Calendario
Info da proba

Pontecesures

06/12/2017 11:30 - 13:30
Regulamento XVIII CARREIRA POPULAR DE
PONTECESURES
Mércores 6 de decembro de 2017
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 11:30 horas
O Concello de Pontecesures organiza a XVIII edición da súa carreira popular na
localidade de Pontecesures o mércores 6 de decembro de 2017 a partir das 11:30 horas
e de acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices
(Federación Galega de Atletismo).
2. Categorías dos participantes e horario das probas:
CATEGORIAS E HORARIOS
CATEGORIA ANOS NAC DISTANCIA HORA
PITUFOS / AS 2013 e posteriores 200 m 13:25 h
PREBENXAMIN 2011/2012 500 m 11:30 h
BENXAMIN 2009/2010 850 m 11:40 h
ALEVIN 2007/2008 850 m 11:50 h
INFANTIL-CADETE 2005/2006 - 2003/2004 1.700 m 12:00 h
XUVENIL / JUNIOR De 1999 a 2002 9 Kms aprox 12:20 h
PROMESA / SENIOR De 1982 a 1998 9 Kms aprox 12:20 h
MÁSTER
MASC/FMNO A
De 1973 a 1981 9 Kms aprox 12:20 h
MÁSTER
MASC/FMNO B
1972 e anteriores 9 Kms aprox 12:20 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 13:30 HORAS
NA PRAZA DO COCHE DE PEDRA /
NO CENTRO SOCIAL EN CASO DE MAL TEMPO
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE
A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES)
3. INSCRICIONS
 A inscrición da proba absoluta (de xuvenil/junior a veteranos) poderá realizarse
nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago
con data límite o luns 4 de decembro ás 22 horas*.
 A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través
das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.fgatletismo.es/santiago (data límite: luns 4 de decembro ás 22
horas*).
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).
PREZOS DA INSCRICION
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA
 PROBA ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veterán): 5 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono
981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
FGAsantiago@gmail.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día
da proba.
4. PREMIOS E AGASALLOS
Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba
absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das
categorías escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON
acumulativos).
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da
proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase
medalla a todos os participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
5. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e
realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba –mércores 6
de decembro de 2017- de 9.00 a 11.15 horas], a carón da saída das probas.
Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo,
preferentemente na zona do peito, respectándose a publicidade existente neles. Na
proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do
dorsal.
6. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a
entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.
7. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
8. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da RFEA en vigor.
10. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF en vigor. NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación
Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008
A Coruña.