Calendario
Info da proba

Volta a Ría-Fene

03/12/2017 10:00 - 12:20
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR
“XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
O vindeiro día 3 de Decembro de 2017, ás 10:00 horas, terá lugar a saída do
“XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS"-VOLTA Á RÍA, que se organizará
conforme co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
ARTIGO 1
O Concello de Fene, en colaboración cos Concellos de Ferrol, Narón e Neda,
organiza a XXXII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros -
Volta á Ría”.
As proba terán lugar o día 3 de decembro de 2017 a partir das 10:00 horas,
emperzando cas probas de menores.
ARTIGO 2. PARTICIPANTES
A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de
sexo.
En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no
ano 2001 e anteriores.
Cada corredor/a participa na media maratón baixo a súa responsabilidade e
declara que dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
2 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
A Organización terá potestade para descualificar a calquera atleta que a
propósito da súa imposibilidade para participar na proba, proporcione datos
erróneos para poder facelo.
ARTIGO 3. PERCORRIDO E DURACIÓN.
O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) sobre asfalto
e discorrerá polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda e será o seguinte:
FENE:
➢ Avenida do Mar de San Valentín – Rodear vivendas de San Valentín
➢ Avenida das Pías
FERROL
➢ Avenida das Pías
➢ Avenida do Mar
➢ Rúa Tellerías
➢ Avenida de Esteiro
➢ Avenida de Vigo
➢ Rúa Ricardo Carvalho Calero
➢ Estrada de Castela
NARÓN
➢ Ponte das Cabras
➢ Estrada de Castela
➢ Rotonda de Freixeiro
➢ Estrada de Castela
NEDA
➢ Ponte de Xubia
➢ Avenida de Xubia
➢ Avenida Algeciras
➢ Puntal
FENE
➢ Avda Conces
➢ Cruce Igrexa
➢ Avenida das Pías
➢ San Valentín
➢ Avenida do Mar
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
3 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
A proba está incluída dentro do calendario oficial da FGA.
A saída e a meta serán no Pavillón polideportivo da Xunqueira – San Valentín.
O Percorrdio estará sinalizado cada 5 km.
O tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 20 minutos.
O circuito estará controlado e vixiado pola Garda Civil de Tráfico, Policía Local
e Protección Civil dos catro concellos e coa colaboració da organización.
Poderán actuar como colaboradores os habilitados pola organización
Está prohibido o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.
O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
atletas que a infrinxan. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán
os das forzas de seguridade e os de apoio á organización, que contarán con
roupa apropiada e visible.
ARTIGO 4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
4.1) Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de
inscrición a través da web: www.carreirasgalegas.com e realice o pago da
inscrición. Poderanse realizar inscricións ata o mércores 29 de novembro ás
23:59 horas.
4.2) Os participantes comprométense a:
 Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
 Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se
vexa obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.3) A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán
devolucións, baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
4 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
4.4) A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á
organización, patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais
organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento se
puidese derivar tal como: perda de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, lesións, …”
4.5) A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente
regulamento. En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida
neste, estarase ao que dispoña a organización.
Descualificacions: O servizo médico da competición e os xuices árbitros están
facultados para retirar da carreira a:
- Calquera atleta que manifeste un mal estado físico
- Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
- Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou
manipule a publicidade ou o fotocopie.
- Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se
retire en protestas ante a organización, á marxe do estipulado no
apartado de reclamacións.
ARTIGO 5. CATEGORÍAS
• Sub 20 - Nacidos/as en 1999 e 2000.
• Sub 23 - Nacidos/as en 1996, 1997 e 1998.
• Sénior - Nacidos/as en 1995 ata 1983.
• Máster A - Nacidos/as en 1982 ata 1977.
• Máster B - Nacidos/as en 1976 ata 1968.
• Máster C - Nacidos/as en 1967 ata 1958.
• Máster D - Nacidos/as en 1957 e anteriores.
• Dicapacitados/as en cadeira de rodas e Handbike (Nacidos/as en 2000 e
anteriores)
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
5 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
A organización poderá solicitar documentación onde conste a data de
nacemento dos participantes. Se non se achega, poderá ser motivo de
descualificación.
ARTIGO 6. CUSTO DA INSCRICIÓN
Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes deberán
pagar a cantidade de 4 €.
ARTIGO 7. CARREIRAS PARA MENORES
A continuación da saída da carreira absoluta terá lugar a carreira das
categorías de menores, descorrerendo polo Concello de Fene cos mesmos
puntos de saída e chegada que a carreira principal na Avenida do Mar de San
Valentín, cos seguintes percorridos e distancias:
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Sub 18: 2001 / 2002 10:02 4.000 m.
Sub 16: 2003 / 2004 10:02 4.000 m.
Sub 14: 2005 / 2006 10:20 2.000 m.
Sub 12: 2007/ 2008 10:20 2.000 m.
Sub 10: 2009 / 2010 10:35 1.000 m.
Sub 8: 2012 / 2011 10:45 200 m.
As horas indicadas no cadro seguinte son orientativas, podendo ser
modificadas pola organización.
