Calendario
Info da proba

Bueu

12/11/2017 10:00 - 13:00
Regulamento XXII CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO
BUEU 2017
1) PRESENTACIÓN.
O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes organiza o
domingo 12 de novembro a XXII Carreira Pedestre de San Martiño.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó.
Primeiramente, a partires das 10:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e xa logo
ás 12:00 horas celebrarase a carreira de 6 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).
• Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías
• Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e somentes se tomará a
referencia dos tres primeiros clasificados.
Categorías:
´
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2013 a 2015
MINIBENXAMÍN 2011 a 2012
BENXAMÍN 2009 a 2010
ALEVÍN 2007 a 2008
INFANTÍL 2005 a 2006
CADETE 2003 a 2004
Categorías e horarios aproximados
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Alevín feminino 800 metros 10:00 h
Alevín masculino 1500 metros 10:10 h
Infantil masculino/feminino 2000 metros 10:20 h
Benxamín feminino 500 metros 10:35 h
Benxamín masculino 500 metros 10:45 h
Cadete masculino/feminino 3000 metros 10:55 h
Minibenxamín masculino 300 metros 11:15 h
Minibenxamín feminino 300 metros 11:25 h
Chupete (conxunta) 100 metros 11:35 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o
desenrolo das probas.
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “F”).
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 1 km. de percorrido ao longo da
Avda. De Montero Rios (beiramar) o que se darán 3 voltas (1 quilómetro ida e 1
quilometro volta) para así completar os 6 quilómetros dos que consta a proba
absoluta.
• Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso
• Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 16 anos, o corredor/a ten
que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen
padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa
participación en dita proba. O deportista asume que para a realización da da proba
é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.
Categorías.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2001 a 2002
SENIOR 1978 a 2000 (DE 17 A 39 anos*)
VETERÁN “A” 1977 a 1973 (DE 40 A 44 anos*)
VETERÁN “B” 1972 a 1968 (DE 45 A 49 anos*)
VETERÁN “C” 1967 a 1963 (DE 50 A 54 anos*)
VETERÁN “D” 1962 a 1958 (DE 55 A 59 anos*)
VETERÁN “E” 1957 a 1953 (DE 60 A 64 anos*)
VETERÁN “F” 1952 e ANTERIORES (65 E SUPERIORES*)
Categorías e horarios aproximados
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO**
Absoluta 6000 metros 12:00 h
*Anos cumpridos a 31 de decembro de 2017.
**Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o
desenrolo das probas.
2.3.- NORMATIVA PARA ÁMBALAS DÚAS CARREIRAS.
• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
• Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como
dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de
toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un
seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición
figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
3) INSCRICIÓNS.
• As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun costo de 6€ por participante
para a categoría absoluta de 6 quilómetros que inclúe o dorsal, bolsa de agasallos
conmemorativos(para as 250 primeiras inscricións), froita e bebidas.
• As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da
mesma páxina da categoría absoluta (excepcionalmente aceptaranse inscricións na
categoría chupete ata 30 minutos antes de comezar a proba)
• Para os colexios de Bueu se repartirán os formularios de inscrición que deben ser
devoltos como moi tarde o 3 de Novembro de 2017
• Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 9 de novembro.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
4) PERCORRIDO
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 1 km. de percorrido ao longo da
Avda. De Montero Rios (beiramar).
5) ENTREGA DE PREMIOS.
• Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
• Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non
acumulativos)
• Absoluta: Ademais dos correspondentes trofeos, recibirán os seguintes premios en
metálico, tanto na categoría feminina como masculina:
1º Clasificad@: 75€
2º Clasificad@: 50€
3º Clasificad@: 25€
• AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante da categoría absoluta,
que conterá: Agasallo conmemorativo da proba, froita, auga e outros pequenos
detalles que puideran aportar as casas colaboradoras.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na XXII Carreira Pedestre
San Martiño de Bueu leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.