Calendario
Info da proba

Negreira

12/11/2017 10:00 - 14:00
Regulamento XXXVIII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

Data: domingo, 12 de novembro de 2017.
Hora: a partir das 10:00 h.
Lugar: Negreira.
Distancia: de 200 m. a 10.000 m.
Organiza: Concello de Negreira.
Inscrición: ata mércores, 8 de novembro ás 22:00 h.
PERCORRIDOS:
1ª CARREIRA (5 K.): CADETES– XUVENIS-XUNIOR-PROMESAS-SENIOR-VETERANOS-SUPERVETERANOS.
DISTANCIA: 5.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:00 h.
2ª CARREIRA (10 K.): XUNIOR – PROMESAS - SENIOR – VETERANOS M35- F35, M40-F40 , M45 – F45 ,M50 – F50
E SUPERVETERANOS. DISTANCIA: 10.000 m. (HOMOLOGADA) HORA SAÍDA: 10:50 h.
3ª CARREIRA: BENXAMÍNS – ALEVÍNS – INFANTÍS. DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:05 h.
4ª CARREIRA: PREBENXAMÍNS. DISTANCIA: 250 m. HORA SAÍDA: 12:30 h.
5ª CARREIRA: CHUPETE. DISTANCIA: 200 m. HORA SAÍDA: 12:50 h.
REGULAMENTO:
ARTIGO 1.- PARTICIPANTES
Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A proba negreiresa está
inscrita no calendario NACIONAL de carreiras en ruta.
ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes na XXXVIII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA quedará aberto dende o luns 11
de setembro ata ás 22:00 h. do mércores 8 de novembro. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os
corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse na
web www.concellodenegreira.es (soporte técnico: 886 153 589 - Email:info@emesports.es )
*IMPORTANTE:
Para participar na 1ª Carreira (DENDE CADETE ATA SUPERVETERANOS) 5.000 m. (Homologada) e a 2ª Carreira
(DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS) 10.000 m. (Homologada) os atletas deberán aboar a cantidade de 6
€/participante unha vez que fagan a solicitude de inscrición, dende o 15/09/2017 – 15/10/2017, 7
€/participante dende o 16/10/2017 – 31/10/2017 e 10 €/participante dende o 01/11/2017 –
08/11/2017.
Nota: Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa carreira (5 K ou 10 K.)
Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e está incluída no Calendario Oficial da FGA, estando rexida polo
Comité Galego de Xuices. e mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos
(Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), serán enviados á
RFEA para a xestión das licencias de día, resultados e ranking. A posesión da licencia garantiza que o corredor
participa cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito o correo electrónico ó programa Carnet Corredor da
Real Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 - 28008 Madrid. E-mail: rfea@rfea.es
ARTIGO 3.- DORSAIS
Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, que o teñen que recoller no Patio do C.E.I.P. O Coto
(na liña de saída) dende as 8:30 h. ata ½ hora antes de cada proba ó día da Carreira.
Tamen poden recollelo o dia anterior nas tendas de deportes Breogán Deportes e Gartsport en
Negreira en horario de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
Os dorsais e o chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocado o dorsal no peito sen
manipular nin doblar e o chip suxeito nas zapatillas. Os xuices da proba e a organización reservaranse
a facultade de descalificar o infractor que, comprobará calquera irregularidade por algún corredor, non
leve visible o seu dorsal, ou manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos facilitados á organización
ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu D.N.I. ou ficha federativa, non completar o
percorrido completo, non facilite á Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do seu correspondente clube,
puidendo ser sancionados en caso contrario.
A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo Colexio Oficial de xuices e
cronometradores da F.G.A. polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible.
Todas as reclamacións deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A.
ARTIGO 4.- CATEGORÍAS
Chupete F/M: Nados/as en 2014 e posteriores.
Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2013, 2012 e 2011.
SUB 10 - Benxamín F/M: Nadas/os en 2009 e 2010.
SUB 12 - Alevín F/M: Nadas/os en 2007 e 2008
SUB 14 - Infantil F/M: Nadas/os en 2005 e 2006.
SUB 16 - Cadete F/M: Nadas/os en 2003 e 2004.
SUB 18 - Xuvenil F/M: Nadas/os en 2001 e 2002.
SUB 20 - Xunior F/M: Nadas/os en 1999 e 2.000.
SUB 23 - Promesa F/M: Nadas/os en 1996, 1997 e 1998.
Senior F/M: Nadas/os en 1995 e anteriores.
Veteranos/as M35 – F35: 35 cumpridos o día da proba hasta 39 anos o dia da proba.
Veteranos/as M40 – F40: 40 cumpridos o día da proba hasta 44 anos o dia da proba.
Veteranos/as M45 – F45: 45 cumpridos o día da proba hasta 49 anos o dia da proba.
Veteranos/as M50 – F50: 50 cumpridos o día da proba hasta 54 anos o dia da proba.
Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores.
ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO
Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu D.N.I. ou Pasaporte.
(Mesma cantidade tanto homes como mulleres)
