Calendario
Info da proba

As Pontes

06/12/2017 11:00 - 13:00
Regulamento II CROSS POPULAR VILA DE AS PONTES
Data: 6 de Decembro 2017
Hora: a partir das 11:00 (comezando polas categorías
inferiores)
Lugar: Carballeira de A Fraga (As Pontes)
1. O Club Atletismo Olympo organiza o vindeiro 6 de Decembro de
2017 o II CROSS POPULAR VILA DE AS PONTES.
2. Haberá as seguintes categorías: Biberón, Prebenxamín,
Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Categoría Absoluta.
3. Inscrición gratuíta, para as categorías inferiores mentres que a
carreira absoluta terá un custo de 3 euros.
En www.carreirasgalegas.com ata o Domingo 3 de Decembro.
4. Haberá premio para os 3 primeiros/as de cada categoría excepto
para os biberóns e Prebenxamíns, que haberá medalla para todos
os chegados a meta.
5. Premio especial de 1 mantecado por kg de peso para o gañador
e gañadora da proba absoluta, cortesía da pastelería-panadería
San Xosé.
6. A recollida de dorsais realizarase ata 30 minutos antes da
saída de cada proba no local social “local do pulpo” da Fraga.
7. A saída realizarase na Fraga, na beira do local social (explanada
de Concertos da Festa da Fraga), os atletas deberán estar na zona
de saída 10 minutos antes da súa carreira.
8. Haberá Servizo de Duchas, situado no Pavillón Municipal de As
Pontes.
9. HORARIOS E DISTANCIAS (aproximadas):
As carreiras comezarán ás 11:00 co seguinte orde:
CIRCUITO A: 400m
CIRCUITO B: 1000m
CIRCUITO C: 1850m
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.