Calendario
Info da proba

Vigo

05/11/2017 10:00 - 13:00
Regulamento VIGO + 11 CARREIRA POPULAR “Trofeo El Corte Inglés”

REGULAMENTO


1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio de El Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo, organizan a 10ª Carreira Popular VIGO +11 “Trofeo El Corte Inglés”, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

2. Data: 5 de novembro de 2017

3. Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada

4. Avituallamento para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, fronte a Barreras, e na rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.

5. Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo, Departamento de Deportes – Planta 5ª, de 11:00 a 21:00 h., ou a través do seguinte link http://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/10-carreira-popular-vigo-11-trofeo-el-corte-ingl-s/bddff24d-30e4-4eed-227b-39e1755bbc2f/grupo-1

6. Cota: 7 €, excepto as categorías sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18. En caso de facer a inscrición no sitio web championchipnorte.com, poderase confirmar a correcta inscrición pola web de forma inmediata, se aparece nos listados publicados.

7. Prazo de inscrición: Vía web ata o día 2 de novembro ás 24:00. Ou en El Corte Inglés ata o 2 de novembro ás 21:00 h. Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.

8. Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 4 de novembro, desde as 11:00 ás 21:00 horas, na Planta 5ª e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.

9. Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e recibirán un detalle en meta todos. Premios en metálico (carreira 10,6 km): 300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta feminina 150 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta feminina 100 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta feminina

10. A proba está incluída no circuíto Run Run Vigo do Concello de Vigo.

11. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

12. A participación de atletas estranxeiros regulase polo artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA. Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace: http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2016/03_reglamento_comp.pdf


13. Os participantes, recibirán unha camiseta.

14. Haberá servizo de duchas no Real Club Náutico de Vigo a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas.

15. Horarios e Categorías:
Categoría Distancia Hora de saída
Sub8 2011-2012-2013 200 m (recta meta) 10:00
Sub10 2009-2010 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub12 2007-2008 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub14 2005-2006 2 km (2 voltas c.) 10:30
Sub16 2003-2004 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub18 2001-2002 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub20 1999-2000 10,6 km 11:15
Sub23 1996-1997-1998 10,6 km 11:15
Sénior 1995 ata Máster 10,6 km 11:15
Máster 40 40 ata 44 anos cumpridos 10,6 km 11:15
Máster 45 45 ata 49 anos cumpridos 10,6 km 11:15
Máster 50 50 ata 59 anos cumpridos 10,6 km 11:15
Máster 60 60 ou máis anos cumpridos 10,6 km 11:15

16. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

17. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.

18. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos eambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

19. SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

20. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

21. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo coas normativas vixentes da FGA, RFEA e IAAF, nesta orde, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Percorridos Circuito carreira absoluta (10,6 km)

Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña, Cantro Comercial Traviesas, parte derecha Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Concepción Arenal, Meta.

Circuito menores (1 km)

Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Castelar, Luis Taboada, Pablo Morillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Meta.



NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.