Calendario
Info da proba

Cambre

15/10/2017 10:30 - 12:30
Regulamento Cambre - Culleredo, domingo, 15 de outubro de 2017
CARRERA SOLIDARIA PARA LAS FAMILIAS DESFAVORECIDAS DE CAMBRE - FUNDACIÓN ADRA

1.-ORGANIZACIÓN
A fundación ADRA en colaboración cos Concellos de Cambre e Culleredo, organizan a
primeira edición da Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre o vindeiro domingo 15 de
outubro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A
Coruña.
É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada.
A Fundación ADRA (Axencia para o Desenvolvemento e Recursos Asistenciais) con CIF
G82262932, está legalmente recoñecida e inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de
Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade com o número 28/1142. ADRA pertence á Plataforma
Nacional para a Promoción do Voluntariado.
ADRA Temple iniciou a súa actividade no ano 1997. É unha organización que ao longo dos anos ven
realizando un servizo a favor das familas de Cambre, asumindo e apoiando todas as inicitivas con
fondos propios.
As accións centráronse en atender ás famílias de escasos recursos do Temple proporcionándolles
alimentos e roupa, colabora co Concello de Cambre apoiando ás famílias que son derivadas desde
os servizos sociais.
Co obxectivo de conseguir máis recursos para os máis necesitados, xorde a organización desta
carreira solidaria para poder dotar de mellores servizos e prestacións, tales como poder comprar
alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para os nenos.
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa
edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E CATEGORÍAS
Saída: Desde o paseo marítimo do Temple (Cambre)
O percorrido será ao longo do paseo marítimo do Burgo (Culleredo) e o paseo marítimo do Temple
(Cambre).
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Xuvenil-Junior De 2001 ata 1998 10:30 h 5.6 km aprox.
Promesa-Senior De 1997 ata 34 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Veterano 1 Dende 35 anos ata 39 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Veterano 2 Dende 40 anos ata 49 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Veterano 3 Dende 50 anos a 59 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Veterano 4 Dende 60 anos en adiante 10:30 h 5.6 km aprox.
Cadete 2003 - 2002 11:15 h 1.640 m aprox.
Infantil 2005 – 2004 11:15 h 1.640 m aprox.
Alevín 2007 - 2006 11:30 h 820 m aprox.
Benxamín 2009 - 2008 11:30 h 820 m aprox.
Pequerrecho 2010 e posteriores 11:45 h 100 m aprox.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 12:00 horas
4.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do xoves 12 de outubro. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
As inscricións terán un custo de 7€ para as categorías: xuevnil-junior, promesa-senior e
veteranos. As inscricións dos benxamíns, alevíns, infantís e cadetes Terán un custo de 2€, mentres
que as incricións dos pequerrechos será gratuita.
A recadación irá destinada a Fundación ADRA, para poder dotar de mellores servizos e prestacións,
tales como poder comprar alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para
os nenos.
Así mesmo dentro da propia páxina, será posible, colaborar con:
- DORSAL 0: Donativo de 1, 3, 5 ou 10 Euros en colaboración coa Fundación ADRA e non poder
participar na carreira.
- Donativo: Todas aquelas persoas participantes na proba absoluta que desexen realizar un donativo
á Fundación ADRA poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.
A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.
5.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na secretaría unicada nas inmediacións da saída
das carreiras, dende as 9:00h ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito
e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
6.-SERVIZOS
A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira
haberá servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de
Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
7.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría pequerrecho.
- Medallas para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femeninos dende benxamíns ata veteráns 4.
- Trofeo ao gañador e a gañadora absoluta da proba.
- Bolsa conmemorativa ata 400 participantes, excluindo aos pequerrechos.
8.-VEHÍCULOS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes.
9.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquer atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
10.- OUTROS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.