Calendario
Info da proba

Xermade

21/10/2017 17:00 - 18:30
Regulamento VIII CARREIRA POPULAR DE XERMADE
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O concello de Xermade organiza a VIII Carreira Popular de Xermade. A proba organizarase
o próximo sábado día 21 de Outubro ás 17:00 horas, con saída da Praza do Concello (no
caso de que o tempo non o permita será desde o pabellón polideportivo) e discorrerá por vias
do concello de Xermade.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehiculos agás os autorizados pola
organización. o recorrido estará controlado por vehiculos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 17.00 h 100 m
PREBENXAMÍN (2010-2011) 17.00 h 100 m
BENXAMIN (2008-2009) 17.05 h 500 m
ALEVIN (2006-2007) 17.10 h 1000m
INFANTIL (2004-2005) 17.10 h 1000m
CADETE (2003-2002) 17.20 h 2000m
XUVENIL (2001-2000) 17.20h 2000m
SUB-23 (1999-1995) 17.45 h 6300m
ABSOLUTA (1994-1983) 17.45 h 6300m
VETERÁN A (1973-1982) 17.45 h 6300m
VETERÁN B (1963-1972) 17.45 h 6300m
VETERÁN C (1962 e anteriores) 17.45 h 6300m
Artigo 4: Condicións de Participación:
 As inscripción faranse a través da paxina web da federación galega de
atletismo.
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-dexermade/6f8119bc-1952-ae70-3fc3-39e1b849e6b7
 As inscripción pecharanse o xoves día 19 ás 23:59 horas.
 Non se admitirén inscripcións o dia da proba
 Os participapantes comprometensen a aceptar o presente reglamento da
proba, asi como as posibles modificacións que poidan xurdir o día da proba
 A inscripción da proba é persoal e intransferible
 A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o reglamento
da proba, incluindo o punto referente á condicón física do participante, que
sea suficiente para a realización da proba.
 No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a
decisión que dará en man da organización.
 A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Motivo de descualificación son, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar dorsal ou manipular este.
 Falsificar datos persoais.
 Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores
Artigo 5: Inscripción:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo e
terá un custe de 5 € por persoa. A inscripción na carreira de menores será gratuita.
http://www.carreirasgalegas.com/carreira/viii-carreira-popular-de-xermade/6f8119bc-1952-ae70-
3fc3-39e1b849e6b7
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número
de licenza.
Artigo 6: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora
antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
 Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
 Na categoría de Pitufos e Prebenxamín haberá medallas para todos os participantes. .
Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
 Categorías de Alevín a Veterán C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e
sexo.
 A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará,
aproximadamente, ás 18:30h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 9: Seguro:
A proba conta con un seguro que cubra os posibles danos e responsabilidade civil, da licencia
de día creada pola federación
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Xermade
Colaboran: Deputación de Lugo, Federación Galega de Atletismo e Galiorient