Calendario
Info da proba

Santiago-CorreSan

14/10/2017 18:45 - 20:45
Regulamento VI CORRESAN RUTA DA PRATA - ANGROIS

14 de octubre, 18:45

Inscripciones AQUÍ

REGULAMENTO XERAL

A sexta edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro (1 cada mes) de 2017. En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías benxamín e alevín, un percorrido para as categorías infantil e cadete e outro para adultos a partir da categoría xuvenil. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com . Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuito para os atletas que se inscriban nas 4 probas na modalidade de circuito, e poderá reciclarse no caso de atletas que só se inscriban a unha proba independiente. Todos os atletas que perdan este elemento deberán aboar a cantidade de 3 € para adquirir un novo dorsal - chip.

CATEGORIAS DE PARTICIPACION INDIVIDUAIS

As categorías* de participación individuais serán as seguintes:

BENXAMIN anos 2008 e 2009 ALEVIN anos 2006 e 2007 INFANTIL anos 2004 e 2005 CADETE anos 2002 e 2003 XUVENIL anos 2000 e 2001 JUNIOR anos 1998 e 1999 PROMESA anos 1995, 1996 e 1997 SENIOR entre 1983 e 1994 VETERANOS/AS A entre 1972 e 1982 VETERANOS/AS B entre 1962 e 1971 VETERANOS/AS C en 1961 e anteriores E= Escolares (benxamín, alevín, infantil, e cadete) A= Adultos (dende xuvenil a veteranos) *Durante o transcurso do circuito producirase o cambio de tempada atlética (1 de novembro) feito que non afectará ás categorías deste circuito que se manterán durante o transcurso do mesmo.

MODALIDADE DE PARTICIPACION POR EQUIPOS

As categorías de participación por equipos serán as seguintes (non se pode duplicar a participación nun clube federado e equipo popular ou nun centro escolar e clube federado). Tampouco un mesmo equipo poderá ter dúas ou máis seccións (A, B, ...):

CLUBES FEDERADOS ADULTOS
Atletas con licencia federativa
EQUIPOS POPULARES ADULTOS
Corredores con ou sen licencia federativa
CENTROS ESCOLARES
Corredores pertencentes a centros escolares
CLUBES ESCOLARES
Corredores Escolares pertencentes a clubes federados
CLASIFICACIONS

En cada proba establecerase unha clasificación individual por orde de chegada. Os participantes no circuito levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO, de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así sucesivamente ...

OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS SIMILAR AO NÚMERO TOTAL DE PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO NA MESMA, DE XEITO QUE NON OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN.

Para tomar parte nas clasificacións finais de circuito, os participante deberán completar 3 das 4 probas do circuito. Tamén se poderá participar inscribíndose soamente a calquera das catro probas do circuito sen participar como “inscrito en circuito” nin na súa clasificación. Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que será modificada despois de cada carreira. A clasificación do circuito realizarase en orde inverso, segundo se teña un menor número de puntos.

NA CLASIFICACION FINAL INDIVIDUAL DO CIRCUITO ELIMINARASE O PEOR RESULTADO OBTIDO NAS 4 PROBAS DO CIRCUITO. PARA A CLASIFICACIÓN FINAL DE CLUBES E EQUIPOS POPULARES APLICARASE A SUMA DOS 4 MELLORES RESULTADOS DOS 4 MELLORES ATLETAS QUE OS COMPOÑAN. OS EQUIPOS ESTARÁN FORMADOS POR UN NÚMERO MÍNIMO DE 6 COMPOÑENTES, SEN DETERMINAR UN NÚMERO MÁXIMO.

Tamén estableceranse dous tipos de clasificacións:

- Clubes federados, sumando os puntos obtidos polos 4 mellores compoñentes do clube que deberán estar inscritos todos na modalidade de circuito e completar 3 das 4 probas (imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo no formulario habilitado). - Equipos populares, nos cales poderán entrar atletas federados e non federados formando equipos. Imprescindible realizar a inscrición reflexando o nome do equipo no formulario habilitado. - Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos. Non se admitirán equipos mixtos nestas clasificacións.

As clasificacións dos clubes federados escolares e centros escolares realizarase únicamente por criterios de participación.

CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUÍTOS

As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web www. corresan.com, www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.

