Calendario
Info da proba

Barreiros

18/11/2017 16:30 - 18:00
Regulamento II Carreira Popular "Ao Son do Masma"
_____________________________________________________________________________
Organiza: Asociación Colectivo Cultural Ollomao.
CIF: G- 27365477.
__________________________________________________________________________________
Data: 18 de novembro de 2017.
Hora*: A partir das 16:30h.
Saída e meta: Escolas de Celeiro de Mariñaos.
1. PRESENTACIÓN.
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros é unha asociación que nace no ano 2006 coa
finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense. Dez anos despois da
súa creación e cunha traxectoria de actividades que avalan a consecución dos obxectivos
plantexados inicialmente, Ollomao actualiza as súas fins fundacionais ampliando os seus
intereses e campos de actuación. É entendendo que os medios a empregar para poñer en valor
e dinamizar un territorio poden ser múltiples e de diversa tipoloxía que se deseña a actividade
que aquí se presenta, na cal destaca a práctica deportiva como ferramenta fundamental.
Nesta década de traballo de Ollomao cómpre destacar as actividades, tanto lúdicas como
formativas e informativas, e de sensibilización, que teñen como protagonista o río Masma ao seu
paso por Celeiro de Mariñaos. Este, principal fluvial de Barreiros e concellos colindantes como
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
2
son Foz, Lourenzá e Mondoñedo, foi nos seus mellores momentos un importante recurso natural,
económico e industrial, véndose na actualidade nun estado de abandono que impide o seu
óptimo aproveitamento e desfrute.
Coa finalidade de dar a coñecer a importancia deste río e reivindicar a súa limpeza e
recuperación, así como de mostrar as múltiples oportunidades que podería ofrecer de verse nun
estado mellorado, o Colectivo Cultural Ollomao planificou para o ano 2016-2017 unha serie de
actividades encaixadas todas elas baixo a marca “Ao Son do Masma”, nome que recibe o festival
de música galega e encontro veciñal que dende o ano 2012 este colectivo ven realizando á beira
do río. Atendendo a esa variedade de oportunidades que podería ofrecer o Masma e sendo a
práctica de actividades deportivas unha delas, deseñouse a realización dunha carreira popular a
carón do río.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao acreditase nos valores de respeto á diversidade social, polo
que nesta proba, na cal non se competirá por equipos senón de maneira individual, fomentarase
a visibilización da muller no deporte así como de persoas con diferentes capacidades funcionais.
Igualmente nesta proba prevese a existencia de modalidades infantís e adultas dada a
importancia de transmitir ás nenas e nenos o significado do respeto e conservación dos valores
naturais e patrimoniais da nosa cultura.
2. CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1. CATEGORÍAS INFERIORES.
Horario: A partir das 16:30h.
- Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías.
- Os tempos serán recollidos pola empresa de cronometraxe Prueba-T.
- A participación nesta proba será gratuíta para as categorías inferiores (dende troitiñas
ata sollas).
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO DISTANCIA
Troitiñas 2012 a 2014 150m.
Troitas 2010 a 2011 250m.
Reos 2008 a 2009 450m.
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
3
Anguilas 2006 a 2007 700m.
Lampreas 2004 a 2005 1200m.
Sollas 2003 a 2002 2.000m.
2.2.CATEGORÍA ABSOLUTA.
Horario: A partir das 17:15h.
- Poderá participar calquera persoa maior nacida no ano 2000 ou anteriores. A persoa
participante debe estar fisicamente preparada e gozar da saúde precisa para a
realización desta proba.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO DISTANCIA
Salmón xuvenil 2000 a 2001 5.600m.
Salmón senior 1981 a 1999
Salmón veterana/o A 1971 a 1980
Salmón veterana/o B 1961 a 1970
Salmón veterana/o C 1960 e anteriores
2.3. CATEGORÍA ADAPTADA.
Horario: A partir das 17:15h.
- Poderán participar nesta categoría aquelas persoas que acrediten unha
disfuncionalidade mínima dun 33% e que opten por non participar na categoría absoluta.
O documento que certifique a correspondente discapacidade deberá ser presentado
presencialmente no momento da recollida de dorsais.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO DISTANCIA
Salmón adaptado 2.000 e anteriores 2.000m.
Paseo pola integración “Quen non corre, camiña”: Tras a saída das categorías absolutas,
arrincará un paseo dende a Ponte do Barral ata o barrio de Rexa (aproximadamente 2.000m),
especialmente pensado para que persoas con algún tipo de discapacidade que non opten por
algunha categoría competitiva teñan tamén cabida nesta actividade. Poderá tomar parte calquera
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
4
persoa que desexe sumarse. Este paseo non será unha proba competitiva, a participación no
mesmo é gratuíta e non é preciso inscribirse previamente.