PREMIOS ABSOLUTA
1 - 900 €
2 - 550 €
3 - 300 €
4 - 200 €
5 - 100 €
6 - 75 €
7 – Trofeo
ATLETAS GALEGOS
1.- 100 € (home e muller)
Acumulable
ATLETAS LOCAIS
1 - 100 €
2 - 50 €
3 - 40 €
* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía
EQUIPOS FEDERADOS
1º - 400 Euros
2º - 200 Euros
3º - 100 Euros
CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES
1.- 400 € (en material escolar*)
*O material deberá ser mercado en establecementos de Negreira
ARTIGO 6.- TROFEOS E REGALOS
- Na 2ª Carreira 10 K. (DENDE XUNIOR ATA SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres
primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres. Os 7 primeiros homes
clasificados na xeral tamén obterán trofeos, así como as 7 primeiras mulleres na xeral.
Todos os participantes que cheguen á meta, recibirán unha BOLSA DE CORREDOR*.
- Na 1ª Carreira 5 K. (DENDE CADETES ATA SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres
primeiros clasificados da categoria Cadete e Xuvenil e Absoluta así como os locais tanto en homes
como en mulleres, . Todos os participantes obterán unha BOLSA DE CORREDOR*.-
- Na 3ª Carreira (BENXAMÍN-ALEVÍN-INFANTIL) : Todos os participantes recibirán unha medaia e
unha BOLSA DE CORREDOR*.
- Na 4ª Carreira (PREBENXAMÍN) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE
CORREDOR*.
- Na 5ª Carreira (CHUPETES) : Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE
CORREDOR*.
*BOLSA DE CORREDOR: Composta por Bolsa de Polyester, Camiseta
Técnica, Pastel, Batido, Bebida isotónica.
ARTIGO 7.- PREMIOS ESPECIAIS
Haberá un premio para o corredor de Maior idade, participante na 1ª Carreira, que chegue a meta
dentro do tempo límite (home e muller)
ARTIGO 8.- SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo, dándolle 1 punto o 1º, 2
puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos teña será o vencedor. O empate resolverase según o
disposto no regulamento da IAFA.Para poder optar ó premio os equipos federados, no momento da
inscrición, deberase presentar o certificado da federación, acreditando os membros do equipo.
ARTIGO 9.- Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e ou internet. Mediante a súa inscrición, o
corredor consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (RFEA e
Concello de Negreira) para comunicacións sobre as suas actividades. En todo caso, e tal e como
establece a Lei de Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Departamento de
Deportes do Concello de Negreira, Rúa san Mauro, 11 s/n. 15830 Negreira;
culturadeportes@concellodenegreira, ou ben a RFEA.
ARTIGO 10.- CLASIFICACIÓNS E FOTOGRAFIAS
As clasificacións e fotografías, publicaranse en diferentes medios de comunicación da
provincia así como en revistas especializadas e páxinas de Internet como:
http://www.concellodenegreira.es/
http://www.difusionprosport.com
http://www.correrengalicia.org/
http://www.atletismogalego.org/
http://www.carreraspopulares.com/
http://www.emesports.es
Na paxina oficial de facebook da Carreira:
Carreira Popular Negreira
ARTIGO 11.- ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a 5ª carreira, a entrega de premios será no C.E.I.P. O Coto (nas
proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.
ARTIGO 12.- RECLAMACIÓNS
As posibles reclamacións serán presentadas ante o Comité de Competición, quen
resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.
ARTIGO 13.- DESCALIFICACIÓNS
- Por deterioro físico do atleta.
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a sua extensión (no peito durante
todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
- Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun
dorsal ou chip.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicaciones da Organización ou xuices.
- Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos,
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.
Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa o que
figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta situación, o
atleta será descalificado automáticamente.
Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os
atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas.
Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presentes Regulamento e en
caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira
COMITÉ DE COMPETICIÓN: Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega
de Atletismo.
ARTIGO 15.- SERVIZOS DA CARREIRA OFERTADOS OS ATLETAS
1.- Caixóns de saída por marcas ( dorsais por cores ).
2.- 3 globos ( lebres ) -40´ - 45´ -50´ (Carreira 10 K.)
3.- Servicio de cronometraxe por chips - Emesports
4.- Bolsa do corredor ( bolsa, camiseta técnica, batido,pastel,bebida isotónica).
5.- Fotografía profesional.
6.Servizo de gardaroupa.
7.- Servizo de gardería.
8.- Servizo de duchas ( autobús )
9.- Avituallamentos ( Km. 5 e 8 ) e en META ( froita , etc...)
10.- Avituallamento en Meta : Bolsa do corredor , froita e auga.
11.- Kilómetros marcados.
12. - Carreira 10 K. e 5 K. CON DISTANCIAS HOMOLOGADAS
#gozadecadaquilometro