DATA PROBA DISTANCIAS APROX.
16 de setembro
CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA
1010 m (E1) 1750 m (E2) 5500 m (A)
14 de outubro
CORRESAN RUTA DA PRATA ANGROIS
1205 m (E1) 2310 m (E2) 5210 m (A)

04 Novembro
CORRESAN RUTA DOS PARQUES
1645 m (E1) 2520 m (E2) 5400 m (A)
02 Decembro
CORRESAN PONTE MANTIBLE - VITE
1200 m (E1) 2400 m (E2) 6000 m (A) E1= ESCOLARES Ben - Alev A= ADULTOS E2= ESCOLARES Inf - Cad
INSCRICIONS

INSCRICION INDIVIDUAL: A inscrición nas 4 probas do circuíto (opción recomendable), tanto para escolares como para adultos, poderán realizala a través das seguintes vías:

− PRESENCIAIS

Poderase facer na planta de Deportes (planta baixa) de El Corte Inglés Santiago, de luns a sábados de 10 a 22 horas. Realizarase por transferencia bancaria feito que se indicará.

− ONLINE:

A través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com (páxina oficial do circuito).

INSCRICION POR CLUBES FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES E CENTROS ESCOLARES Todos os clubes federados, tanto de adultos (de xuvenil en adiante) como de atletas escolares, equipos populares de adultos e centros escolares (categorías benxamín, alevín, infantil e cadete) que desexen entrar nos premios outorgados a eles deberán remitir un correo electrónico á dirección info@corresan.com indicando a súa intención de tomar parte nestas clasificacións e adxuntando o listado dos atletas que comporán o clube federado, equipo popular ou centro escolar. Ditos atletas deberán estar inscritos individualmente e de xeito previo o inicio das probas indicando claramente o nome do clube, equipo popular ou centro escolar. É moi importante que os atletas poñan correctamente o nome do clube, equipo ou centro escolar.

PREZOS DA INSCRICION - ESCOLARES (de benxamín a cadete) GRATUITA - ADULTOS (de xuvenil a veteráns): ▪ Xeral nas 4 probas do circuíto + San Silvestre 24 € ▪ Inscrición individual por proba: 6 €

Coa inscrición xeral no circuíto na categoría de adultos, estarán invitados a participar na carreira San Silvestre do 31 de decembro. Ademáis recibirán unha camiseta técnica e un dorsal-chip coa que poderán participar nas 4 probas (non na San Silvestre onde se lles proporcionará un dorsal novo) e que poderán recoller no lugar indicado na páxina web www.corresan.com. Os atletas que se inscriban individualmente en cada proba NON PERCIBIRAN CAMISETA POLA SUA PARTICIPACION. O dorsal empregarase para as 4 probas e deberá conservarse axeitadamente en todas as probas do circuito. Os participantes de cada proba individual que non se inscribiran no circuito só recollerán o dorsal na zona de saída de cada proba, agás na 1ª que se recollerá no mesmo lugar que os participantes no circuito. CALENDARIO DE INSCRICIONS

A inscrición xeral no circuito CorreSan (4 probas) abrirá o mércores 16 de agosto e pechará o xoves 14 de setembro ás 14 horas. Abrirase un 2º prazo antes da carreira CorreSan Ruta da Prata - Angrois

A inscrición individual en cada proba do circuito terá o seguinte calendario de inscricións:

CorreSan - Nocturna Cidade Vella Inscrición do 16 de agosto ao 14 de setembro CorreSan - Ruta da Prata-Angrois Inscrición do 25 de setembro ao 12 de outubro CorreSan - Ruta dos Parques Inscrición do 20 de outubro ao 2 de novembro CorreSan - Ponte Mantible - Vite Inscrición do 10 ao 30 de novembro

PREMIOS

Os premios ó circuíto serán entregados nas semanas posteriores á conclusión da derradeira proba. Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento. Tamén se entregarán premios especiais aos 3 primeiros clasificados das clasificacións xerais de escolares e de adultos. Os 3 centros escolares e clubes federados que acheguen máis participantes á categoría de escolares percibirán premio especial. Os 3 clubs federados MASCULINOS e FEMENINOS e os 3 equipos populares MASCULINOS e FEMENINOS que obteñan menos puntos na clasificación das probas do circuito (sumando os puntos dos seus 4 mellores compoñentes).

Para poder tomar parte nestas clasificación é imprescindible inscribirse indicando o nome do clube ou equipo ou centro escolar no formulario e remitir ao correo info@corresan.com o listado cos compoñentes dos mesmos.

TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A CIRCUITOS, LUGARES DE RECOLLIDA DE DORSAIS, ... PODERA CONSULTARSE NAS WEB www.corresan.com e www.carreirasgalegas.com .


PROTECCIÓN DE DATOS


Este circuíto pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. Mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización para comunicacións sobre as súas actividades. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.