As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas e realizaranse a
través da páxina web: www.carreirasgalegas.com Poderase realizar a inscrición
ata o mércores 29 de novembro ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións o día da proba.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
6 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
Os tres primeiros clasificados das categorías participantes masculina e
feminina recibirán un trofeo. Agás na categoría Sub 8 onde todos os
participantes recibirán un agasallo.
A proba rexerase polo Regulamento do “XXXII Memorial Adolfo Ros – Volta á
Ría” e o da IAAF.
ARTIGO 8. RETIRADA DE DORSAL, CHIP E OBSEQUIO
CONMEMORATIVO
Os participantes poderán retirar os dorsais e chips o sábado, 2 de decembro,
de 10:00 a 14:30 h. e de 16:00 a 20:30 h. no Pavillón polideportivo da
Xunqueira - San Valentín (Porta posterior do Pavillón contra o centro de ensino
CPI A Xunqueira).
O día da proba entregaranse dorsais de 8:00 a 9:00 horas no mesmo lugar que
o día anterior (Porta posterior do Pavillón polideportivo da Xunqueira contra o
centro de ensino CPI A Xunqueira).
Todos/as os/as corredores inscritos/as na media maratón serán
obsequiados/as cunha camiseta conmemorativa.
Os menores poderán retirar o seu dorsal ata 30 minutos antes do comezo da
súa proba no mesmo lugar que o resto das categorías
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
7 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
ARTIGO 9.- TROFEOS E PREMIOS
As clasificacións publicaranse inmediatamente despois de finalizar a proba.
A entrega de premios realizarase ás 13:00 horas no Pavillón polideportivo da
Xunqueira (San Valentín) . Os/As premiados/as deberán estar no lugar indicado
10 minutos antes para axilizar a entrega de premios.
Os/As tres primeiros clasificados/as de cada categoría tanto masculina como
feminina recibirán un trofeo.. Os/As tres primeiros/as da absoluta masculina e
feminina tamén recibirán trofeo. Agás os nenos e nenas da categoría sub 8 que
recibirán un agasallo todos eles.
O corredor ou corredora mais veterano/a e o/a máis novo/a en acabar a proba
recibirán un trofeo conmemorativo.
Os/As residentes nos concellos organizadores que obteñan premio, deberán
xustificar a súa residencia en calquera dos catro concellos (Fene, Ferrol, Narón
ou Neda).
Será imprescindible a presentación dun documento que acredite a identidade
para recoller os premios.
ARTIGO 10.- XUIZ ÁRBITRO
Será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo técnico,
interpretando o regulamento da proba. No non previsto por este regulamento,
atenderase ás normas da I.A.A.F.
ARTIGO 11.- CONTROL DA CARREIRA
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
8 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
O control realizarase polos xuices designados pola Federación Galega de
Atletismo (FGA).
Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Existirá un control de
tempo na saída, no quilómetro 10 e na meta. Só terán validez os chips persoais
integrados no dorsal da carreira.
O tempo de carrreira só será rexistrado se a persoa participante leva posto
correctamente o chip, que irá integrado no dorsal. O dorsal debe levarse na
parte dianteira en lugar visible.
ARTIGO 12.- APELACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación
dos mesmos
ARTIGO 13.- AVITUALLAMENTO
Existira avituallamento líquido, aproximadamente nos quilómetros 5, 10, 15 e
20 do percorrido.
Na zona de meta establecerase o avituallmento final (líquido e sólido).
ARTIGO 14.- SEGURO
Todos/as os/as participantes estarán cubertos/as por unha póliza de
responsabilidade civil e outra de accidentes, a través da Federación Galega de
Atletismo.
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
9 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
ARTIGO 15.- ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia
completa antes de cruzar a liña de meta.
Todos/as os/as participantes, polo feito de formlizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras
entidades, traten informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva,
promocional ou comercial, os seus datos de car´cter persoal, así como a súa
imaxe dentro da proba mediante fotografías, videos, etc.
De acordo co que estable a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da
protección de datos de carácter persoal, o/a participante poderá exercer o seu
dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de
forma parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo
por correo electrónico a: cultura.deportes@fene.gal
Nota: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición, o/a corredor/a consinte expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos para a tramitación, ante a compañía
de seguros, dos seguros obrigatorios de Accidentes e Responsabilidade Civil,
así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas en ruta. En
todo caso e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a interesado/a
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo (Avda. Glasgow, Nº13. – 15008, A Coruña).
Pza. do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788
REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR – “XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS- VOLTA A RÍA”
3 de decembro de 2017
10 de 10
C.I.F.: P-1503600-G
ARTIGO 16.- ADAPTACIÓN DO REGULAMENTO
Cada Concello organizador adaptará cada ano os apartados do regulamento da
carreita que afecten á edición, percorrido, colaboradores habilitados e idade
dos ateltas participantes, así como as modificacións que puidesen xurdir con
motivo de normas federativas ou do Ministerio do Interior que afectasen ao
desenvolvemento da proba.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES
A Organización recoménda aos participantes que con anterioridade á proba,
efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que
poidan sufrir los atletas antes, durante ou como consecuencia da súa
participación nesta proba.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade
que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe
á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de
Datos.
A Organización poderá modificar o presente Regulamento, sen previo aviso por
causas de forza maior.. Asemade, resérvase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste Regulamento.
Haberá servicio de duchas e gardarroupa