Calendario
Info da proba

Lousame

30/12/2017 15:30 - 18:00
Regulamento I ANDAINA+TRAIL “SAN SILVESTRE”
“MINAS DE SAN FINX”
LOUSAME 2017
Sábado, 30 de decembro
REGULAMENTO
O Club Lousame Deporte, organiza a actividade I TRAIL + ANDAINA “MINAS DE
SAN FINX” LOUSAME 2017 que se celebrará o sábado 30 de decembro con saída no
poboado das minas de San Finx e chegada no polideportivo municipal “Pilar Barreiro
Senra” situado no lugar de “A Silva”.
- Localidade de saída: Poboado das minas de San Finx. 42º45´35.84”N
8º49´51.23”O
- Localidade de chegada: A Silva, Polideportivo “Pilar Barreiro Senra”,
Lousame. 42º46´19.46”N 8º51´25.91”O
DISTANCIA: 15 Kms aproximadamente
 ANDAINA
 SAÍDA: ás 10:00 h.
 RECOLLIDA DE DORSAIS: Dende as 8:15 h ata as 9:15 h.
 SAÍDA DE AUTOBUSES: ás 9:20 h dende o Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra
 TRAIL
 SAÍDA: ás 15:40 h.
 RECOLLIDA DE DORSAIS: Dende as 13:45 h ata as 15:00 h.
 SAÍDA DE AUTOBUSES: dende o Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, as
14:00 h, 14:30 h e as 15:00 h
Na modalidade de Trail e obrigatorio que cada corredor leve teléfono móbil, e tamén
é aconsellable levar un frontal con luz
1. Inscricións:
As inscricións, consulta de clasificacións e tempos centralizaranse na páxina
web www.emesports.es, o atleta deberá cubrir o formulario de inscrición, que estará
limitada a un maximo de 250 participantes.
A data límite de inscricións será o martes 26 de decembro de 2017 as 23:59
horas.
A inscrición que dá dereito a participar na actividade, seguro de
responsabilidade civil, seguro de accidentes, avituallamentos, duchas e agasallos
conmemorativos.
Tódolos participantes polo feito de tomala saída, aceptan o presente
regulamento e a cesión dos dereitos de imaxe e contidos audiovisuas (sen fins
comerciais) á organización.
O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
2. Sinalización e controis:
Os percorridos estarán sinalizados con cintas de baliza e sinais, controlados polas
Agrupacións de Protección Civil colaboradoras no evento, así como os puntos de
avituallamento e aqueles lugares que o requiran tanto polo seu interese como por seguridade;
Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales
poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
3. Avituallamentos:
No kilómetro 5,9 na aldea de Aguieira e no kilómetro 11,8 na saida da fábrica de papel
de Fontán, na aldea do Castro e ó remate da proba no polideportivo municipal “Pilar Barreiro
Senra”.
4. Recordos e trofeos:
Os/as participantes tanto na modalidade de Trail coma de Andaina, serán
agasallados cunha braga técnica para a protección do cuello conmemorativa da
actividade.
Os trofeos soamente serán para a modalidade de Trail, para os tres primeiros
clasificados da categoría masculina e da categoría feminina absoluta ( Entrega ás 18:30
h. no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra )
5. Exclusións:
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes condicións: non
seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco tanto ao entorno como
aos demais participantes; non respectar a todos os participantes; non cumprir as indicacións
da organización; non respectar o medio ambiente e a propiedade tanto pública como privada e
non depositar os residuos nos lugares que se habiliten para tal fin. Dado o carácter
estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos
participantes o mellor espíritu deportivo.
6. Limitacións e doenzas:
Os participantes teñen a obriga de comunicar á organización se padecen
algunha doenza ou limitación que poida requerir unha atención especial no
desenvolvemento da actividade; en caso contrario, as consecuencias serán sempre da
súa responsabilidade. No caso de deporte adaptado, valorarase a situación de cada
atleta.
7. Cambios e suspensión:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.
8. Responsabilidade:
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade,
sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos
circuitos delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos
personais que poidan extraviarse ou danarse.
9. Dorsais:
A tódolos participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu peito de
forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada. O feito de non
levalo dará lugar á descalificación do corredor.
Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I.
Os/as participantes recollerán os dorsais no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra, e posteriormente levaránse en autobuses ata a línea de saída ( poboado da
Minas de San Finx )