Calendario
Info da proba

A Guarda

26/11/2017 9:15 - 11:15
Regulamento REGULAMENTO
4º TRAIL DO TREGA (A GUARDA) E ANDAINA
Domingo, 26 de novembro de 2017
1 ORGANIZACION.
Organizado por TIMEAVENTURE en colaboración co Concello da Guarda o IV TRAIL Santa Trega consiste
nunha carreira a pé cunha distancia aproximada de 18,5 km que transcorre polo Monte Santa Trega e os seus
arredores, cun desnivel acumulado aproximado de 1.100m. Simultaneamente terá lugar unha ANDAINA de
aproximadamente 10 km polo mesmo entorno.
2 HORARIOS.
O Trail e a Andaina celebraranse o 26 de novembro de 2017, con saída e meta na explanada do Centro Cultural,
na rua Rosalía de Castro, 14.
Saída ANDAINA: 9.15 horas.
Saída TRAIL: 10.00 horas.
3 PERCORRIDO.
O percorrido do Trail estará completamente marcado e delimitado pola organización, debendo os participantes
respectar en todo momento a sinalización. Durante o percorrido distribuiranse 4 puntos de avituallamento.
4 INSCRICIONS.
Todos os interesados deberán inscribirse a través da páxina web: www.avaibooksports.com podendo
encontrar aquí toda a información do Trail.
Os participantes deberán ter unha idade mínima de 18 anos para poder participar no Trail.
PREZOS:
TRAIL:
Ata as 23.59 h do 14 de novembro de 2017 – 13€
Do 15 de novembro ata as 23.59 horas do 24 de novembro de 2017 – 15€
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba. Haberá regalo de camiseta para os 300 primeiros inscritos
no trail.
ANDAINA:
Ata as 23.59 horas do 24 de novembro de 2017 – 3€
5 CATEGORIAS E PREMIOS.
De 18 a 34anos.
De 35 a 44 anos.
De 45 anos en adiante.
Trofeos aos 3 primeiros de cada categoría, 3 primeiros absolutos e 3 primeiros guardeses en categoría masculina
e feminina.
Trofeo ao participante de mais edade, masculino e femenino.
Os premios non son acumulativos.
6 RECOLLIDA DE DORSAIS.
Na explanada do Centro Cultural, ata 45 minutos antes do inicio da proba para os participantes no TRAIL. É
obrigatorio presentar DNI. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
Os participantes na ANDAINA ata 10 minutos antes do inicio da proba.
7 APARCADOIRO.
Haberá aparcadoiro gratuíto na explanada do Pavillón da Sangriña.
8 DESENVOLVEMENTO DA PROBA.
O evento conta con seguro de accidentes propio para a cobertura dos participantes inscritos. O incumprimento
das normas contidas no regulamento e non atender as indicacións da organización poderá deixar sen efecto a
cobertura da póliza de seguros o asegurado.
O largo da proba haberá diferentes puntos de avituallamento. A auga servirase nun vaso de plástico que debe
ser depositado polos participantes no mesmo sitio onde se colleu. Os avituallamentos estarán situados
aproximadamente nos seguintes puntos:
Km 6 – Auga
Km 9.5 – Auga/sólido
Km 13 – Auga
Km 18 – Líquidos/sólido
9 REMATE DA PROBA.
Os participantes disporán de duchas no Pavillón da Sangriña, situado nas proximidades da saída/meta.
O tempo límite para finalizar a proba será de 4 horas.
10 DESCALIFICACION.
Serán motivos de descalificación, entre outros, os seguintes:
- Non realizar o percorrido completo
- Falsificación de datos a hora da inscricións
- Ensuciar a natureza con desperdicios
- Eliminar marcas dispostas pola organización para dificultar aos demais atletas
- Calquera actitude punible contraria ao espírito deportivo que debe imperar nestas probas.
- Non prestar auxilio a outro corredor co necesite
- Non aportar o dorsal ao longo da proba
11 RECLAMACIONS.
Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e
comportamento deportivo de todos os participantes.
O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A
participación leva a total aceptación do regulamento de esta proba.
12 PROTECCION DE DATOS.
Ao inscribirse no IV TRAIL Santa Trega, os participantes autorizan de acordo cos intereses deportivos, de
promoción distribución e explotación a todo o mundo para a reprodución de imaxes e fotografías da proba,
publicación da clasificación mediante calquera dispositivo e sen límite temporal, cedendo de maneira expresa a
organización o dereito a reproducir nome e apelidos, posto acadado na clasificación xeral e da categoría, marca
realizada e a súa imaxe.
A organización reservase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se por causa de forza
maior as circunstancias así o aconsellasen. A organización comprométese a avisar os participantes dos cambios
con antelación suficiente na web da proba ou por calquera outro procedemento verbal ou escrito coa antelación
suficiente.
No caso de que as circunstancias meteorolóxicas fosen moi adversas o houbese que cancelar a proba, esta
desenvolveríase nunha data próxima.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
TIMEAVENTURE
C/Pla y Cancela, 37-5º Dcha (15005) A Coruña
Telf.649656538
e-mail: info@timeaventure.es