Calendario
Info da proba

El Burgo

22/10/2017 10:30 - 12:30
Regulamento CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PARKINSON
REGULAMENTO
1/ A asociación Parkinson Galicia Coruña organiza, en colaboración co Concello de Culleredo e coa
asociación Castelo Deporte, unha carreira prevista para o domingo 22 de outubro de 2017.
2/ DENOMINACIÓN
A proba recibe a seguinte denominación: “Carreira e andaina solidaria polo parkinson”.
3/ DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 22 de outubro no Paseo Marítimo da Ría do Burgo, no termo municipal de
Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas.
4 / CATEGORÍAS
Establécense unha categoría única para a carreira, que se desenvolverá de xeito paralelo a unha andaina
popular nun circuíto anexo.
5 / HORARIOS
A Carreira e andaina solidaria polo parkinson consta de dúas distancias para cada unha das probas:
Andaina 2 km. 10.30 horas
Carreira 9 km. 10.30 horas
6 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o martes 17 de outubro ás 23.59 horas na web www.emesports.es; os prezo da
mesma será de 5 euros, agás para os nenos menores de 8 anos, que poderán participar de balde.
7 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.
8 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos
participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller entre o xoves 19 de outubro ás 16.00 horas e ata o
sábado 21 de outubro ás 14.00 horas en Decathlon Oleiros, ou ben na zona de saída e meta entre as 9.00 e
as 10.00 horas.
9 / AVITUALLAMENTOS
Para a carreira, situarase un punto de avituallamento intermedio (xusto debaixo da Ponte da Pasaxe, no
cambio de sentido do circuíto), e na zona de saída e meta. Polos dous puntos os participantes pasarán en
dúas ocasións. No caso da andaina haberá un avituallamento na meta.
10 / CAMISETAS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa.
11/ SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes
estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.