Calendario
Info da proba

Valdoviño

01/10/2017 11:10 - 12:50
Regulamento VI Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
1.-ORGANIZACIÓN
Un ano máis o Concello de Valdoviño organiza a VI Milla Urbana baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Ferrol.
É unha proba incluida no Calendario Oficial da FGA con distancia non homologada.
Este ano ademáis quérese darlle un carácter solidario polo que a recadación íntegra irá a
parar a Cáritas Diocesana.
Terá lugar o 1 de outubro do 2017 no Paseo da Lagoa, (Valdoviño) a partir das 11:00h
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non indepentemente da súa
edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-CATEGORÍAS
CATEGORÍAS NADOS/AS
Biberón 2011-2010 e posteriores
Benxamín 2008 - 2009
Alevín 2006 – 2007
Infantil 2004-2005
Cadete 2002 - 2003
Xuvenil 2000 – 2001
Junior 1998 - 1999
Promesa 1995 - 1997
Senior 1983 - 1994
Veterano 1 1977 – 1982
Veterano 2 1968 – 1976
Veterano 3 1958– 1967
Veterano 4 1957 e anteriores
4.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA
O percorrido será ao longo do paseo da lagoa nun circuito de ida e volta de iguais dimensións
sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías. O lugar de saída será enfrente
VI Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
a caseta de socorrismo no parque da praia da Frouxeira.
CATEGORIAS SEXO HORA DISTANCIA
Benxamín Mulleres 11:10 500m
Benxamín Homes 11:20 500m
Alevín Mulleres/Homes 11:30 800m
Infantil Mulleres/Homes 11:40 1000m
Cadete/Xuvenil Mulleres/Homes 11:50 1609m
Jun/Prom/Sen/Vet1 Mulleres/Homes 12:00 1609m
Vet 2/Vet 3/Vet 4 Mulleres/Homes 12:10 1609m
Biberóns Mulleres/Homes 12:30 100m
5.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do xoves 28 de setembro ou de xeito presencial no servicio de deportes do Concello en
horario de 9,30 a 13,30. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
A inscrición se terá un custo de 3€ para as categorias junior, promesa, senior e veteranos a
abonar o día da carreira e será gratuita para o resto de categorias. O importe íntegro da recadación
irá destinado a Cáritas
6.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na caseta de socorrismo ata media hora antes de
cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
7.-SERVIZOS
A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira
haberá servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de
Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
VI Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
8.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría Biberón.
- Medallas para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femeninos dende benxamíns ata veteráns 4.
- Trofeo ao gañador e a gañadora absoluta da proba, así como ao atleta mais xove e ao máis veterán.
9.-VEHÍCULOS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes.
10.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquer atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
11.- OUTROS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.
Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
VI Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor