Calendario
Info da proba

Sada

25/11/2017 13:00 - 14:30
Regulamento 


ORGANIZAN
Club Atletismo Sada e Concello de Sada coa colaboración da
Federación Galega de Atletismo
Proba incluida no II Circuito Galego de Campo a Traves
PARTICIPANTES
Categorías Xuvenil, Junior, Promesa, Serior e Veterán
CATEGORÍAS a efectos de premiación haberá 4 categorías.
 XUVENIL: nados nos anos 2001-2002 masculino e feminino.
 SENIOR (INCLUIDOS SENIOR, JUNIOR E PROMESA) nados nos
anos 2000- ATA 34 ANOS Masculino e feminino.
 VETERANOS A: DE 35 A 45 ANOS (INCLUIDOS) Masculino e
feminino
 VETERANOS B: DE 46 EN ADIANTE (INCLUIDOS) Masculino e
feminino


ww.clubatletismosada.com 2

LUGAR E DATA
Circuíto de Mondego (Sada), o 25 de novembro 2017
https://goo.gl/maps/ijBH38KSVW12
Previamente a partir das 11 da mañan se celebrará a 1ª Xornada
Escolar Campo a Traves
INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas participantes neste 3º Cros Sada, farase
antes das 23:59 horas do mércores 22 de novembro do 2017, a
través do formulario disponible na páxina web do Club Atletismo
Sada
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScewd8gWrBhDZVGYagpEoAQJY-dgzLjCKf8cExfqeHo4prAg/viewform
A inscripción ten un coste de 3 € para federados e 4 € para non
federados (coste de licencia de día, co seguro). Se pagará no
momento da retirada do dorsal, o mesmo día da proba na zona de
saida dende as 10:30. Pregase traer o importe exacto.
PREMIOS
Haberá medallas/diplomas para os 3 primeiros clasificados de cada
categoría. Se entregarán o remate das probas.


ww.clubatletismosada.com 3
VESTIARIOS
Estarán a disposición de todos os participantes debidamente
sinalizados, os vestiarios dentro das instalacións do Colexio de
Mondego (Sada)
SECRETARÍA
A secretaría para a recollida dos dorsáis, estará situada na entrada
do circuito.
DISTANCIAS POR CATEGORIA
 XUVENIL FEMININO: 2.750 m (aprox) CS+2 VG+CM
 RESTO DE CATEGORIAS MACULINO E FEMININO: 4.050 m
(aprox) CS+3 VG+CM
CS Cola de Saída 75 mts
CM: Cola de meta 75 mts
VG: Volta Grande 1300 mts. aprox
As distancias das voltas, ou os percorridos poderán sufrir
variacions respecto o dibuxo inicial, en función das condicions
climatolóxicas e o estado do terrreo.
HORARIO DAS PROBAS
A retirada de dorsais poderán facela dende as 10:30 horas, ata
media hora antes do comezo das Probas
13:00 Saida categoría feminino: xuvenil, senior e veteran
13:30 Saida categoría masculina: xuvenil, senior e veteran
Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados
pola normativa oficial da Federación Galega de Atletismo, que pode
consultarse na páxina web da federación: www.atletismogalego.org


ww.clubatletismosada.com 4



ww.clubatletismosada.com 5
A organización non se fai responsabel dos danos morais causados a si mesmos
ou a outras persoas causadas polos participantes desta carreira.
A ORGANIZACIÓN TEN SEGUROS DE RESPONSABILIDADE CIVIL E
ACCIDENTES DACORDO COA NORMATIVA EN VIGOR.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito a modificar estas normas se as
circunstancias así o aconsellan, avisandona na medida do posible.
As reclamacións pódense facer ao Árbitro da proba, verbalmente ata 30'
despois da presentación dos resultados.
O non recollido neste regulamento recollerase de acordo coas normativas da
FGA, RFEA e IAAF nesta orde.
A participación implica a aceptación total do regulamento desta proba.
A proba contará co apoio da Policía Local de Sada, así como dos voluntarios do
Club Atletismo Sada.
Os resultados publicaranse nos sitios web do Club Atletismo Sada,
www.clubatletismosada.com, Carreiras Galegas e FGA.
Cada participante, ao formalizar a súa inscrición, autoriza a publicación dos
seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos
listados oficiais, nos medios e / ou na internet, así como no seu uso para o envío
de información relacionados co evento, incluídas edicións posteriores. Tamén
autoriza que as imaxes recollidas (fotografía ou video) poidan ser utilizadas de
forma intemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único
propósito de promover e difundir o evento. Cada participante é responsable da
veracidade dos datos facilitados na súa inscrición e acepta que estes datos
sexan incorporados a un ficheiro automatizado, polo cal o Club Atletismo Sada
é responsable. O titular dos datos terá dereito a acceder, rectificar, cancelar e
opoñerlle nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro,
de Protección de Datos de Carácter Persoal.