*Os horarios son orientativos, podendo variar ata en 10 minutos en función do desenvolvemento
das probas.
3. RECURSOS DISPOÑIBLES PARA A ORGANIZACIÓN DESTA PROBA.
a) De seguridade:
- Contarase coa asistencia de persoal voluntario en distintos puntos do percorrido, especialmente
nos cruces de camiños, como apoio á sinalización e atención das persoas participantes.
- Será solicitada a colaboración do equipo de Protección Civil do Concello de Barreiros.
- Contarase con, como mínimo, un/unha profesional médico e ambulancia.
- Todas as persoas participantes disporán da cobertura esixida en materia de seguros polo
corresponde Regulamento.
Ojo morado Servizos hixiénicos e de avituallamento:
- As persoas voluntarias situadas en distintos puntos do percorrido disporán de botellas de auga a
disposición das persoas participantes na carreira.
- Haberá aseos, e servizo de duchas a disposición das/os corredores ben de tipo portátil ou en
instalación municipais próximas.
- Ao remate da proba ofrecerase a todas as persoas presentes comida e bebida.
4. REGRAS PARA A PARTICIPACIÓN.
- As persoas participantes aceptan ao formalizar a súa inscrición nesta proba a toma de
imaxes nas que aparezan, e consinten a difusión das mesmas para fins de promoción e
información da actividade, así como a difusión do nome e apelidos para a mesma
finalidade.
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
5
- Para participantes menores de idade, a nai, pai ou titor/a legal autoriza no momento da
inscrición a toma de imaxes nas que apareza a/o menor, consentindo a difusión das
mesmas para fins de promoción ou información da actividade.
- As persoas participantes deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da
carreira.
- Será motivo de descalificación calquera incumprimento deste regulamento, non
completar a totalidade do percorrido, deterioro do entorno, non levar o dorsal visible ou
desatender as indicacións da organización, así como calquera comportamento
antideportivo que estime a organización.
- Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ás
persoas participantes en moto, bicicleta ou outro medio por todo o circuíto.
- A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polas
persoas participantes.
- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
- Toda persoa participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e
regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á
organización ou a calquera outra entidade patrocinadora ou colaboradora, ante todo
tipo de accidente, lesión ou eventualidade derivada da súa participación na proba, e
que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todas as persoas participantes
inscritas na proba están amparadas por un seguro de responsabilidade civil, polo
que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o
Nome e Apelidos de cada participante.
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
6
5. INSCRICIÓN.
- As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun custo de 5€ para a categoría
absoluta e adaptada.
- As inscricións serán gratuítas para as categorías inferiores (dende troitiñas a sollas)
e realizaránse a través da páxina www.prueba-t.es.
- Para as tres probas a data límite de inscrición será o 2 de novembro de 2017.
6. PERCORRIDO.
- As probas serán realizadas sobre zona asfaltada. Os tramos a percorrer serán diferentes
en función da categoría na que se participe, realizándose as probas inferiores na
explanada da Escola de Celeiro de Mariñaos e camiños asfaltados próximos, e sendo o
tramo máis longo dun total de 5.600m. a empregar camiños asfaltados do termo
parroquial de Celeiro de Mariñaos.
Percorrido da categoría absoluta:
- Start/End: Refírese ao punto de saída e meta da carreira xeral. Este punto está situado
na Escola de Celeiro de Mariñaos (situada a carón da Estrada Xeral 634, sen interferir
en ningún caso a esta vía de comunicación).
- Lap 1/Lap 2: Cada “lap” sinala 1Km. de distancia. O tramo dende a saída ata o lugar
coñecido como “Ponte do Barral” (sinalado cun O) será de ida (dende a meta) e volta
(ata a meta).
Regulamento I Carreira Popular Ao Son do Masma
18 novembro 2017. Celeiro de Mariñaos.
7
- Lap 3/Lap 4: Tras pasar o lugar anteriormente sinalado (Ponte do Barral), o circuíto
continúa cara o barrio de Rexa (entre os lap 2 e 3) e continúa en sentido circular ata
chegar de novo á Ponte do Barral.
7. ENTREGA DE PREMIOS.
Todas as persoas participantes nas categorías inferiores e na categoría adaptada recibirán un
obsequio. Serán premiadas as 3 primeiras persoas en chegar á meta, tanto da modalidade
feminina como masculina, de cada categoría da proba absoluta.
Estas bases son creadas pola organización da I Carreira Popular “Ao Son do Masma” en outubro
de 2016, e mantéñense vixentes para as vindeiras edicións de non ser aprobados cambios das
mesmas.