Calendario
Info da proba

Ribadavia

23/12/2017 16:00 - 18:00
Regulamento IV CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA
REGULAMENTO
Art. 1 Organización
O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación en
Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a IV Carreira Popular de Ribadavia, que se
celebrará o sábado 23 de decembro de 2017 no Concello de Ribadavia.
Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada
polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación en Ourense.
Art. 2 Participantes
Poderán participar atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta.
Art. 3 Categorías
Pitufos 2011 e posteriores
Benxamín – Sub 10 2009 – 2010
Alevín – Sub 12 2007 – 2008
Infantil – Sub 14 2005 – 2006
Cadete – Sub 16 2003 – 2004
Xuvenil – Sub 18 2001 – 2002
Junior – Sub 20 1999 – 2000
Promesa – Sub 23 1996 – 1997 – 1998
Senior 1995 e anteriores ata Máster
Máster A De 35 a 44 anos
Máster B De 45 a 54 anos
Máster C De 55 a 64 anos
Máster D Maiores de 65 anos
Absoluta
Art. 4 Distancias e horarios
Horario Categoría Distancia Voltas
16:00 Pitufos 100 m.aprox.
16:05 Sub10 – Sub12 1 Km.aprox. 1 Volta pequena
16:15 Sub14 – Sub16 2 Km.aprox. 2 Voltas pequenas
16:30 Sub18 – Sub20 – Sub23 –Senior –
Máster A – B – C – D 9 Km.aprox. 1 Volta grande
Páx. 1
Art. 5 Lugar de saída e percorrido
A saída estará situada na Praza Maior de Ribadavia e a carreira discorrerá polas seguintes rúas: Rúa
do Progreso - Rúa do Ribeiro - Rúa Veronza - Rúa do Xestal - Área Recreativa da Veronza (carril bici)
- Rúa Veronza - Paseo do Avia - Paseo do Miño - Rúa da Aldea - Rúa das Laxas - Rúa Ramal - Estrada
Francelos - Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza
Magdalena - Rúa Santiago - Rúa Salgado Moscoso - Rúa Progreso - Praza Maior. (9.000 m. aprox.)
A organización resérvase o dereito a modificar o presente percorrido ante circunstancias que así o
aconsellen.
Art. 6 Inscricións
Dende o 15 de novembro de 2017 os/as atletas federados e populares poderán inscribirse no
formulario habilitado ó efecto na web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
A inscrición ten un custe de 5€ que deberán aboar mediante pasarela de pago. Para os/as atletas das
categorías menores de 18 anos, a inscrición será gratuíta. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as
20:00 horas do mércores 20 de decembro de 2017.
A participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros rexerase de acordo co
disposto no artigo 3.4 do Regulamento RFEA para as competicións da tempada de campo a través,
marcha, carreiras en ruta, e reunións de pista cuberta e aire libre da tempada 2016 – 2017. http://
www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
Art. 7 Retirada de dorsais e chips
A retirada de dorsais e chips realizarase na secretaría de competición sita no baixo da Casa do
Concello de Ribadavia (Praza Maior) dende as 15:00 h. do día da competición e ata 10 min. antes de
cada proba.
Art. 8 Premios
Todos/as os/as participantes da categoría Pitufos recibirán unha medalla ó rematar a súa
participación na proba.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías (agás Absoluta) recibirán unha medalla.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as da categoría Absoluta recibirán un trofeo.
Art. 9 Descualificacións
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira,
non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
Páx. 2
ritmos ós participantes. Non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr
acompañados destes en ningún momento.
A organización recomenda ós/ás participantes, pola súa seguridade, que non participen con
dispositivos reprodutores de música con auriculares.
Art. 11 Peche de control
A organización establece un peche de control 90 minutos despois da saída.
Art. 12 Reclamacións
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art 13 Asistencia Médica e Seguros
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora
antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz
árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste
un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
Art. 14 Aceptación do Regulamento
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase
de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día de ranking popular e probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico
á Federación Galega de Atletismo. Avenida. de Glasgow, 13, C.P. 15008, A Coruña.