Calendario
Info da proba

O Corgo

22/10/2017 10:30 - 13:30
Regulamento IX CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO. MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

REGULAMENTO

CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA ANO DE NAC. HORA DIST.
Prebenxamín (H/M) 2010 e post. 10:30 h 320 m
Benxamín (H/M) 2008-2009 10:35 h 320 m
Alevín (H/M) 2006-2007 10:40 h 1800 m
Infantil (H/M) 2004-2005 10:40 h 1800 m
Cadete (H/M) 2002-2003 11:00 h 3550 m
Xuvenil (H/M) 2000-2001 11:00 h 3550 m
Iúnior (H/M) 1998-1999 11:30 h 5300 m
Promesa (H/M) 1995-1997 11:30 h 5300 m
Senior (H/M) 1983-1994 11:30 h 5300 m
Veteranos 1 (H/M) 1973-1982 11:30 h 5300 m
Veteranos 2 (H/M) 1963-1972 11:30 h 5300 m
Veteranos 3 (H/M) 1962 e ant. 11:30 h 5300 m
IX CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO:
MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
Domingo, 22 de outubro de 2017
ás 10:30 h en fronte do CEIP do Corgo
PREMIOS
➢ Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o
segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes.
Camisetas para todos.
➢ Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro
de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
➢ Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e
terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.
➢ Carreira absoluta (5300 m):
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
Diferenciaranse homes e mulleres.
➢ Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría
empadroados no concello do Corgo.
➢ Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 12:15h.
INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
Os dereitos de inscrición para as categorías inferiores son gratuítos (de prebenxamín a xuvenil).
Na carreira absoluta (5300 m) cobrarase 3€ por participante.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza.
Hai que realizar a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo:
http://www.carreirasgalegas.com
O control de tempos levarase a cabo dun xeito electrónico e supervisado polo Comité Galego de
Xuíces e a FGA.
O último día para facer a inscrición será o xoves, día 19 de outubro ás 13:00 h. Excepcionalmente
permitirase a inscrición no mesmo día da carreira, cun custo de 10€ participante.
Ante calquera dúbida relacionada coa inscrición da proba, chamar a 626 73 93 90.
NORMAS PARA OS PARTICIPANTES
• A IX Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova é unha proba oficial
da Federación Galega de Atletismo.
• O idioma empregado pola organización da proba deportiva, tanto a nivel oral como escrito,
será o galego.
• Non se autorizará a participación de atletas estranxeiros, agás os portugueses que non
foran internacionais co seu pais.
A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de
acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para as competicións da tempada de ca
campo a través, marcha, carreiras en cestrada e reunións de pista cuberta e aire libre” da
tempada 2017-2018.
Máis información de esta norma en:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
• A recollida do dorsal para disputar a carreira, poderá facerse o día da proba no posto da
organización dende as 9:30 h ata ½ hora antes do inicio da carreira correspondente.
• Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
❖ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
❖ Non realizar todo o circuíto da carreira.
❖ Non levar dorsal ou manipular este.
❖ Falsificar datos persoais.
• Os participantes que circulen fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de
inicio e fin da proba consideraranse usuarios normais da vía, e non lles será aplicado esta
normativa especial.
• Todos os participantes que obteñan premios nas diferentes categorías deberán, se for
preciso, presentar o DNI ou calquera outro documento acreditativo da idade
correspondente á categoría.
• A organización da proba non se fai responsábel dos danos morais e materiais que a si
mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das
neglixencias o imprudencias que poidan cometer durante o transcurso da mesma.
• As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. A organización resérvase o
dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando
oportunamente).
• Todos os participantes teñen a obriga de cumprir as normas particulares do regulamento
da proba.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira (ver plano):
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos.
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os
centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois
da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento
da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e
polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor