán en concurso os disfraces comprados, valorarase a imaxinación dos
participantes.
Artigo 11. A Organización reservarase o dereito a solicitar o DNI ou documento
acreditativo da identidade e/ou idade do participante en caso de duda ou posterior
reclamación que poda afectar á entrega de premios da categoría afectada.
Artigo 12. Descalificacións. Calquer atleta poderá ser descalificado por non levar dorsal
ou non levalo de forma visible, e a todo o ancho na zona do peito; por mal estado físico
do deportista ou participar co chip ou dorsal doutro corredor; por participar con un dorsal
non autorizado, entrar na meta sen dorsal ou non levalo colocado correctamente; por
non atender as indicacións da organización e/ou Xuíces e por conductas antideportivas.
Artigo 13. Todos os participantes, polo feito de tomala saída, aceptan o regulamento.
Todo o non previsto no mesmo, resolverase según o establecido no regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta. As reclamacións poderán realizarse ao Xuíz árbitro
da Competición co prazo máximo de 30 mínutos despois da publicación dos resultados.
Artigo14. HORARIOS E DISTANCIAS (aproximadas); as carreiras comezarán ás 11:00
co seguinte orde:
Establecéndose as seguintes categorías:
CIRCUÍTO A: 75m
CIRCUÍTO B: 500m
CIRCUÍTO C: 800m
CIRCUÍTO D: 2500m
Hora Categoría Idade Distancia Observacións
11:00 Biberón Nados entre o 2014 e 2017 75 m aprox 1 Volta A
11:05 Prebenxamín Nados entre o 2011 e 2013 150 m aprox 2 Voltas A
11:10 Benxamín (Sub 10) Nados no 2009 e 2010 500 m aprox 1 Volta B
11:20 Alevín (Sub 12) Nados no 2007 e 2008 800 m aprox 1 Volta C
11:30 Infantil (Sub 14) Nados no 2005 e 2006 1000 m aprox 2 Voltas B
11:45 Cadete (Sub 16) Nados no 2003 e 2004 1600 m aprox 2 Voltas C
12:00 Xuvenil (Sub 18) Nados no 2001 e 2002 2500 m aprox 1 Volta D
12:15 Absoluta Nados dende o 2000 e
anteriores
5.000 m aprox 2 Voltas D
12:20 Andaina Para todas as idades 2.500 1 Volta D
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.